Música

01/09/2026

O Concello de Xove anuncia que este martes, día 1 de setembro, abre o prazo de solicitude de matrícula para o novo alumnado que queira formarse musicalmente na Escola Municipal de Música de Xove de cara ao curso 2026-2027. As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude do 1 ao 30 de setembro achegándose ao Rexistro Municipal, onde poderán cubrir e entregar o correspondente impreso de inscrición. Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, o luns 5 de outubro publicarase a lista de alumnado admitido e admitida para o vindeiro curso 2026-2027.

Para este novo curso, ademais de manter as materias e actividades habituais da Escola Municipal de Música, o Concello de Xove anuncia que quere “reforzar especialmente a educación vocal, ampliando a oferta para que esta formación non estea dirixida unicamente ao alumnado...

leer más
30/08/2026

O Concello de Ribadeo anuncia que o vindeiro martes, día 1 de setembro, ás 20:30 horas o Teatro ribadense acollerá “unha noite moi especial da man da Coral Polifónica de Ribadeo, coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. Un concerto no que a música e o cine se unen cun fin solidario: a recadación será a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro”.

O prezo da entrada solidaria é de 6 euros e a taquilla estará aberta o mesmo día de 12:00 a 13:30 horas e desde as 19:00 horas.

A presidenta da Coral Polifónica de Ribadeo, Gloria Rodríguez Saavedra, explica que as persoas que non poden asistir ao concerto pero queren colaborar “teñen á súa disposición unha Fila 0 na que se poderán ingresar os donativos, se así o desexan: Asociación Española Contra el Cáncer (número de conta ES53 0049 0091 0526 1534 5101)”.

Etiquetas:
27/08/2026

O Concello de Ribadeo e a Comisión de Festas presentaron o programa das Patronais, que culminará o 8 de setembro cun concerto gratuíto de Mägo de Oz. Daniel Vega e Gonzalo Lebredo destacan a colaboración da Xunta de Galicia e o traballo conxunto que “permite ofrecer unha das programacións máis ambiciosas dos últimos anos”.

O Concello de Ribadeo e a Comisión de Festas de Ribadeo veñen de presentar a programación das Festas Patronais 2026, que se desenvolverá ata o 8 de setembro e que terá como gran novidade e broche final o concerto de Mägo de Oz, unha das bandas máis populares e recoñecibles do rock español. A actuación terá lugar o martes 8 de setembro ás 23:00 horas no recinto dos festexos ribadenses con entrada totalmente gratuíta, dentro da xira La Noche de las Brujas 2026. O concerto permitirá pechar as festas cun espectáculo...

leer más
25/08/2026

O Concello de Cervo anuncia que este próximo sábado, 29 de agosto, ás 22:30 horas a Praza dos Campos, en San Ciprián, acollerá unha nova cita musical dentro do ciclo de Concertos do Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia, coa actuación de Óscar Ibáñez & Tribo. A entrada é libre.

O público “poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión. Unha mestura de tradición e modernidade, cun marcado carácter atlántico e celta”, explica o Concello de Cervo, que engade: “unha noite para desfrutar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio”.

Etiquetas:
24/08/2026

O Concello de Xove anima a gozar da XL edición do Festival de San Bartolo, “unha das citas máis esperadas dentro do programa das festas patronais na honra de San Bartolo e a Virxe do Carme”. O festival, organizado un ano máis pola Asociación Cultural Saíñas de Xove, terá lugar o sábado, 29 de agosto, ás 19:30 horas, no Pavillón de Deportes de Xove e ofrecerá ao público “unha tarde de música, baile tradicional, festa e diversión”.

Nesta edición o programa contará coa actuación do grupo Xoaniña da A. C. Saíñas, que “volverá amosar o traballo que desenvolve a asociación a prol da conservación e difusión da nosa cultura e do noso folclore. Como grupo convidado, o festival contará coa presenza da Asociación Folclórica O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante, unha formación que achegará a Xove a súa música, os seus bailes e o seu saber facer...

leer más
Etiquetas:
18/08/2026

Os mércores 19 e 26 de agosto a partir das 21:00 horas o Auditorio de Cabanela, na zona portuaria de Ribadeo, acolle dúas novas citas do ciclo de concertos Roock by me.

Este mércores, día 19 de agosto, actuará o grupo Los Alcántara, e o 26 de agosto o concerto será de Carta de Ajuste.

A entrada é gratuíta e é unha actividade organizada polo Concello de Ribadeo, que anuncia que é “un plan perfecto para gozar da música ao aire libre nas tardes de verán”.

Etiquetas:
17/08/2026

O Auditorio Municipal de Burela acollerá este venres, día 21 de agosto, ás 20:00 horas, o concerto solidario do grupo ugandés Aba Taano, “unha das formacións de góspel africano con maior recoñecemento internacional. A actuación, organizada a beneficio da ONG Música para Salvar Vidas, combinará música, solidariedade e compromiso social nunha proposta cultural de gran nivel”, anuncia o Concello de Burela, que engade: “a través das súas voces, da súa enerxía e da música tradicional africana, Aba Taano ofrecerá un espectáculo cheo de ritmo, emoción e esperanza, no que o público poderá coñecer de primeira man un proxecto no que a música se converte nunha ferramenta de transformación social. Os cinco integrantes da formación forman parte da ONG Música para Salvar Vidas, unha iniciativa que traballa para ofrecer educación, formación e oportunidades de futuro a nenos e...

leer más
13/08/2026

A Coral Alborada, de Viveiro, anuncia a celebración do XL Festival de Música Coral este venres, día 14 de agosto, ás 21:00 horas na Praza Maior, coa participación das seguintes agrupacións: Coral Polifónica de Guntín-Taboada, Coral Polifónica de Lalín, Coro Xuvenil YanGu Tu e Coral Polifónica Alborada de Viveiro.

 “Este festival está enmarcado dentro do programa cultural das festas patronais do noso concello, por iso agradecemos a colaboración e patrocinio do Concello de Viveiro para que este festival siga cumprindo moitos anos máis. Queremos tamén expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as agrupacións corais participantes e aos nosos fieis seguidores e colaboradores por facer posible este festival. A música cobra verdadeiro sentido cando se comparte en comunidade”, explica a Coral Alborada.

12/08/2026

Alana e Lina e Lola tocarán este venres, día 14 de agosto, nas festas do San Roque de Viveiro. O trío coruñés, que achega a música tradicional á electrónica e ao pop, e o grupo de pandereteiras do Morrazo actuarán na Praza Maior, dentro da programación musical que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa para fomentar a presenza da música en galego en celebracións e escenarios musicais de toda a provincia.

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro valorou “o interese da xomisión en incorporar ao programa das festas a música galega e en galego, que priorizamos desde a área de Cultura” e sinalou “ a importancia  de incluír estas propostas no programa dunhas festas patronais, para achegar a un público máis amplo e diverso os grupos e artistas que xurdiron en torno á renovación da música tradicional”.

A...

leer más
Etiquetas:
10/08/2026

O grupo Uganda Sticks e os Grandes Tambores de Ruanda ofrecerá a súa única actuación na Mariña este xoves, día 13 de agosto, en Lourenzá. Será ás 20:30 horas no Claustro do Mosteiro, pero en caso de choiva trasladarase ao Multiusos Ponte de Cuñas, no recinto feiral.

O Concello de Lourenzá explica que será unha “festa africana con viño, bebidas e pinchos. Auténtica danza e percusión e única actuación na Mariña”.

O prezo da entrada é de 15 euros e véndense anticipadamente en Cabaleiros Xardín, Bar Aturuxo (Lourenzá), Bar Rincón (Mondoñedo) e na web www.giglon.com e unha hora antes do espectáculo.

O Concello de Lourenzá destaca que é unha “actuación solidaria a beneficio da ONG Música para salvar vidas, orfanato de Uganda. Un proyecto de ayuda a niños y...

leer más