Eventos

Etiquetas:
14/07/2022

O Concello de Cervo e a asociación Amigos da Troula organiza un ano máis o Festival de Sargadelos, que se celebrará o 23, 24 e 25 de xullo. Ademais, haberá gastronomía -serviranse espetadas mouras, deporte -co trail e andaina programados para o domingo-; e moita máis música e sorpresas.

A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, pola edil de Cultura Dolores García Caramés, o concelleiro de Deportes, David Rodríguez, e por unha representación da asociación Amigos da Troula, colaboradores do Festival.

O festival comezará o sábado 23 de xullo á tardiña cunha Foliada Tradicional. O domingo será o Día Grande, que comezará con deporte da man do II Trail de Sargadelos e da Andaina. Partirán ás 9:00h e ás 9:30h respectivamente, as persoas interesadas en inscribirse poden facelo no seguinte...

leer más
Etiquetas:
13/07/2022

O Concello de Foz vive con intensidade as Festas do Carme. Despois da celebración en Santa Cilla a pasada fin de semana, este xoves comezan as festas do Carme na vila co pregón de Narciso Rodríguez Méndez Siso sobre as 20.30 horas, ao rematar a misa. Ruleiro de Foz por excelencia e rexente durante moitos anos do Bar Siso, onde agora se asenta o Muelle Bar, Siso é unha persoa coñecida por todos en Foz. En palabras do alcalde, Fran Cajoto,: "é tradición en Foz que o pregón das festas do Carme o fagan xentes relacionadas coa tradición mariñeira da nosa vila. Xa lle tocaba a Siso, que vai ter mil anécdotas que contarnos seguro. É unha auténtica honra que aceptara a invitación do Concello e da comisión organizadora das festas".

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que neste 2022 volvemos cunha programación completa, na que haberá...

leer más
Etiquetas:
13/07/2022

San Ciprián celebrará as festas en honra a Virxe do Carme do 14 ao 17 de xullo. Están organizadas pola asociación Anxuela coa colaboración do Concello de Cervo e demais asociacións que organizan as diferentes actividades da celebración.

Comeza o xoves 14 as 20:00 horas na Praza dos Campos cunha Festa do Mexillón, organizada pola asociación Amigos da Maruxaina e amenizada por un grupo de gaiteiros e por Dj Ovo.

O venres 15 as 14:00 horas dará comezo a sesión vermú na que soará a orquestra Acordes. As 21:00 horas realizarase unha misa solemne na Igrexa Parroquial de Lieiro, seguida da procesión do Carme ata o peirao, coa incorporación de San Ciprián e San Andrés, que estará acompañada polo pasarrúas da agrupación musical Dambara-San Inocencio de Burela. Esta procesión esta organizada pola asociación Mar de San...

leer más
Etiquetas:
13/07/2022

O vindeiro domingo, 17 de xullo, regresa ao ao Vicedo unha festa que tiñan moitas ganas de volver a organizar: a do Turismo Rural, que chega á súa edición número 22. Celebrarase no parque eólico de Riobarba.

O programa comeza as 12:30 h con misa en honor a San Vicente de Francos, á que  sigue a degustación de produtos típicos as 14:30. As 17:00 horas terá lugar o campionato ecuestre, que conta con 1.740€ en premios, quen se entregarán a partires das 18:30 horas. Por último ás 19:30 dará comezo o baile.

O evento está organizado polo Concello do Vicedo. 

13/07/2022

O Concello de A Pontenova, xunto a GameSport, organiza un campamento de verán para nenos/as de 3 a 14 anos, que  contará con diversas actividades como obradoiros, excursións, xincanas, multideporte, busca do tesouro e moitas máis sorpresas.

Levarase a cabo de 10:00 a 14:00 horas os días 26, 27, 28 e 29 de xullo e 1, 2, 3, 4 e 5 de agosto. O prezo será de 20 euros para os empadroados no concello e 50 euros para os non empadroados.

Hai un límite de 60 prazas. As persoas que queiran inscribirse poden facelo na Casa do Concello da Pontenova ou chamando ao 982 342 277 ata o 18 de xullo.

 

Etiquetas:
13/07/2022

A AECC de Ribadeo organiza todos os anos diversos eventos, dende mercadiños e concertos ata festivais de danza e carreiras. Desta vez realiza un rastrillo solidario a beneficio da loita contra o cancro, no que se poderán atopar diversidade de artigos a prezos moi interesantes.

Este rastrillo solidario estará aberto todos os mércores do verán na rúa Deputación, 28-baixo, en Ribadeo. 

 

Etiquetas:
11/07/2022

Un verán máis o Concello de O Vicedo organiza os mércores de natureza, un programa no cal levan a cabo diversas actividades durante o mes de xullo. Comezaron o pasado mércores 6 na praia de Arealonga e continúan cunha actividade xa tradicional: a ruta de kayaks. 

Comezará ás 11 horas, saíndo dende o porto pesqueiro do Vicedo para cruzar a ría, pasar diante do porto do Barqueiro, Pontes sobre o Río Sor, Illa de S.Martiño, Área recreativa de Ribeiras do Sor e Ponte de Ribeiras do Sor. 

O prezo é de 17 euros por persoa. Os interesados en acudir deberán anotarse chamando ao teléfono 982 590 195 ou no correo electrónico omix@concellodovicedo.org

 

10/07/2022

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, manifestou que “hoxe é un día de felicidade e de orgullo para todos os laurentinos e laurentinas porque vimos de recibir a marabillosa noticia de que se lle vai dedicar o Día das Letras Galegas do próximo ano 2023 a Francisco Fernández del Riego. Levamos loitando por isto moito anos”.

“En primeiro lugar quero agradecer ás corporacións municipais anteriores que iniciaran este camiño que agora me tocou a min continuar. Agradecer tamén a todos os grupos políticos que forman a actual corporación porque apoiaron sen fisuras esta candidatura. Tamén quero ter unhas palabras de agradecemento para aos concellos veciños que nos apoiaron, á Deputación Provincial, ao Concello de Vigo, á Fundación Penzol e a todas as institucións ás que nos diriximos para que apoiasen esta iniciativa e que o fixeron firmemente”,...

leer más
Etiquetas:
09/07/2022

Os días 15 e 16 de xullo celébranse as Festas do Carmen no porto de Porcillán, en Ribadeo.

O venres 15 ás 22:30 horas haberá verbena amenizada polo grupo Zeltia e o dúo Samba.

O sábado 16 ás 13:30 horas será a sesión vermut co grupo Kamelot. Ás 18:00 horas dará comezo a misa solemne na igrexa da Atalaia e de seguido terá lugar a procesión marítima acompañada polo cuarteto tradicional Illa Pancha. Ao chegar a Virxe ao porto actuará a Coral Polifónica de Ribadeo que interpretará a Salve Mariñeira. Ás 22:30 horas, comezará a verbena co grupo Kamelot e ás 24:00 horas Lucía Pérez poñerá o colofón ás festas co seu concerto.

 

08/07/2022

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, ofrecerá unha recepción aos dous aventureiros que foron desde este municipio ata Noruega en vehículos clásicos, concretamente nun coche Dyane 6 e nunha moto Vespa 200. O acto será mañá, sábado 9 de xullo, a partir das 11 da mañá na praza do Conde Santo e nos baixos da Casa do Concello, onde os protagonistas desta viaxe (Jorge Aguirre e Cefe Martínez), ofrecerán unha charla coloquio na que contarán as experiencias vividas e proxectarán fotografías da aventura.

Esta viaxe, que serviu de promoción para o municipio, foi organizada polo Concello de Lourenzá en colaboración co club VespaFaba&Clásicos.