Música
O XXXV Curso de Formación Orquestral de Xove, que será do 28 de marzo ao 1 de abril, aposta polo proxecto Xente Miúda. Está organizado pola asociación Prestoxove e conta co patrocinio do Concello de Xove.
Nesta edición participarán como profesorado convidado Carmen Varela, responsable da sección de violíns; Nara Carballal, á fronte das seccións de violas e violonchelos; Daniel Roca, encargado da sección de vento; e Baruk Domínguez, que traballará co alumnado da sección vocal do proxecto.
O Concello de Xove explica que “a organización do curso mantén unha estrutura semellante á de anos anteriores. As mañás, en horario de 10:30 a 14:00 horas, estarán dedicadas aos ensaios seccionais e xerais de orquestra no colexio de Palmeiro. Polas tardes, de 16:00 a 19:00 horas, realizaranse ensaios de música de cámara, así como...
leer másO auditorio da Casa da Cultura de Burela acollerá este domingo, día 15 de marzo, ás 18:00 horas un festival infantil de baile e música tradicional. Está organizado pola Sociedade Cultural Recreativa Ledicia, que “no último domingo do inverno anima a asistir a un Festival Infantil de Baile e Música Tradicional onde a xente miúda das agrupacións participantes nos ofrecerá o resultado do traballo deste longo inverno. Participarán as seccións infantil e xuvenís de Os do 21, de O Vicedo, e SCR Ledicia, de Burela. É unha actividade aberta, polo que convidamos a participar a toda a veciñanza.
Ademais a SCR Ledicia anuncia que está traballando na celebración da XL Feira do Bonito, “sobre a que teremos novidades en breve e para a que se convoca xa concurso de carteis. Nesta ocasión as datas de referencia son o 1 e 2 de agosto e a cita será nos...
leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organizará nas vindeiras semanas audicións nas que participará boa parte do alumnado do centro. Estas actividades permiten amosar o traballo desenvolvido ao longo do curso nas diferentes disciplinas que se imparten na Escola.
A primeira das audicións será a do alumnado de clarinete e frauta, que terá lugar o vindeiro martes, 17 de marzo, no Salón de Actos. O calendario continuará coas audicións de corda (18 de marzo), percusión (27 de marzo), vento metal (15 de abril), acordeón (16 de abril), danza (8 de maio no Auditorio) e música tradicional (14 de maio). A maior parte das actividades celebraranse nas instalacións da Escola.
Dende a EMMeD de Ribadeo destacan que estas audicións supoñen “un momento especial para o alumnado e as súas familias, xa que permiten...
leer másA novena edición dos Cantos de Taberna que organiza o Concello de Ribadeo coa colaboración da Xunta de Galicia terá lugar o día 9 de maio, sábado.
A concelleira ribadense de Turismo, Marta Saiz, anunciou que “xa está en marcha a novena edición dos Cantos de Taberna, unha nova edición dunha actividade que segue mantendo ao longo dos anos moi boa acollida por parte do sector, polos grupos e polo público en xeral”. A edil ribadense contou que se trata “dun evento que nace para impulsar Ribadeo como destino de visita e animar ao consumo en tempada media baixa. Ribadeo sempre tivo moita cultura de cantar polos bares e aproveitando esa sinerxia seguimos a promover esta actividade”. Saiz subliñou que “este ano os Cantos de Taberna serán o 9 de maio a partir das oito da tarde. A inscrición estará aberta ata 30 de abril a través do correo...
leer másO Grupo de Cámara do Conservatorio de Música de Viveiro actuará na igrexa das MM Concepcionistas, da cidade do Landro, este xoves, día 12 de marzo, ás 20:30 horas.
O Concello de Viveiro destaca que “o talento local protagoniza unha nova cita dentro do programa ADRAL 2026. Este xoves, 12 de marzo, o Grupo de Cámara do Conservatorio de Música de Viveiro ofrécenos un concerto nun marco incomparable”.
Foz acogerá una masterclass de viento metal y banda a cargo de Xabi Doural los días 14 y 15 de marzo
Foz acogerá los días 14 y 15 de marzo, sábado y domingo, una masterclass de viento metal y banda a cargo del músico Xabi Doural.
La Banda de Música de Foz anuncia que “los días 14 y 15 de marzo de 2026 tienes una oportunidad única de aprender, crecer y perfeccionar tu técnica con uno de los grandes referentes del viento metal. Si eres alumno, músico de banda o simplemente amante de la música, esta masterclass te permitirá: mejorar tu sonido y control técnico; trabajar repertorio y musicalidad; aprender de la experiencia profesional de Xabi Doural; compartir y disfrutar con otros músicos”.
Será en las instalaciones de la Banda de Música de Foz. Para participar hay que inscribirse previamente y las plazas son limitadas.
O Concello de Viveiro anuncia que o Conservatorio Profesional de Música de presenta a súa programación de actividades para o mes de marzo, con concertos e audicións abertas ao público que “amosan o talento do alumnado e o traballo das distintas especialidades”. Haberá actuacións os días 10, 20, 25 e 25 de marzo.
Para este martes, 10 de marzo, ás 20:30 horas está programado un concerto do grupo de cámara no salón de actos. O día 20 ás 19:00 horas haberá unha audición de clarinete. Para o 24 de marzo están previstas dúas actuacións: unha audición de saxofón na Aula 29 ás 18:30 horas e outra de vento metal no salón de actos ás 19:30 horas. E o día 25 de marzo haberá unha audición de guitarra eléctrica ás 17:30 horas na Aula 29.
Os grupos de punk folk Skontra e Bestas actuarán en Ribadeo este sábado, día 28 de febreiro. Será no Cine Teatro ás 21:30 horas.
Está organizado pola asociación Catro Caños, promotora do Vendaval Fest, que anuncia: “o vindeiro 28 de febreiro chega unha noite de puro punk e folk ao Cine Teatro de Ribadeo. Desde Xixón chega Skontra con toda a súa potencia sobre ó escenario; levan dúas décadas de historia dende a súa formación en 2001. O seu son mestura sen complexos ritmos punk, hardcore, ska e folk asturiano, creando un estilo único cheo de enerxía, celebración e unha mensaxe socialmente consciente. E desde A Coruña, Bestas, cun son fresco e directo, conectando a raíz ca modernidade, cunha forza salvaxe e divertida. Unha conexión instantánea co público para poder desfrutar do frenético directo”.
O concerto de clausura do III Encontro de coros infantís e xuvenís da Mariña Lucense celebrarase este domingo, día 1 de marzo, no auditorio municipal de Burela, ás 13:00 horas.
O Concello anuncia que “Burela acolle un ano máis Mariña en Canto, o Encontro de coros infantís e xuvenís da Mariña Lucense, organizado pola Fundación Xesús Bal y Gay. Unha cita que reúne arredor de 300 nenos e nenas para compartir a música coral e o canto en grupo. O encontro rematará co concerto de clausura, que terá lugar o 1 de marzo ás 13:00 horas no Auditorio de Burela”.
A Banda de Música O Landro, de Viveiro, presentou a tempada 2026 de actividades, que, baixo o título Camiños sonoros, ofrece unha programación que recolle actuacións e propostas formativas entre marzo e decembro.
A tempada comezará en marzo co concerto Éxodo, enmarcado no Programa de Difusión Cultural ADRAL. En abril a Banda participará nos actos da Semana Santa de Viveiro. Entre maio e xuño está previsto un ciclo de concertos, Matinais no Templete, ademais do acompañamento do Corpus Christi. Xa en xullo o programa inclúe obradoiros de construción de instrumentos musicais con material de reciclaxe.
No mes de agosto levará a cabo unha actuación na Praza Maior, no marco das festas patronais. En novembro celebrarase o concerto de Santa Icía Os Soños na Gaiola, concibido para banda...
leer más












