Teatro

Etiquetas:
16/01/2017
Leo Bassi actuará o 4 de febreiro no auditorio municipal de Ribadeo. As entradas xa están á venda.
 
A Concellería de Cultura ven de presentar a a axenda de actividades para este primeiro trimestre do ano na que destacan a celebración de charlas con escritores en centros de ensino, o ciclo de cine Proxecto-R, concertos de música, os actos do Entroido e a actuación de Leo Bassi o vindeiro 4 de febreiro.
 
O edil Farruco Graña anunciou que “temos no plano literario algúns actos discretos, pero ben importantes para nós, porque seguimos insistindo en achegar o mundo das letras aos centro de ensino. Mañá mesmo María Solar estará no IES de Ribadeo para falar da súa obra As horas roubadas. Máis adiante tamén nos visitará María Reimóndez nun acto ao que asistirán os dous centros educativos, tanto o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo como o Sagrado Corazón”.
 
... leer más
Etiquetas:
16/01/2017
O 4 de marzo chegará a Viveiro "Pitusa Semifusa", un espectáculo participativo e teatral pensado para @s máis pequen@s.
 
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o concerto infantil que ofrecerá Pitusa Semifusa o día 4 de marzo ás 18:00 horas.
 
Con instrumentos de xoguete Xiana Lastra, caracterizada de Pitusa Semifusa, Olga Brañas como a súa avoa directora de orquestra, e Sergio Tannus como o seu irmán Xabier, van explicándolles aos cativos e cativas os aspectos dos instrumentos musicais e da familia á que pertencen cada un deles.
Pitusa Semifusa é un espectáculo participativo e teatral pensado para os máis pequenos, con algunha coreografía sinxela coa que pasen un bo rato achegándose á música.
 
Este concerto está organizado por Agadic e conta coa colaboración do Concello de Viveiro.
 
Etiquetas:
09/01/2017
Xa están á venda en Burela as entradas para "Menú da Noite" e "La Bella Durmiente". E aberta tamén a inscrición para participar no rastrillo popular do 15 de xaneiro.
 
A Concellería de Cultura pon desde hoxe á venta as entradas para o espectáculo Menú da Noite de Carlos Blanco e Luis Davila, e o musical La Bella Durmiente. Os prezos son 8 euros en anticipada e 10 € en taquilla. Tamén hoxe ábrese a inscrición para participar no vindeiro rastrillo popular que terá lugar o domingo 15, na praza da Mariña. 
 
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anuncia que “hoy, lunes, empezamos la inscripción para el próximo rastrillo popular de Burela, en la praza da Mariña, como siempre. Una nueva edición de este rastro que intentamos consolidar aquí en Burela cada segundo domingo de mes. A través da Casa da Xuventude canalizamos las inscripciones, llamando ahí o por correo electrónico. El número de teléfono al que se puede llamar es el 982 58 11 41 para inscribirse en el...
leer más
Etiquetas:
05/01/2017
A Fundación Eu Son representará en Xove "A morte dun caniche". Será o 7 de xaneiro con entrada libre e gratuíta.
 
O programa de Nadal do Concello vai ter pasado mañá, sábado 7 de xaneiro,  unha cita moi especial, xa que imos ter a fortuna de recibir ao grupo de teatro da Fundación Eu Son de Burela, integrado nesta ocasión por 11 persoas, que nós van por  en escea a obra “A norte dun caniche”. A función vaise desenvolver no Salón de Actos do Centro Cívico, a partires das 20:00 horas con entrada libre e gratuita para todos os públicos.
 
É a segunda ocasión que o grupo de teatro da Fundación actúa en Xove, xa que tamén estiveron na programación de Nadal de 2014. Dende o Concello aproveitamos para agradecerlle á Fundación Eu Son de Burela esta presencia en Xove, que esperamos sexa do agrado de tódolos asistentes. Lóxicamente, dende o Concello invitamos a todos os xovenses e visitantes a que acudan a esta...
leer más
Etiquetas:
02/01/2017
Estreas de cine, teatro e o musical "La bella durmiente" son algunhas das propostas culturais do Concello de Burela para xaneiro.
 
A Concellería de Cultura ven de presentar a programación para este mes de xaneiro na que destaca a estrea da película Sicixia, teatro con Carlos Blanco e Luis Davila, e o musical La Bella Durmiente, que se representará o día 27. 
 
O concelleiro de Cultura, José Díaz, salientou que “hay varios eventos en este mes de enero, pero quizás destacaríamos por encima de todos a tres de ellos. El primero en orden cronológico sería el estreno aquí de la última película de Ignacio Vilar, que es el film Sicixia. Ignacio Vilar es el director de A Esmorga, una película de 2014 que estuvo muy premiada y también tuvo esa nominación incluso a los premios Goya, una gran película. Ahora regresa Ignacio Vilar con esta otra titulada Sicixia que podremos ver aquí en el auditorio municipal el día 14 de enero a...
leer más
Etiquetas:
28/12/2016
O 30 de decembro chegan a Burela Os Rockenstein, un musical familiar que fará as delicias de nen@s e adultos. As entradas en venta anticipada pódense mercar por 5 euros.
 
O musical dirixido ao público familiar Os Rockenstein, estará en Burela este venres, 30 de decembro, no auditorio municipal  ás 19:00 horas. As entradas aínda poden adquirirse en venta anticipada ao prezo de 5 euros. Na billeteira o día do espectáculo custarán 7 euros. 
 
O concelleiro de Cultura, José Díaz, lembrou que “de cara a este fin de semana que llega que es ya el último del año, creo que tenemos una buena propuesta para cerrar la programación cultural de todo este 2016 que nos queda atrás con muchísimos eventos que sacamos adelante con muy buena respuesta del público como siempre. Esta última propuesta es un musical no infantil, habría que catalogarlo como familiar y además de muchísima calidad. Tuvimos aquí una obra de teatro de esta misma compañía, Mala Sombra, que era Descanse...
leer más
Etiquetas:
14/12/2016

O local social da localidade focense de Marzán acollerá este venres, día 16, ás 20:45 horas unha representación teatral a cargo do grupo Pico do Castro que ofrecerá a obra titulada O Consultorio.

Esta actividade está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e a asociación de veciños O Torques, de Marzán.

Etiquetas:
13/12/2016
En Foz o local social de Marzán acollerá o 16 de decembro unha representación teatral a cargo do grupo Pico do Castro.
 
O local social da localidade focense de Marzán acollerá este venres, día 16, ás 20:45 horas unha representación teatral a cargo do grupo Pico do Castro que ofrecerá a obra titulada O Consultorio.
 
Esta actividade está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e a asociación de veciños O Torques, de Marzán.
 
Etiquetas:
13/12/2016
Teatro infantil o 17 de decembro no Pastor Díaz, en Viveiro. Pérez & Fernández porán en escena "O poder de Amabel".
 
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle o sábado, 17 de decembro, a obra "O poder de Amabel", a cargo de Pérez & Fernández.
 
"O poder de Amabel" é unha peza de teatro de monicreques e actores para público familiar baseada na noela infantil de Érica Esmorís. Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo,embarcarase en aventuras ben peculiares. Un reencontro de dous amigos xa adultos, no que lembrarán un especial outono que viviron xuntos no 82, un dos seus primeiros recordos de nenos, eses anos que debemos volver para sentirnos na nosa verdadeira patria: a infancia.
 ...
leer más
Etiquetas:
09/12/2016
Trípode e Amigos estarán o 10 de decembro con "A panxoliña máis fermosa" en San Miguel de Reinante e o 18 en Ferreira do Valadouro.
 
O grupo Trípode e Amigos estará o sábado, 10 de decembro, ás 18:00 horas, en San Miguel de Reinante coa obra A panxoliña máis fermosa.
 
Con esta representación colaboran nunha iniciativa de Cáritas para recabar fondos para os máis necesitados.
 
O grupo volverá actuar con esta obra o 18 de decembro, ás 20:00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro.
 
A panxoliña máis fermosa, estreada en Alfoz o pasado mes de agosto, son dúas horas de música e humor e está interpretada por Cachín, Santiago Quirós, Pepe Peinó, Alberto Níñez, Susi Paz, Sandra Amieiro, Raquel Amieiro, Mónica Díaz e Leni Níñez.