Música

09/06/2025

A Escola Municipal de Música de Foz ofrecerá catro audicións esta semana, concretamente os días 10, 11, 12 e 13 de xuño. Todas serán ás 20:00 horas.

Este martes haberá unha audición de vento metal e guitarra no Cenima; o mércores será de piano na Casa da Cultura; o xoves, percusión e clarinete no Cenima; e o venres, vento madeira e violín, tamén no Cenima.

 

Etiquetas:
05/06/2025

A décimo sexta edición do Encontro Internacional de Corais Vila de Foz, que é o segundo memorial Carmen Alonso, celebrarase este sábado, día 7 de xuño, ás 19:30 horas na basílica de San Martiño.

Participarán as agrupacións Cor San Dameto, de Palma de Mallorca; Coro Amigos da Música, de Espinho (Portugal); e a Coral Polifónica de Foz, que é a organizadora deste evento, que patrocina o Concello de Foz.

04/06/2025

A escola de  música da asociación cultural Ao compás do río Ouro celebrará  unha festa de fin de curso este venres, día 6 de xuño, ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro.

“Temos o pracer de invitarvos a todos a vir á festa de fin de curso 2025 da nosa escola. Poderedes ver actuar a todo o noso alumnado. Animádevos a vir que estamos seguras de que o ides pasar xenial”, anuncia a asociación cultural Ao compás do río Ouro.

Etiquetas:
23/05/2025

O Coro da Aula de Adultos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro dará un concerto na igrexa das Concepcionistas viveirense este sábado, día 24 de maio ás 20:30 horas.

O Conservatorio de Viveiro anuncia que nesta actuación o coro ofrecerá “un repertorio variado, que abrangue dende versións BSO ata a música pop”.

23/05/2025

A catedral de Mondoñedo inaugurará a súa nova iluminación cun concerto a cargo da Escola de Música O Pallarego, do concello mindoniense, e a Orquestra Clásica de Xove. Será o día 31 de maio, sábado, ás 20:00 horas.

Interpretarán a obra para coro e orquestra Gloria RV589, Re Maior, de Antonio Vivaldi.

19/05/2025

O Conservatorio Profesional de Música de Viveiro dá comezo este martes, día 20 de maio, ao seu ciclo de concertos de fin de curso, que seguirá os días 23 e 24 de maio e prolongarase ata finais de xuño. “Un mes cheo de música, talento e emoción, con actuacións repartidas por distintos espazos da vila”, anuncia o Concello de Viveiro.

Este martes, 20 de maio, haberá concerto da Banda do Conservatorio no salón de actos do propio centro ás 19:45 horas.

O venres 23 de maio o Grupo de Gaitas do Conservatorio ofrecerá unha actuación nas rúas de Viveiro ás 18:30 horas.

E o sábado 24 de maio o Coro de Adultos do Conservatorio actuará na Igrexa das Concepcionistas ás 20:30 horas.

Etiquetas:
16/05/2025

A artista mariñá Carmen Rodríguez Ferreira (ANENA) presenta a súa nova canción, titulada KAMA (mayo), este sábado, día 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas

Carmen Rodríguez Ferreira, nacida en Burela e con familia tamén en Viveiro, ten 27 anos e o seu nome artístico é ANENA. Anuncia o seu próximo lanzamento “como artista emerxente, da canción KAMA (mayo), pop experimental en galego e castelán o 17 de maio (coincidindo co Día das Letras Galegas), reivindicando a miña lingua nativa e íntima. Forma parte dun proxecto máis grande, que consiste nun disco visual. O tema da canción é unha visión de maio como o mes no que comeza a primavera. Un canto á natureza da sexualidade dende o respecto e a intuición. Ten un aire lento acorde á vida mesma, usa elementos da natureza nas sons como parte do imaxinario e combina...

leer más
14/05/2025

O dúo Felisa e Montse, formado polas ex cantantes do grupo Leilía Montse Segade e Felisa Rivera, presentarán en Ribadeo o seu espectáculo titulado Axudádeme a cantar, no que interpretan coplas da tradición oral galega. Será este sábado, día 17 de maio, ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval.

Anuncian que Axudádeme a cantar “pon en valor o patrimonio inmaterial da nosa historia: o cancioneiro popular galego”.

É unha actividade organizada polo Concello de Ribadeo.

14/05/2025

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas este venres, día 16 de maio, ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval.

O director da Banda ribadense, David Ballester Martínez, anuncia que “xusto un mes despois do concerto de Semana Santa a Banda Municipal de Música de Ribadeo vai ofrecer no auditorio Hernán Naval unha actuación para conmemorar o Día das Letras Galegas, as nosas letras. Nós obviamente non podemos narrar letras, pero si as letras musicais e o programa constará dunha parte de música galega ou de composición galega e outra con pezas que non teñen moito que ver coas Letras Galegas. Unha das obras que se interpretará vai ter narración, por parte dunha compoñente da Banda. E hai que salientar que catro das pezas que imos tocar estarán por primeira vez encima dos atrís da...

leer más
12/05/2025

Como presentación da edición deste ano das Xornadas Etnográficas da Mariña, a asociación Tecedeira organiza este venres, 16 de maio, ás 21:00 horas na Praza do Concello de Barreiros, o concerto Traspielas, da cantora galega Su Garrido Pombo, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano ás cantareiras e o cancioneiro popular.

O Concello de Barreiros explica que “Traspielas é unha proposta audiovisual que nace a partir de pezas tradicionais recollidas pola propia artista na súa aldea de Traspielas (Fornelos de Montes). Acompañada por un equipo artístico multidisciplinar, Su Garrido Pombo ofrece unha creación contemporánea que combina música, poesía e imaxes actuais e de arquivo, nun diálogo entre pasado e presente. O espectáculo pon o foco na memoria colectiva, na voz das mulleres e na cultura popular do...

leer más