Eventos

Etiquetas:
18/06/2022

O Concello de Viveiro anuncia o comezo do programa estival de visitas guiadas, que terá lugar desde este luns, 20 de xuño, ata o 18 de setembro. 

As actividades terán carácter gratuíto e se levarán a cabo todos os días da semana. Un dos seus alicientes será a ampla variedade da proposta, que vai desde visitas culturais a roteiros de sendeirismo, pasando por itinerarios panorámicos en múltiples lugares de interese do concello. 

En concreto, haberá dous percorridos no Vivertren (Souto da Retorta os luns e a Área Etnográfica da Insua os domingos); dúas rutas de sendeirismo (Muíños de Balea os mércores; Monte San Roque os venres), e tres visitas polo casco histórico, nas que se propoñen distintas temáticas (o antigo recinto amurallado os martes, os barrios gremiais os xoves, e os séculos XIX e XX os sábados).

... leer más
Etiquetas:
17/06/2022

En Burela arrincaron esta tarde as IV Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, coa axuda da Axencia de Turismo de Galicia da Xunta e da Deputación de Lugo para a súa promoción, organiza esta cita, que nesta edición se desenvolven do 17 ao 19 e do 23 ao 26 de xuño. Nesta ocasión, ademais, realizarase un sorteo entre as persoas que participen que consistirá en 4 premios de experiencias, aloxamento e almorzos nas empresas participantes no proxecto Turismo Slow Norte de Galicia localizadas na Mariña Lucense.

Desde a Mancomunidade o seu presidente, Fran Cajoto, lembra que “se trata dunhas xornadas con actividades gratuítas que se organizan por cuarto ano consecutivo da man dos artesáns da comarca que conforman o proxecto das Rutas de Artesanía da Mariña Lucense, polo que a Mancomunidade...

leer más
Etiquetas:
15/06/2022

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, rematou a súa peregrinación a Santiago por etapas semanais a través do Camiño Inglés. 

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, contou que “cincuenta e dous veciños da Mariña, a maioría do concello de Barreiros, pero tamén de Foz, Ribadeo e Trabada rematamos a peregrinación a Santiago de Compostela. Neste 2022 realizamos o Camiño Inglés a pe dende Ferrol, 113 quilómetros divididos en sete etapas de 17 quilómetros cada unha”.

Gómez Puente subliñou que “foron etapas moi intensas e como mariñáns, o mar danos vida, e durante as primeiras etapas: Ferrol, Neda, Pontedeume, Betanzos… fomos a carón do mar cargando as pilas polo que pasamos de facer os 17 quilómetros previstos nestas tres primeiras etapas a facer 20 das tres seguintes para así realizar a última...

leer más
15/06/2022

O evento, que terá lugar no aparcamento do estanco na Praia do Torno, foi presentado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura e o concelleiro de Turismo, Dolores García Caramés e David Rodríguez, respectivamente, e unha representación da asociación A Rebolaxe.

Villares quixo loubar o traballo realizado por esta asociación á hora de dinamizar o noso concello, “enchendo de música e de alegría cada recuncho que pisan”.

Pola súa banda, Caramés, amosou a súa ledicia por poder recuperar este tipo de eventos tan importantes para a vila “que son un punto de encontro para a veciñanza” e convidou a veciños e visitantes a participar nas actividades programadas estes dous días de festa”.

Etiquetas:
15/06/2022

A Delegación de Cultura do Concello de Burela anuncia que celebrará o Día do Neno o próximo 3 de xullo despois de dous anos sen poder realizarse. Nesta ocasión, non será no marco das festas patronais senón que a data trasládase ao inicio do verán.

Habilitaranse distintos xogos, inchables e obradoiros na praza da Mariña e na praza do Concello para goce do público infantil, ao que a área de Cultura quixo dar o seu espazo celebrando este día dirixido aos máis pequenos e pequenas das familias de Burela.

Segundo afirmou o edil de Cultura, Jose Díaz, “retomamos este día porque sabemos que durante as festas patronais non se puido facer, houbo que priorizar e por cuestións orzamentarias quedou pendente, polo que desde o concello ofreceremos o Día do Neno igualmente, nesta ocasión no primeiro domingo de xullo”. Díaz amosou...

leer más
Etiquetas:
14/06/2022

Despois duns anos de parálise por mor do COVID, o Concello de Foz anuncia que a Feira da Espiñeira volverá este domingo 19 de xuño no recinto habitual na parroquia de Vilaronte.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “ao gando habitual de vacas e cabalos sumaranse outros animais nunha xornada de festa que tivera unha gran importancia económica no seu momento. A feira, que fora recuperada no ano 1998 por parte dos veciños da Espiñeira despois de 20 anos sen celebrarse, continúa coa organización do Concello: é moi importante, cada vez máis, tamén para que os cativos teñan contacto coa natureza e a gandería. Vamos poder desfrutar dos animais, pero tamén haberá música co Dj Tapy García, cantina e, por suposto, unha pulpería para todos os que queiran pasar o día na Espiñeira”

A feira da Espiñeira celébrase de forma...

leer más
14/06/2022

Sete entidades de toda a provincia participan dende este martes ata o venres no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Esta semana serán colectivos do Páramo, Cervo, Lugo, Lourenzá, Pedrafita do Cebreiro, Vilalba e Ribeira de Piquín os que participen nas viaxes gratuítas impulsadas pola institución provincial para dar a coñecer o patrimonio natural e cultural dos concellos lucenses e dinamizar a actividade do turismo, a hostalería e o comercio.

Os percorridos levarán á veciñanza durante estes catro días a concellos da Ribeira Sacra, como Taboada, Chantada, Sober, Monforte, O Saviñao e Sober, pero tamén descubrirán Burela e Foz.

A Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Alborada de San Cibrao, en Cervo, é a primeira entidade participa esta semana no programa provincial. O colectivo...

leer más
Etiquetas:
13/06/2022

O programa de actividades da III Festa Campesiña de Lourenzá, que se celebrará no Campo dos Bolos de Vilanova, comeza este sábado, día 18, ás oito e media da tarde coa actuación da Rondalla Trovadores de Ares. E o domingo 19 haberá feira de artesanía e alimentación, mostra de vehículos clásicos, exposición de razas autóctonas de Galicia, obradoiros, actuacións musicais, xantar, actividades infantís, queimada, premios para as mellores caracterizacións e tapas de porco celta.

O inicio das actividades do domingo está programado para as 11 da mañá. Para esa hora está prevista a apertura da feira con stands de artesanía e alimentación, da mostra de vehículos clásicos a cargo da asociación Vespa&Faba e da exposición de razas autóctonas de Galicia. Ademais comezarán os obradoiros de roca e cardado con la e de trenzas, pulseiras e tobilleiras...

leer más
13/06/2022

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo vai camiño de pechar un novo curso. Farao de xeito oficial este sábado, 18 de xuño, ás 17:00 horas. 

“Queremos facer un festival de fin de curso aberto a toda a cidadanía, de aí que o realicemos no Auditorio de Cabanela. Dado o volume, tanto de alumnado como de público asistente a estes festivais, cada vez nos é máis difícil facelos en recintos pechados”, sinala Hugo García, responsable da EMMeD de Ribadeo. 

Hugo García salientou que “o festival será, unha vez máis, un festival que non deixará a ninguén indiferente. Tentamos sorprender á xente cun festival concibido para que o desfruten non só no plano musical, que por suposto que o farán, senón tamén na ambientación, nas presentacións…O único que nos falta agora é que o tempo nos bote unha man pois senón...

leer más
12/06/2022

O Campamento de Verán do Concello de Mondoñedo, dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos, desenvolverase do 23 de xuño ao 7 de setembro. 

As inscricións estarán abertas ata o 17 de xuño nas oficinas de Servizos Sociais, situadas no baixo do Concello, con cita previa. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono: 982 52 40 03 Extensión 8