Teatro

Etiquetas:
22/09/2020

O Concello de Alfoz organiza a A Maxia da Igualdade a cargo de David Méndez. Será este sábado, 26 de setembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura.

É un espectáculo didáctico no que, a través dunha escenificación máxica versátil e áxil, a maxia convértese nunha ferramenta de fomento da igualdade, ao facilitar o desenvolvemento de factores como a autoestima, a creatividade ou as habilidades sociais, que poden previr determinados comportamentos. Non se trata dunha fórmula máxica senón dunha ferramenta máis de prevención.

A actividade enmárcase na campaña Ler conta moito a través da Rede de Bibliotecas Públicas. 

 

Etiquetas:
17/09/2020

A Casa da Cultura, de San Ciprián, acolle o venres, 18 de setembro, o espectáculo Divas de Diván, Contos Eróticos para abrir boca.

A representación terá lugar ás 20:00 horas, con entrada de balde. O aforo será limitado como medida de prevención do covid e é obrigatorio o uso de máscara.

A obra está protagonizada por Vero Rilo, Ángeles Goás e Carmen Conde, que se xuntan arredor dunha mesa para, mentres pican queixo de tetilla, comparten uns chouriciños e proban que pimentos pican e cales non, contarnos historias da erótica do noso país.

 

Etiquetas:
11/09/2020

A Biblioteca Municipal de Ribadeo promove unha sesión de contacontos o mércores da vindeira semana, día 16 de setembro.

O espectáculo, titulado Cantacontos, corre a cargo de Migallas Teatro e está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre 4 e 11 anos. Dará comezo ás 17:30 horas e, por motivos de aforo e seguridade, terá lugar no Teatro de Ribadeo.

A actividade enmárcase no programa Ler conta moito, no que participa a Biblioteca El Viejo Pancho de Ribadeo, e nela os contos tradicionais ou de creación propia son arrequentados con cancións, música ou sons que continúan a espertar emocións nas nenas e nenos.

 

Etiquetas:
10/09/2020

Alfoz acolle o sábado, 12 de setembro, a obra teatral Relatos negros, de Manuel Maquiña e dirixida por Darío Autrán. 

A cita terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura as 20.00 horas e a entrada será gratuíta cun aforo limitado a 50 persoas. As entradas poderán recollerse no Concello ata o 11 de setembro. En caso de quedar algunha localidade dispoñible o sábado, as entradas poderán recollerse antes da función na entrada da Casa da Cultura.

Dende o Concello recordan que é obrigatorio cumprir coas normas de hixiene e seguridade vixente e será necesario o uso da máscara durante todo o evento.

Organizan: Concello de Alfoz, Rede de Bibliotecas Públicas e a Consellería de Cultura e Turismo. 

 

Etiquetas:
19/08/2020

O  Concello de Ourol acollerá o vindeiro 6 de setembro á formación teatral  Dinamia Teatro, que chega coa súa obra “La  Pimentera”, unha idea orixinal de Miguel Fernández e que conta con  guión e dirección de  Tatyana Galán. A cita será no Edificio Multiusos do  Concello ás 17:00 horas. 

Esta nova representación teatral trata sobre o papel das mulleres no ámbito rural. Tras a obra, realizarase un foro participativo onde os asistentes terán a oportunidade de reflexionar sobre o papel da muller na sociedade actual. Esta actividade enmárcase dentro do programa de actividades que teñen como finalidade o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero, e conta tamén co financiamento do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade. 

Para este acto será obrigatorio cumprir...

leer más
Etiquetas:
20/07/2020

O Concello de Foz organiza un ciclo de teatro infantil que se desenvolverá desde mañá, martes, ata o 25 de agosto no pavillón do colexio Número 1. Foi presentado esta tarde polo alcalde, Fran Cajoto, e o concelleiro de Cultura, Héctor Moris.

Os espectáculos serán todos ás 21.00 horas e con entrada gratuíta. Haberá limitación de aforo e será obrigatorio a asistencia con mascarillas.

Fran Cajoto explicou que “este ano 2020 é un verán un pouco distinto porque temos que aprender a utilizar a mascarilla, andar con sentidiño en todos os ámbitos da vida e usar ese distanciamento social. Pero non nos podemos esquecer da cultura e en Foz gústanos moito que, tanto para os veciños como para os visitantes, en tempada de verán haxa actividades que fagan aínda máis atractiva a vila e sexan unha escusa perfecta para gozar de Foz...

leer más
Etiquetas:
17/04/2020

Grupos de teatro afeccionado da Mariña luguesa veñen de gravar un vídeo reivindicativo do traballo desenvolvido por todos eles para lembrar nestes días de confinamento.

Estas organizacións salientan que “vivimos tempos difíciles nos que todos os ámbitos da nosa vida se resenten, entre eles o da cultura. A Mariña lucense leva sendo nos últimos anos un referente no mundo do teatro afeccionado, moitos grupos e moita xente trasladan aos escenarios as súas inquedanzas culturais. Todo un mundo de persoas e de artistas que agora co confinamento esmorece na casa. Porén, os teatreiros non nos rendemos, levamos o teatro nas veas e, a soas ou acompañados, seguimos actuando porque actuar é vivir. Entre todos gravamos un vídeo reivindicativo do noso traballo teatral e animamos á xente a resistir para saír adiante despois destes tempos complicados. Aquí...

leer más
Etiquetas:
11/03/2020

O edificio multiusos de Ourol acolle este domingo, 15 de marzo, ás 17:00 horas a representación La Pimentera, teatro foro sobre o papel das mulleres nos pobos.

É unha idea orixinal de Miguel Fernández, con guión e dirección de Tatyana Galán.

A representación ten lugar con motivo da celebración do Día da Muller e ao seu remate realizarase un foro participativo onde as persoas asistentes terán a oportunidade de reflexionar sobre o papel da muller na sociedade actual.

Esta actividade está financiada con cargo ao Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad e o Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

 

Etiquetas:
11/03/2020

Ghazafelhos Teatro presenta As pitas baixo a choiva. Será este sábado, 14 de marzo, ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro.

É unha comedia dirixida ao público infantil maior de 5 anos. Trátase dunha adaptación de Pepepablo Patinho da peza de Carbalho Calero.

Conta a historia de Ludivina e Tereija que son dúas pitas que viven no curral da Barreira e que están agardando a visita de Ricardiño, o neno que ven ás veces a xogar con elas. Pero temen que ese día chova pois cando isto pasa Ricardiño tolea e perségueas ata pechalas no curral. Coa axuda do galo Chafaris e o raposo Rosende, tentarán que o neno deixe de tolear coa choiva e sega a xogar con elas.

 

Etiquetas:
08/03/2020

En Augaxosa, a fermosa parroquia de Riotorto, a medio camiño entre Lourenzá, Riotorto e A Pontenova o vindeiro sábado, 14 de marzo, ás 21,00 horas, o Grupo Teatral O Centiño, de San Martiño, recuperará de novo a figura de Eduardo Pasmarote, o indescritible presentador de televisión que se converte en superheroe despois de inxerir inxentes cantidades de guindilla. De novo poderemos ver os programas "Al loro", "Repolos e centolos", o "Noticiario"... e tamén as complicadas relacións de Romualdo, Jacky e Pinky, Betti Gutiérrez, Manuela Tormentas e Ana Rosa, sobre todo cando teñen que enfrontarse aos dous miserables ladróns, tan inofensivos como torpes, Triquiñuela e Carajillo.

Dende Augaxosa, descendendo en grandes riadas dende a montaña, baixarán as risas e a alegría do Centiño, convertidas en teatro.