Música
A terceira edición do Festival do Guioncho celébrase na Praza dos Campos, de San Ciprián (Cervo) este mércores, día 1 de abril.
Este evento está organizado pola Comisión de Festas de Lieiro, que anuncia: “xa está aquí o III Festival do Guioncho! O mércores 1 de abril na Praza dos Campos, de San Cibrao (Cervo). Prepárate para unha noite inesquecible con El Combo Dominicano e a xira WAYKAS Survivor Tour, ademais de DJ Pablo Conxuro poñendo o ritmo ata que o corpo aguante!”.
A entrada en venda anticipada ten un prezo de 10 euros e 12 euros en taquilla. A apertura de portas será ás 22:30 horas. Haberá servizo de autobuses e recinto con carpa.
O Concello de Trabada organiza unha nova edición dos Cantos de Taberna, unha proposta cultural que terá lugar o venres 10 de abril a partir das 20:30 horas e que levará a música tradicional a diferentes establecementos hostaleiros do municipio.
Nesta ocasión participarán os seguintes locais e agrupacións: A Taberna da Curuxeira, con A Chocolateira; Mesón Camiño Norte, con Mon&Cía; e Bar O Porfirio, con No Cómbaro
“Esta iniciativa combina música, tradición e convivencia, ofrecendo unha experiencia única tanto para a veciñanza como para as persoas visitantes”, explica o Concello de Trabada, que ademais destaca “a importancia deste tipo de actividades, que non só contribúen a manter viva a cultura popular senón que tamén axudan a dinamizar a economía local, apoiando ao sector hostaleiro e fomentando a...
leer másA primeira Loita de Bandas do Vendaval Fest terá lugar no Cine Teatro de Ribadeo este sábado, día 28 de marzo, desde as 21:30 horas.
A organización deste evento anuncia que “seis bandas subirán ao escenario do Cine Teatro para loitar polo seu oco no Vendaval Fest 2026: Farrapos da Ghaita, The Twinpims, Las Moskas Retrompeteras, Söax, Skuld e Ribanos”. Haberá votación de xurado profesional, votación mediante a app do festival para o público e votación da organización, que engade: “prepárate para unha noite de música, enerxía e moita, moita treboada … A tormenta do Vendaval comeza aquí”.
O prezo da entrada en venda anticipada (na web...
leer másA Banda de Música e a Coral Polifónica focegas ofrecerán un concerto sacro na Basílica de San Martiño. Será este sábado, día 28 de marzo, ás 20:00 horas.
A entrada para asistir a este evento musical é de balde.
A Banda Municipal de Música de Ribadeo estreará oito pezas no concerto de Semana Santa que ofrecerá na igrexa parroquial ribadense de Santa María do Campo o día 1 de abril, mércores, ás 20:45 horas.
O director da Banda de Ribadeo, David Ballester Martínez, anuncia que o tradicional concerto de Semana Santa que ofrece todos os anos esta formación “será o mércores 1 de abril ás nove menos cuarto da tarde na igrexa parroquial cun repertorio basicamente de marchas procesionais e de temática relixiosa. Hai que resaltar que das nove pezas que vai interpretar a Banda Municipal de Música de Ribadeo oito delas será a primeira vez que as tocarán nun concerto os nosos músicos. Creo que é un paso importante porque cada concerto estamos estreando obras novas, o que indica a boa saúde da nosa Banda”.
Ademais David Ballester...
leer másDo 3 ao 11 de abril terá lugar en Ribadeo o XI Festival de Jazz & Blues. As entradas xa están á venda.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anunciou que “do 3 ou 11 de abril, teremos en Ribadeo o Festival de Jazz na súa 11ª edición. Serán un total de catro concertos. O primeiro deles será o venres 3 de abril ás 20:00 horas no auditorio. Poderemos escoitar jazz clásico co grupo madrileño The Sentimental Gentlemen. O sábado 4 ás oito da tarde de novo, Will Jacobs e Marcus Coll Band achégannos desde Alemaña o son do blues de Chicago. O venres 10 de abril o dúo galego Antía Muíño e Abe Rábade interpretarán jazz moderno. E remataremos o sábado 11 cun concerto de Alana Sinkëy, con ritmo de soul, unha lisboeta con ascendencia de Guinea Bissau. Vémonos no festival de jazz. Vémonos no auditorio”. As entradas están á venda en...
leer másO Concello de Xove anuncia que a Asociación Cultural Saíñas vén de organizar o XV Festival Infantil, que terá lugar este sábado, día 28 de marzo, ás 18:00 horas no salón de actos do Centro Cívico de Xove. “Nesta nova edición, o festival contará, ademais dos grupos infantís de Saíñas, Xoaniña e Candís, coa participación de destacados convidados: a Asociación Folclórica e Cultural Orballo, de Pontedeume, e a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez, de Lourenzá, que achegarán o mellor do folclore tradicional galego”.
A organización convida a veciños, visitantes e a todas as persoas afeccionadas á cultura popular a achegarse a Xove “para gozar dunha tarde de baile e música tradicional, nun ambiente festivo e familiar”.
Desde o Concello de Xove anímase á asistencia a este evento, que “contribúe á posta...
leer másEste sábado, día 21 de marzo, a Banda de Música Landro, de Viveiro, ofrecerá un concerto no que se presentará a marcha gañadora do IV Certame de Composición Blas García Liz, obra titulada Os Caladiños que compuxo Alberto Aneiros Vilariño.
A actuación, titulada Éxodo, será na igrexa de San Francisco ás 20:30 horas. Está incluída no programa de difusión cultural e relixiosa ADRAL 2026, que organiza a Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha xuntanza con Diego Campo -presidente da asociación cultural Fanto Fantini, que organiza o festival Osa do Mar- para “avanzar nas vías de colaboración de cara á próxima edición. A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa”.
O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, que “alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Este miércoles, día 18 de marzo, dentro del programa ADRAL tendrá lugar un concierto del Coro junto al Grupo de Cámara del Conservatorio Profesional de Música de Viveiro. Será en la Iglesia de Santa María a las 20:30 horas.
La portavoz de la Xunta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro, Mari Carmen López Gómez, anuncia que “como el aforo es limitado, para cumplir con la normativa vigente, se editaron entradas, que estarán a disposición en el acceso de la iglesia el día del concierto, así como control de accesos”.












