Música
O Grupo de Cámara do Conservatorio de Música de Viveiro actuará na igrexa das MM Concepcionistas, da cidade do Landro, este xoves, día 12 de marzo, ás 20:30 horas.
O Concello de Viveiro destaca que “o talento local protagoniza unha nova cita dentro do programa ADRAL 2026. Este xoves, 12 de marzo, o Grupo de Cámara do Conservatorio de Música de Viveiro ofrécenos un concerto nun marco incomparable”.
Foz acogerá una masterclass de viento metal y banda a cargo de Xabi Doural los días 14 y 15 de marzo
Foz acogerá los días 14 y 15 de marzo, sábado y domingo, una masterclass de viento metal y banda a cargo del músico Xabi Doural.
La Banda de Música de Foz anuncia que “los días 14 y 15 de marzo de 2026 tienes una oportunidad única de aprender, crecer y perfeccionar tu técnica con uno de los grandes referentes del viento metal. Si eres alumno, músico de banda o simplemente amante de la música, esta masterclass te permitirá: mejorar tu sonido y control técnico; trabajar repertorio y musicalidad; aprender de la experiencia profesional de Xabi Doural; compartir y disfrutar con otros músicos”.
Será en las instalaciones de la Banda de Música de Foz. Para participar hay que inscribirse previamente y las plazas son limitadas.
O Concello de Viveiro anuncia que o Conservatorio Profesional de Música de presenta a súa programación de actividades para o mes de marzo, con concertos e audicións abertas ao público que “amosan o talento do alumnado e o traballo das distintas especialidades”. Haberá actuacións os días 10, 20, 25 e 25 de marzo.
Para este martes, 10 de marzo, ás 20:30 horas está programado un concerto do grupo de cámara no salón de actos. O día 20 ás 19:00 horas haberá unha audición de clarinete. Para o 24 de marzo están previstas dúas actuacións: unha audición de saxofón na Aula 29 ás 18:30 horas e outra de vento metal no salón de actos ás 19:30 horas. E o día 25 de marzo haberá unha audición de guitarra eléctrica ás 17:30 horas na Aula 29.
Os grupos de punk folk Skontra e Bestas actuarán en Ribadeo este sábado, día 28 de febreiro. Será no Cine Teatro ás 21:30 horas.
Está organizado pola asociación Catro Caños, promotora do Vendaval Fest, que anuncia: “o vindeiro 28 de febreiro chega unha noite de puro punk e folk ao Cine Teatro de Ribadeo. Desde Xixón chega Skontra con toda a súa potencia sobre ó escenario; levan dúas décadas de historia dende a súa formación en 2001. O seu son mestura sen complexos ritmos punk, hardcore, ska e folk asturiano, creando un estilo único cheo de enerxía, celebración e unha mensaxe socialmente consciente. E desde A Coruña, Bestas, cun son fresco e directo, conectando a raíz ca modernidade, cunha forza salvaxe e divertida. Unha conexión instantánea co público para poder desfrutar do frenético directo”.
O concerto de clausura do III Encontro de coros infantís e xuvenís da Mariña Lucense celebrarase este domingo, día 1 de marzo, no auditorio municipal de Burela, ás 13:00 horas.
O Concello anuncia que “Burela acolle un ano máis Mariña en Canto, o Encontro de coros infantís e xuvenís da Mariña Lucense, organizado pola Fundación Xesús Bal y Gay. Unha cita que reúne arredor de 300 nenos e nenas para compartir a música coral e o canto en grupo. O encontro rematará co concerto de clausura, que terá lugar o 1 de marzo ás 13:00 horas no Auditorio de Burela”.
A Banda de Música O Landro, de Viveiro, presentou a tempada 2026 de actividades, que, baixo o título Camiños sonoros, ofrece unha programación que recolle actuacións e propostas formativas entre marzo e decembro.
A tempada comezará en marzo co concerto Éxodo, enmarcado no Programa de Difusión Cultural ADRAL. En abril a Banda participará nos actos da Semana Santa de Viveiro. Entre maio e xuño está previsto un ciclo de concertos, Matinais no Templete, ademais do acompañamento do Corpus Christi. Xa en xullo o programa inclúe obradoiros de construción de instrumentos musicais con material de reciclaxe.
No mes de agosto levará a cabo unha actuación na Praza Maior, no marco das festas patronais. En novembro celebrarase o concerto de Santa Icía Os Soños na Gaiola, concibido para banda...
leer másEste sábado, día 21 de febreiro, ás 21.30 horas na Sala Bahía, a Escola Municipal de Música Arcadio Mon, de Foz, programa unha actuación coa súa aula de música de moderna. Este concerto, con estilos coma o pop, rock, blues ou jazz, contará con servizo de barra para simular o ambiente dun café concerto coa mellor música en directo interpretada polos alumnos da escola de música municipal.
“A Sala Bahía acollerá este concerto de pequenos e grandes no que desfrutaremos de pezas de música contemporánea e recoñecida por todos”, explica a concelleira de Cultura, que engade: “a idea é simular con mesas e cadeiras e un pequeno servizo de bebidas co que poder tomar un refresco e gozar da música”.
“A Escola de Música de Foz ten algo especial. O bo ambiente transmítese en cada actuación que fan, por iso non me sorprende que...
leer másA Escola Municipal de Música Arcadio Mon, de Foz, ofrecerá audicións os días 6, 10, 11 e 12 de febreiro. Todas elas serán ás 20:00 horas.
Este venres, día 6, haberá audición de piano na Casa da Cultura. E as seguintes serán no Cenima: o martes 10, guitarra e vento metal; o mércores 11, percusión e violín; e o xoves 12, vento madeira.
El músico Carlos Núñez, con el concierto A Irmandade das Estrelas-30 Aniversario, actuará el día 7 de marzo, sábado, a las 18:30 y a las 20:30 horas en la Iglesia de San Francisco, de Viveiro, dentro del programa de difusión cultural ADRAL, que promueve la Xunta de Cofradías de la semana Santa de Viveiro.
La Xunta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro anuncia que “activa una sesión adicional del concierto de Carlos Núñez. Ante la elevadísima expectación que levantó el concierto, pues tras apenas 3,5 días de venta están las entradas casi agotadas, la Xunta de Cofradías ha acordado con el artista activar una sesión adicional del concierto A Irmandade das Estrelas 30 Aniversario. Las entradas de la sesión adicional estarán disponibles desde el viernes 30 a las 10:00 horas en Ataquilla.com y físicamente en la Oficina de...
leer másA asociación Esperanza Loita Contra o Cancro organiza un concerto benéfico na Casa da Cultura de Burela para o día 7 de febreiro, sábado, ás 20:00 horas.
“En Esperanza xa temos listo o próximo evento co que conmemoraremos o día mundial da loita contra o cáncer. O III concerto benéfico Esperanza xa está en marcha. Por iso desde aquí invitámoste a vivir unha noite máxica onde cada acorde será un abrazo e cada entrada unha oportunidade de vida. Non é só música, é a nosa forma de dicirlles aos que loitan que non están sos. Unamos todas as nosas voces para que a esperanza soe máis forte que nunca. Ven compartir unha noite diferente e inesquecible por unha causa que nos toca a tod@s. Todo o recadado irá destinado a proxectos de investigación para seguir loitando contra o cáncer. E recorda: se non podes asistir podedes colaborar mediante unha...
leer más












