Música
O grupo musical Escolma de Meus, de Viveiro, ofrecerá un concerto no Vicedo este sábado, día 3 de xaneiro. Será ás 19:30 horas na Casa da Cultura.
O Concello do Vicedo anuncia: “comezaremos o ano cultural 2026 cun concerto a cargo do grupo de Viveiro Escolma de Meus. Un día para lembrar grandes cancións da historia da música”.
A Pedreira e Alejandro Vargas ofrecerán en Ribadeo o espectáculo titulado Solsticio de inverno. Será este domingo, día 28 de decembro, ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval.
O Concello de Ribadeo anuncia que é “unha proposta artística chea de música, palabra e emoción”.
Este sábado, día 27 de decembro, ás 19:30 horas a Casa da Cultura de Alfoz acollerá a música en directo da Big Band da Escola de Música de Mondoñedo.
O Concello de Alfoz anuncia que é “unha proposta musical perfecta para pechar o ano con ritmo e bo ambiente”.
A Banda da Agrupación Cultura e Musical Dambara, de Burela, actuará no Vicedo este sábado, día 27 de decembro. Será ás 19:30 horas na Casa da Cultura.
“No concerto da Banda da ACM Dambara de Burela máis de 30 integrantes subirán ao escenario da Casa da Cultura para ofrecernos un concerto de Nadal”, anuncia o Concello do Vicedo.
Continúa o programa Música nas parroquias, organizado polo Concello de Viveiro. Este venres, día 26 de decembro, ás 20:00 horas, na Escola Vella de Galdo actuará a orquestra Trova da Mariña, da asociación de alumnado adulto do Conservatorio de Viveiro. Esta formación musical anuncia que interpretará “temas que recorden as antigas orquestras como a Variedades. Á voz estarán Mario Vale, presidente da asociación, e Marga Insua, gañadora do Festival do Landro, ademais do recoñecido cantante da verbena galega Lolo Castro”.
O grupo musical As Tareixas actuará no Círculo Habanero da Devesa, parroquia do municipio de Ribadeo, este venres, día 26 de decembro, ás 20:30 horas.
É unha actuación para público familiar organizado pola Asociación Cultural A Tribo da Travesía, que anuncia: “o venres 26 temos un concerto moi especial. Vide disfrutar con toda a familia, ata cos máis pequenos, do grupo As Tareixas! Veñen á Mariña despois de dous anos tocando por toda Galiza, logo de gañaren o 2º premio á mellor canción infantil no Concurso Quero Cantar, da Deputación da Coruña. Presentan o disco Santo mandil en Ribadeo, no Círculo Habanero da Devesa. Neste concerto de Nadal na Mariña tamén tocarán temas novos e cancións tradicionais arranxadas para a ocasión. E traerán discos, por se alguén os quere como agasallo de Nadal”.
As...
leer másAgrupacións musicais da Sociedade Cultural Recreativa Ledicia, de Burela, actuarán na residencia de maiores que hai na localidade e na igrexa de Vila do Medio os días 23 e 26 de decembro, respectivamente.
“Mantendo as nosas tradicións de Nadal, o grupo infantil de Ledicia visitará a residencia de maiores o martes 23 ás 18:00 horas, para agasallar aos residentes con Cantos de Nadal, e o grupo de música ao completo (infantil e sénior), ofrecerá un breve concerto de panxoliñas na igrexa de Vila do Medio o venres 26 despois da misa”, anuncia a SCR Ledicia.
A Coral Polifónica de Ribadeo celebra a trixésima edición do seu Festival de Panxoliñas este domingo, día 21 de decembro. Será ás 20:45 horas na igrexa parroquial de Santa María do Campo. Ademais da coral ribadense actuarán a Coral Polifónica de Foz, o Coro Sagrado Corazón e a Coral Polifónica Vilalbesa.
Nesta actividade colabora o Concello de Ribadeo, que anuncia: “a maxia do Nadal chega en forma de música coral. Unha cita imprescindible para vivir o Nadal a través das panxoliñas”.
Na misa deste domingo, día 21 de decembro, ás 12:00 horas haberá un concerto na igrexa de Ferreira do Valadouro para poñer en valor o seu harmonio histórico.
Nesta actividade colabora a asociación cultural Ao compás do río Ouro, que anuncia: “un concerto de Advento para poñer en valor o harmonio histórico da igrexa de Ferreira de O Valadouro. Grazas a Pablo Peláez e Xavier de Acosta, este harmonio foi recuperado. Este domingo 21 poderedes disfrutar dun concerto diferente”.
La asociación Amadores da Música, de Ribadeo, obsequia a sus socios y socias al corriente de pago de la cuota de este año 2025 con una participación de 50 céntimos de euro de Lotería Nacional del número 17.446 para el sorteo extraordinario de Navidad, que se celebrará el día 22 de diciembre, lunes.
Por cuarto año consecutivo la junta directiva de Amadores da Música decidió dárselo a conocer a sus asociados a través de los medios de comunicación al no poder comunicárselo por carta a las nuevas direcciones, como consecuencia del cambio de la numeración en viviendas de Ribadeo. En el año 2021 la mayoría de las cartas enviadas fueron devueltas a la asociación por Correos.
La directiva de Amadores da Música pide a los asociados que comuniquen su nueva dirección postal a través del correo...
leer más












