Música

08/01/2026

A música será protagonista no salón de actos da Casa da Cultura da Pontenova este sábado, 10 de xaneiro, a partir das 20:00 horas, co playback que se celebra tradicionalmente por estas datas.

Esta actividade, organizada polo Concello da Pontenova, conta habitualmente con moita participación e congrega a numeroso público.

07/01/2026

El grupo Escolma de Meus, de Viveiro, ofrecerá un concierto de villancicos en Mondoñedo, este domingo, día 11 de enero.

Será en la Catedral Basílica de la Asunción a las 12:00 horas, cuando se celebrará misa solemne cantada y el concierto de villancicos a cargo de Escolma de Meus.

06/01/2026

A asociación folclórica e cultural A Subela organiza o seu décimo sexto festival solidario. Será este sábado, día 10 de xaneiro, ás 18:30 horas na Sala Bahía de Foz.

A Subela anuncia que contará coa participación da Aula Coral da Escola Municipal de Música de Foz e que a entrada para asistir consiste na doazón de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos de Foz.

Ao remate haberá chocolate con biscoito.

Etiquetas:
04/01/2026

A rapazada do obradoiro de produción musical de Burela, impartido polo artista burelao Nuno Pico, está a preparar un novo himno para a vila. O membro da coñecida banda galega Grande Amore está xa a traballar xunto coas rapazas e rapaces participantes no obradoiro na creación da nova canción, que ocupou a última sesión da actividade o pasado día 30 de decembro.

Esta iniciativa está impulsada pola Concellería de Xuventude do Concello de Burela, e desenvólvese periodicamente na Casa da Xuventude do municipio.

O tenente de alcaldesa e concelleiro de Xuventude e Educación, Mario Pillado, quixo agradecer a Nuno "a súa disposición para impartir este obradoiro, que permite que xente nova de Burela aprenda produción musical da man dun artista que percorre todos os festivais de Galicia e mesmo fóra das nosas fronteiras"....

leer más
03/01/2026

O grupo musical Los Alcántara actuará este domingo, día 4 de xaneiro, en Cervo. Será ás 20:30 horas na Praza do Souto.

“Los Alcántara chegan a Cervo cun concerto para todos os públicos, cheo de ritmo e bo ambiente. Unha cita perfecta para gozar en familia e con amizades”, anuncia o Concello de Cervo.

É unha actividade incluída no programa de Nadal do Concello de Cervo, coa colaboración da Asociación Cultural Airiños do Xunco.

02/01/2026

A cantante portuguesa María do Ceo será a protagonista do Concerto de Reis de Ribadeo, que se celebrará este sábado, día 3 de xaneiro, na igrexa parroquial de Santa María do Campo.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anunciou este venres que “mañá, sábado 3 de xaneiro, ás nove menos cuarto da noite na igrexa parroquial teremos o tradicional Concerto de Reis. Nesta ocasión deleitaranos coa súa voz a cantante portuguesa María do Ceo, interpretando panxoliñas e outras obras. A Coral Polifónica de Ribadeo acompañaraa nalgunhas pezas. Vémonos todos na igrexa”.

María do Ceo estará acompañada por José Salgado (viola de fado), Álex Salgado (guitarra portuguesa) e Alejandro Firvida (piano).

02/01/2026

O Concello de Xove continúa este sábado, día 3 de xaneiro, coa súa programación cultural do Nadal 25-26 cunha proposta musical dirixida a todos os públicos. A cita será ás sete da tarde no salón de actos, onde terá lugar o concerto de Os Acordeonistas da Mariña.

“Este espectáculo musical fará as delicias de todos os afeccionados e afeccionadas a este instrumento tan querido e con tantos adeptos no noso concello. O público poderá gozar dun variado repertorio de pezas interpretadas ao acordeón, nunha actuación que promete emoción, tradición e calidade artística”, anuncia o Concello de Xove, que anima “á veciñanza e visitantes a achegarse e participar nesta actividade, que forma parte dunha ampla programación cultural pensada para dinamizar o Nadal e ofrecer alternativas de lecer e cultura para todas as idades”.

A...

leer más
31/12/2025

O venres 9 de xaneiro ás 20:30 horas actuará no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo) o cantautor cubano Óscar Sánchez.

A asociación cultural A Tribo da Travesía organiza este concerto e anuncia que “Óscar Sánchez, destacada figura no panorama de canción de autor contemporánea cubana, interpretará coa guitarra, o tres e a marímbula diversos xéneros da música cubana. Para darnos unha idea da súa dilatada traxectoria profesional só diremos que no 2019 foi convidado por Silvio Rodríguez a participar no concerto 104 da xira Interminable. Despois de  viaxar por lugares como México, Noruega, Alemaña e España, temos a sorte de poder contar coa súa presenza na Mariña, no Círculo Habanero da Devesa, en Ribadeo”.

O prezo da entrada é de 10 euros.

 

30/12/2025

O grupo musical Escolma de Meus, de Viveiro, ofrecerá un concerto no Vicedo este sábado, día 3 de xaneiro. Será ás 19:30 horas na Casa da Cultura.

O Concello do Vicedo anuncia: “comezaremos o ano cultural 2026 cun concerto a cargo do grupo de Viveiro Escolma de Meus. Un día para lembrar grandes cancións da historia da música”.

26/12/2025

A Pedreira e Alejandro Vargas ofrecerán en Ribadeo o espectáculo titulado Solsticio de inverno. Será este domingo, día 28 de decembro, ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval.

O Concello de Ribadeo anuncia que é “unha proposta artística chea de música, palabra e emoción”.