Teatro

Etiquetas:
29/06/2016
O espectáculo "Máxico Circus Cabaret" poderase ver este domingo, 3 de xullo, en Barreiros no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
 
O espectáculo Máxico Circus Cabaret representarase este domingo, día 3 de xullo, en Barreiros.
 
Este espectáculo, de Cayetano Lledó, é unha fusión de teatro e maxia. A historia conta como o patrón dun circo no que xa non traballa ninguén pola crise, vese na obriga de parodiar aos artistas do espectáculo para que o circo poida continuar. Mais as cousas vanse complicando ao longo da representación.
 
Marcus Circus Cabaret está destinado ao público de todas as idades e porase en escena no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partir das 20:00 horas.
 
A representación está...
leer más
Etiquetas:
17/06/2016
O Concello de Barreiros celebra o remate do curso coa representación de "Espantallo Amigo" o vindeiro luns, 20 de xuño.
 
O remate do curso escolar celebrarase en Barreiros coa representación de "Espantallo Amigo" a cargo de Os Quinquilláns.
 
Esta actividade está dedicada especialmente ao remate do curso escolar dos nenos e nenas dos colexios do concello. O grupo Os Quinquilláns porá en escena a obra Espantallo Amigo sobre o texto de Xosé Neira Vilas. Está dirixida a un público familiar.
 
A representación terá lugar o luns, 20 de xuño, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro ás 11:30 horas. A entrada é gratuíta.
 
Organiza o Concello de Barreiros.
 
Etiquetas:
15/06/2016
Fin de semana chea de actividades culturais en Burela do 17 ao 19 de xuño para os públicos infantil e adulto.
 
Este venres, 17 de xuño, ás 21 horas na Casa da Cultura La Smorfia Teatro porá en escena “La primera mujer en la tierra”, que protagoniza a actriz de orixe burelés e pregoeira das pasadas festas patronais, Rosalía Castro. 
 
O sábado, día 18, haberá marionetas para os máis pequenos con Trécola, a partir das 17:30 horas tamén na Casa da Cultura. 
 
E tamén a Concellería de Cultura, Xuventude, Sanidade e Educación a través do Programa de Dinamización Lingüística FalaRedes 2016 da Secretaría de Política Lingüística, organiza a actuación  “Todo me fala de ti” dirixido a público familiar. Trátase dun espectáculo musical no que Magín Blanco, Uxía e Santi...
leer más
Etiquetas:
15/06/2016
A Casa da Cultura de San Ciprián acollerá este sábado, 18 de xuño, dúas representacións a cargo dos alumnos do taller de teatro infantil Pimpim.
 
A Casa da Cultura de San Ciprián acollerá este sábado, día 18, a partir das 20 horas dúas representacións teatrais, Caracola 1982 e Farillóns 1950, a cargo dos alumnos do taller de teatro infantil Pimpim e a presentación do libro Os Bolechas visitan Cervo.
 
A concelleira de Cultura cervense, Dolores García Caramés, explica que “o taller de teatro Pimpim cada vez conta con máis participantes, pois este ano incorporáronse 4 e actualmente hai 44 alumnos en dous grupos, un de 18 e o outro de 26. Son nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos. Levan desde marzo preparando as obras todos os venres e estas últimas semanas ensaian un pouco máis porque estrean este sábado as dúas obras, que tratan sobre dous naufraxios que...
leer más
15/06/2016
Este domingo, 19 de xuño, en Barreiros MalaSombra Producións representa a obra "D.E.P. Unha comedia de morte".
 
Este domingo, 19 de xuño, en Barreiros a compañía MalaSombra Producións representará a obra D.E.P. Unha comedia de morte. 
 
A obra narra desde o sentido do humor a pelexa entre dous irmáns pola herdanza da súa nai que aínda está viva.
 
Porase en escena no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partires das 19:00 horas.
 
Esta representación inclúese no programa Cultura no Camiño 2016, que leva a cabo a Xunta de Galicia. Tamén organiza AGADIC e colabora o Concello de Barreiros, a través da Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.
 
Etiquetas:
14/06/2016
Os Bolechas estarán en Viveiro o vindeiro 25 de xuño. A entrada será gratuíta e o aforo limitado. Cada persoa poderá retirar un máximo de catro entradas.
 
Os Bolechas van ás Olimpíadas estarán en Viveiro o 25 de xuño a partir das 18 horas. A actuación enmárcase no programa de dinamización lingüística FalaRedes.
 
A entrada será gratuíta e o aforo limitado. A taquilla estará aberta a partir das cinco da tarde. Cada persoa poderá levar un máximo de catro entradas. 
 
Etiquetas:
08/06/2016
Cándido Pazó chega a Burela este venres, 10 de xuño, con "Qué comerá o Rei?". Así se celebrará o Ano Castelao na vila.
 
O Ano Castelao 2016 celebrarase en Burela da man da Área de Cultura da Deputación coa representación de Qué comerá o Rei?  a cargo de Cándido Pazó. Será este venres, 10 de xuño, ás 21:00 horas no auditorio da Casa da Cultura. A entrada será libre.
 
Qué comerá o Rei? é un espectáculo de narración oral (contos, monólogos cómicos...), é polo tanto un espectáculo de produción lixeira, un espectáculo para todos os públicos , unha sesión de historias e contos inspirados nos textos e debuxos de Castelao.Un espectáculo que, coa palabra como única ferramenta, procura o humor agudo e tenro, a expresión sinxela e sutil e o trazo delicado e potente do xenial artista.
 
Etiquetas:
17/05/2016
"Impreuna", o espectáculo de Pistacatro chega este sábado, 21 de maio, a Viveiro. Haberá malabares, acrobacias e clowns.
 
O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle este sábado, 21 de maio, ás 20:30 horas, o espectáculo de novo circo Pistacatro, que pon en escena "Impreuna".
 
Trátase dun espectáculo mergullado íntegramente nos códigos artísticos do circo con malabares, acrobacias e clowns, sen renunciar á fusión con outras artes como a danza, o teatro físico e a comedia. A función descubre ao espectador a vida interior do circo a través das vivencias dunha troupe de sete artistas.
 
Cunha duración dunha hora este espectáculo está dirixido a un público adulto.
10/05/2016
Este sábado, 14 de maio, Cándido Pazó presenta "Qué comerá o rei?", en Viveiro.
 
Este sábado, 14 de maio, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, Cándido Pazó presentará o espectáculo Que comerá o rei?.
 
Trátase dunha sesión de historias e contos inspirados nos textos e debuxos de Castelao. Un espectáculo que coa palabra como única ferramenta, procura o humor agudo e tenro, a expresión sinxela e sutil e o trazo delicado e potente deste xenial artista.
 
Esta actividade está organizada pola Área de Cultura da Deputación.
 
Etiquetas:
08/05/2016
O teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá o 12 de maio "Pedanca e Oso", un espectáculo aldaolado sobre o amor. Organiza: Pensamento e Sementeira.
 
O xoves, 12 de maio, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, ás 20:30 horas, porase en escena a obra Pedanca e Oso, un espectáculo aldaolado sobre o amor.
 
Trátase das aventuras ou desventuras amorosas de cada un e de cada unha das que xorden paixóns desenfreadas, anos de martirio, cotas altas de felicidade, ansiedades varias, gozos e sombras. Dese caldo de cultivo xorden tamén os poemas que aldaolado recitan no seu espectáculo, poñéndolle moita música e humor ao amor máis romántico e ao máis miserable. Dúas poetas no escenario co corazón aberto en canal e escarallándose.
 
O prezo da entrada é de 5 euros. Organiza o Colectivo Pensamento e Sementeira e...
leer más