Libros

Etiquetas:
22/02/2016
En Burela este sábado, 27 de febreiro, terá lugar a presentación do libro "Caboverdianas en Burela", de Luzia Oca.
 
O vindeiro sábado, 27 de febreiro, ás 18 horas no salón de conferencias da antiga biblioteca terá lugar a presentación do libro Caboverdianas en Burela, do que é autora Luzia Oca González, segundo informa a Concellería de Emigración e Cooperación de Burela. 
 
Luzia Oca analiza aspectos como a migración, as relacións de xénero e a intervención social deste colectivo, o das mulleres caboverdianas que viven en Burela, desde 1978 a 2008. 
 
A obra, que foi galardoada co premio Vicente Risco de Ciencias Sociais no 2014, foi presentada hai uns días en Santiago de Compostela. 
 
Etiquetas:
16/02/2016
Raquel Rey presenta este venres, 19 de febreiro, a súa última novela "Magia en las estrellas" na Librería Bahía, en Foz.
 
“Magia en las Estrellas” é o título da última novela da autora mariñana Raquel Rey. O libro preséntase este venres ás oito e media da tarde na Librería Bahía, en Foz.
 
A escritora que asina co pseudónimo de Elizabeth Bowman, estará acompañada polos profesores Antón Niñe e Bernardo Penabade. Raquel Rey ten publicadas varias novelas, pero esta é a primeira que se pode mercar en España xa que as anteriores foron publicadas por editoriais hispanoamericanas.
 
Etiquetas:
15/01/2016
A Pomba do Arco organiza a presentación do libro "A viaxe á fin do mundo" de Manuel Rodríguez. Será o 22 de xaneiro na Libraría Bahía, en Foz.
 
A asociación cultural A Pomba do Arco, no seu afán por dar a coñecer a nosa cultura, vai presentar en Foz, o venres día 22, ás 20.30 na libraría Bahía o libro de Manuel Rodríguez titulado A viaxe á fin do mundo, editado pola editorial Bolanda.
O autor Manuel Rodríguez é xornalista e doutor en Ciencias da Información. Realiza o seu traballo na Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo dende o ano 1992. Anteriormente estivera traballando en medios de comunicación da Mariña, O Progreso, A Voz de Galicia, Antena 3 Radio de Galicia
A súa obra literaria está enfocada cara as súas dúas pasións: O mundo xacobeo e o mundo da radio. Sobre esta última pasión publicou no ano 2003 un libro titulado Noticias de Galicia na radio de fin de século.
Sobre o mundo xacobeo ten publicados un gran número de artigos periodísticos e varios libros entre os...
leer más
Etiquetas:
08/12/2015
Pepe Peinó presenta o 12 de decembro en Finca Galea, en Alfoz, o seu primeiro libro: "Escombros, moitos escombros". Será a partir das seis da tarde.
 
O primeiro libro de Pepe Peinó, Escombros, moitos escombros, editado por Finisterrae Ediciones, será presentado o vindeiro 12 de decembro en Finca Galega (Alfoz) ás 18 horas. Intervirá, ademais, do propio autor, Lionel Rexes, escritor e membro do Seminario de Estudos do Valadouro, e José Castro, director da editora. 
Ademais, a presentación da novela estará amenizada polas actuacións musicais e teatrais de Jorge Oliveira, concertista e compositor; Miriam Vivero, cantante e actriz, e o Grupo Humorístico Trípode (Antonio Jesús Lorenzo Cachín e Alberto Níñez). 
 
Etiquetas:
26/11/2015
Librería Bahía, de Foz, acolle este venres, 27 de novembro, a presentación do libro "O coitelo de pedra fundida", de Francisco Antonio Vidal.
 
Este venres, 27 de novembro, ás oito e media da tarde, preséntase na Librería Bahía, en Foz, a novela “O coitelo de pedra fundida”, de Francisco Antonio Vidal.
Segundo explican desde Bahía “trátase dunha historia de misterio ambientada na época celta, na que se mestura a intriga e a crítica ao poder relixioso. O autor é asiduo colaborador en distintos medios da prensa diaria. E autor de novelas coas que acadou varios premios, como o Avilés de Taramancos ou o premio Concello de Viveiro no ano 2003, e tamén ten publicados ensaios nomeadamente sobre a figura de Manuel Murguía”.
 
Etiquetas:
12/11/2015
A biblioteca municipal de Lourenzá acolle ata mediados de decembro actividades de animación á lectura para nen@s de entre 3 e 7 anos.
 
O18 de novembro, comezou na biblioteca municipal de Lourenzá o programa de actividades de animación á lectura que este centro organiza para nenos e nenas de tres a sete anos de idade.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, sinala que “debido á alta participación, que ascende a 20 cativos, e a que os asistentes son de idades diferentes, vanse realizar grupos, quedando as actividades a realizar para as tardes dos mércores e xoves”.
López destacou tamén que “con este programa preténdese inculcar o interese polo mundo da lectura dende as primeiras etapas dos nenos e nenas. Para iso levaranse a cabo unha serie de técnicas adaptadas a cada idade, onde o xogo e a narración oral dos contos van ter un papel moi importante. Tamén se pretende dar a coñecer unhas pautas ós...
leer más
Etiquetas:
03/11/2015
Unha de morcegos... e covas o vindeiro sábado, 7 de novembro, na Librería Bahía en Foz.
 
O vindeiro sábado, 7 de novembro, ás 12 da mañá terá lugar na Librería Bahía, de Foz, a presentación do libro “El dilema de Spallanzani y otras curiosidades de los murciélagos”, do biólogo Roberto X. Hermida. Estará acompañado pola profesora Teresa Nécega. E a continuación charla-proxección sobre As Covas do Rei Centolo, a cargo de Gonzalo Villarmea. 
Desde a Librería Bahía sinalan que “ás veces, o que temos máis preto é o que menos coñecemos… Este sábado, día 7 de novembro, propoñémosvos dende a Librería Bahía unha xornada para descubrir morcegos e covas.
Apetécevos abrir os ollos e os oídos a estas dúas realidades tan próximas?”.
Estas actividades, que se desenvolverán pola mañá son libres e...
leer más
Etiquetas:
27/10/2015
A Pomba do Arco organiza a presentación do libro "Historia de Odoyno", de Antonio Rodríguez Baixeras. Será o 30 de outubro na Librería Bahía en Foz.
 
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza a presentación do libro Historia de Odoyno, de Antonio Rodíguez Baixeras. O acto terá lugar este venres, 30 de outubro, ás 20:30 horas na Librería Bahía, en Foz. 
O autor do libro, Antonio Rodríguez Baixeras, xa ten editado varios libros anteriormente como a novela O rei dos Ameneiros ou unha interesante biografía sobre Alexander Hamilton, un dos país da independencia norteamericana. A súa profesión como docente levouno á escribir, como coautor, varios libros de texto de ciencias sociais.
Este libro que se presente é froito de moito tempo traballando sobre o tema da vida, da obra e do legado de Odoino. 
O protagonista deste libro é un monxe galego...
leer más
Etiquetas:
22/10/2015
Burela celebra o día da biblioteca o 24 de outubro con Magín Blanco e os seus "Libros en-cantados". Será na Casa da Cultura con entrada libre.
 
O vindeiro 24 de outubro é o día da Biblioteca, “co fin de lembrar a importancia de ofrecer bos libros a todas as nenas e nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas, a Biblioteca de Burela únese a esta data co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos , para elo contaremos este día coa actuación de Magín Blanco e o seu espectáculo  Libros en-cantados”.
Desde a Biblioteca de Burela sinalan que “un ano máis e dentro do programa de Ler conta moito que a Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pon a disposición das Bibliotecas Galegas unhas actividades de dinaminación da lectura, e nós contaremos con Magín Blanco e as súas historias”. 
... leer más
Etiquetas:
21/10/2015
Fin de semana de actividades na Librería Bahía, en Foz. O venres, 23 de outubro, Mariña Mayoral presentará a súa última novela. E o sábado 24 haberá un concerto para os máis pequenos.
 
Este venres, 23 de outubro, ás oito e media da tarde estará na Librería Bahía a escritora mindoniense Marina Mayoral para presentar a súa última novela El abrazo. Acompañará á autora neste acto o tamén escritor mindoniense Armando Requeixo.
E o sábado, 24 de outubro, ás doce da mañá o escritor brasileiro afincado en Galicia Sergio Tannus dará un concerto-presentación do seu libro-disco infantil Alegría.