Eventos

Etiquetas:
23/08/2025

Vén de presentarse unha nova edición do Mindus Maxicus, que terá lugar os días 29 e 30 de agosto, venres e sábado, en Mondoñedo. No acto, ao pé da estatua de Álvaro Cunqueiro, estiveron o alcalde, Manuel Otero, o concelleiro Manuel Tapia e un representante do espectáculo, Aris Villarino.

O Concello de Mondoñedo anuncia que “o programa deste ano, continúa a ser intenso e atractivo, e nel participarán os magos Aris Villarino, Mago Deimi, Mago Ninou e O Gran Mago, que encherán de maxia Mondoñedo na última fin de semana de agosto. Dentro das actividades que se levarán a cabo, hai que destacar: Maxia Solidaria, que se celebrará no Hospital de San Paulo e San Lázaro, na Residencia San Rafael e no Centro de Menores; Obradoiro Máxico e Gala Mindus Maxicus, na Casa da Xuventude; maxia na hostalería local. Dende o Concello de Mondoñedo e o equipo de...

leer más
Etiquetas:
22/08/2025

Xove preparase para celebrar as festas patronais na honra a San Bartolo e a Virxe do Carme os días 28, 29, 30 e 31 de agosto e 1 de setembro.

O Concello anuncia que “estas festas son un dos eventos máis destacados do ano en Xove e o pobo prepárase para festexalas cunha variedade de actividades para tódolos gustos e para tódolos públicos”.

“As festas arrancan co pregón a cargo da farmacéutica titular de Xove, Ana María Boñar Rey, o xoves 28 de agosto e pechan o 1 de setembro co día da infancia, onde os menores poderán gozar dos inchables na praza do Concello. No programa das festas destacan principalmente as actuacións infantís polas mañás para deleite dos máis pequenos, a sardiñada popular para desfrutar na compaña de familiares e amigos e  o tradicional festival folclórico da Asociación Cultural Saíñas, que...

leer más
22/08/2025

O colectivo artístico ribadense As Vacas Fracas organiza o evento Cedofestiña o día 30 de agosto, sábado, no pazo da parroquia de Cedofeita (Ribadeo).

Desde as 12:00 horas haberá obradoiros, visitas guiadas ao pazo, xantar campestre e actuacións musicais.

“A Cedofestiña é o noso evento insignia: unha xornada para celebrar a arte nun espazo tan especial como o Pazo de Cedofeita. Cada edición xira arredor dunha disciplina artística distinta... e este ano tocáronlle ás artes escénicas, danza e movemento. As persoas encargadas de traer esta disciplina ao Pazo serán Lucía Álvarez e a compañía asturiana Merakicía. Este ano arrincamos un chisco antes, a hora do vermú, cunha programación pensada para toda a familia: obradoiros para nenxs e maiores, foliada con Gaiteiros do Clan, visitas guiadas ao pazo (en dobre pase!),...

leer más
Etiquetas:
21/08/2025

Aldeguer (A Pontenova) prepárase para vivir unha intensa fin de semana con motivo das festas na honra a San Ramón Nonato, que se celebrarán os días  29 e 30 de agosto.

O programa comeza o venres 29 ás 22:00 horas cunha gran churrascada veciñal, que dará paso á música coa actuación de DJ Bombardero, garantindo unha noite chea de ritmo e diversión.

O sábado 30 abrirá coa misa solemne ás 13:00 horas, seguida da sesión vermú. Xa pola noite, a partir das 23:30 horas, terá lugar a verbena, que contará co talento de JJ Compota (ex compoñente da orquestra París de Noia) e María García Caamaño (ex vocalista da orquestra Filadelfia).

A festa desenvolverase nun campo cuberto con carpa, asegurando o bo ambiente independentemente do tempo, e ademais haberá colchoneta gratis para nenos e nenas durante...

leer más
Etiquetas:
21/08/2025

O Concello de Burela presentou a súa tradicional Festa Fin de Verán, unha programación lúdica que se celebrará na Praza do Concello entre os días 23 e 26 de agosto. A iniciativa incluirá inchables e atraccións acuáticas, dirixidas ao público infantil e xuvenil con acceso gratuíto.

As actividades comezarán o sábado 23 de agosto, en horario de 16:00 a 19:30 horas. Os días 24, 25 e 26 de agosto a programación ampliarase con sesións de mañá e tarde, que terán lugar de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas.

O Concello de Burela explica que o obxectivo do evento é “ofrecer un espazo de ocio familiar e pechar a tempada estival cunha proposta aberta a toda a veciñanza e visitantes”.  

Etiquetas:
20/08/2025

A tradición e a festa únense de novo na IX Festa da Malla da Pontenova, que se celebrará o 23 de agosto.

A xornada arrincará ás 12:00 horas co comezo da malla tradicional, unha recreación que permite revivir un dos labores máis característicos do rural galego.

Ás 13:30 horas, celebrarase a sesión vermú, amenizada por JJ Compota (ex compoñente da orquestra París de Noia) e María García Caamaño (ex vocalista da orquestra Filadelfia). Seguidamente, ás 14:30 horas, terá lugar a gran comida popular, co menú composto por empanada, xamón cocido, churrasco, chourizos criollos e roxos, bebida, sobremesa e café. O prezo para os adultos é de 20 euros e para os nenos de ata 12 anos só custará 12 euros. Os tíckets poden recollerse ata o 22 de agosto en Zapatería Orli, Librería Eugenia e Pada.

Pola...

leer más
Etiquetas:
20/08/2025

Segundo Xoves Aberto este 21 de agosto, organizado por Acisa Ribadeo con música na zona vella, a ruleta da sorte nas Catro Rúas e propostas refrescantes na hostalería local. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifesta: “como xa se puido comprobar o pasado xoves, esta iniciativa enche as rúas da vila de música en vivo e permite a veciños e visitantes gozar de descontos e promocións especiais nos comercios adheridos presentando o multipase da campaña. A actividade forma parte da programación especial O noso comercio é vida, vive Ribadeo. Ademais contaremos tamén con propostas moi refrescantes na hostalería local. O xoves pasado deixounos moi bo sabor de boca e agardamos repetir mañá”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinalou que “os Xoves Abertos son unha oportunidade para vivir Ribadeo dunha maneira diferente...

leer más
Etiquetas:
20/08/2025

A parroquia da Cazolga (Lourenzá) celebrará os días 22, 23 e 24 de agosto as súas tradicionais festas na honra a San Pedro Fiz.

O venres 22 de agosto, a partir das 21.00 horas, veciños e visitantes poderán gozar dunha gran pulpada e churrascada servida polo Bar Rochela, de Vilalba. A partir das 23:00 horas, a festa continuará cunha animada verbena a cargo da orquestra Marbella e o DJ The Sound Project.

O sábado 23, ás 13:00 horas, terá lugar a misa solemne con procesión, seguida dunha sesión vermú co Grupo La Tremenda. Xa pola noite, ás 22:30 horas, repetirase a verbena con La Tremenda e DJ The Sound Project.

O domingo 24, ás 13:30 horas, celebrarase a misa e procesión, tras a que actuará no vermú o Dúo Belinda, poñendo o broche final ás festas.

A reserva dos...

leer más
Etiquetas:
20/08/2025

A tradicional Romaría do Bo Xantar, declarada de interese turístico galego, celebrará unha nova edición entre os días 22 e 27 de agosto cun programa do máis completo.

O venres 22 de agosto será o esperado día do polbo, que estará amenizado por unha charanga.

O sábado 23 ás 13:30 horas terá lugar a misa na capela do campo da festa e a procesión, seguida dunha sesión vermú de 14:30 a 16:00 horas. Pola noite, ás 23:00 horas, a verbena correrá a cargo de Elebe e Pasión.

O domingo 24 a misa das 13:30 horas será cantada pola Coral Polifónica Alborada, de Viveiro, seguida da procesión. De novo haberá vermú e verbena ás 23:00 horas con Supertop e Los Alcántara.

O luns 25, música todo o día con Salsarena e Arizona, tanto na sesión vermú como na verbena da noite. 

... leer más
20/08/2025

O Concello de Trabada pon en marcha unha nova edición do programa Viaxa co Concello que terá lugar os días 19, 20 e 21 de setembro cunha excursión a Cantabria, visitando lugares como a Cueva El Soplao, Comillas, Santillana del Mar, Torrelavega, Santander ou Cangas de Onís.

O prezo da viaxe é de 195 euros por persoa e inclúe seguro, aloxamento de dúas noites en habitación dobre nun hotel spa de 4 estrelas, visitas culturais, entradas, comidas e ceas programadas en diferentes localidades, así como transporte en autobús.

Entre as actividades previstas destacan a visita á Cueva El Soplao, ao Capricho de Gaudí en Comillas ou ao Museo da Tortura en Santillana del Mar, ademais de comidas e ceas en localidades como Cabezón de la Sal, Santillana ou Cangas de Onís.

O alcalde de Trabada,...

leer más