Barreiros
17/06/2016
A asociación cultural Irmandade Augas Santas organiza para o 25 de xuño o V Festival Histórico Augas Santas, que terá lugar en Santo Estevo do Ermo en Barreiros.
A xornada festiva comezará ás 10:00 horas cunha ruta a pé desde a Casa do Concello e ás 10:30 horas terá lugar a saída da ruta ecuestre dende Santo Estevo. Ás 12:00 celebrarase a escenificación da entrega da documentación do Rei Silo aos monxes e ás 13:00 horas a misa na honra de Santo Estevo.
O programa continuará ás 13:30 horas coa actuación do grupo O Arco da Vella e ás 14:30 horas haberá un xantar campestre con porquiño e año asados ao espeto. A tarde estará amenizada por Sons do Ermo,...
leer más 15/06/2016
Este domingo, 19 de xuño, en Barreiros a compañía MalaSombra Producións representará a obra D.E.P. Unha comedia de morte.
A obra narra desde o sentido do humor a pelexa entre dous irmáns pola herdanza da súa nai que aínda está viva.
Porase en escena no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partires das 19:00 horas.
Esta representación inclúese no programa Cultura no Camiño 2016, que leva a cabo a Xunta de Galicia. Tamén organiza AGADIC e colabora o Concello de Barreiros, a través da Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.
13/06/2016
Barreiros acolle un campus de baloncesto en dúas quendas, que se desenvolverán do 2 ao 17 de xullo. Os participantes deberán ter entre 8 e 18 anos. A inscrición, que é gratuíta, está aberta e deberá realizarse ao longo desta semana.
O alcalde, Alfonso Fuente, declarou que “o campus de baloncesto que todos estes anos anteriores se viña celebrando en Ribadeo e noutras localidades, este ano trasládase tamén ao concello de Barreiros. Isto posibilita que 20 nenos de Barreiros entre 8 e 18 anos poidan inscribirse de xeito gratuíto neste campus e compartir esta experiencia de baloncesto con outros nenos que chegan de toda España”.
O rexedor barreirense...
leer más 01/06/2016
Barreiros celebra o VI Día Solidario cunha cea-baile benéfica, que terá lugar o día 10 de xuño.
A Rede de Voluntariado Local e o Departamento de Servizos Sociais do Concello organizan este VI Día Solidario. Esta cea terá lugar o 10 de xuño no restaurante A Ribeira a partir das 21:30 horas. O prezo é de 20 euros por persoa, 10 euros no caso dos nenos e nenas ata dez anos. Para asistir é necesario anotarse antes do vindeiro luns, 6 de xuño, no Departamento de Servizos Sociais do Concello, entre as 10:00 e as 14:00 horas, no número de teléfono 982 12 40 02. Durante a cea haberá sorteo de agasallos.
A doazón do recadado será entregada a asociación Ring...
leer más 19/05/2016
Este sábado, 21 de maio, o Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de Barreiros acolle o IV Festival de Habaneras, que organiza a Coral Polifónica barreirense.
Participarán na cita a Coral Polifónica Eumesa de Pontedeume, a Coral Polifónica de Tapia de Casariego e a Coral Polifónica de Barreiros.
O evento comezará ás 20:00 horas e a entrada é gratuíta. Colabora na organización o Concello de Barreiros.
13/05/2016
Barreiros celebra o día das Letras Galegas con teatro e con música o domingo e o martes.
Este domingo, 15 de maio, haberá teatro. O grupo A Adala representará Unha morta moi viva. Será a partir das sete da tarde no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. A actividade está organizada pola Oficina de Información Xuvenil e pola Biblioteca Pública Municipal.
E o martes, 17 de maio, ás 19:30 horas a Coral Polifónica de Barreiros actuará nas Escolas de Celeiro de Mariñaos. A cita foi organizada pola Concellería de Cultura para conmemorar as Letras Galegas.
08/05/2016
A Rede de Voluntariado Local do Concello e as súas voluntarias están a organizar os actos do VI Día Solidario.Segundo explican “nesta ocasión a recadación será doada para a Asociación Ring 14 España, trátase dunha asociación que traballa con familias afectadas dunha enfermidade xenética rara, provocada por alteracións no cromosoma 14. Entre as súas finalidades están divulgar o coñecemento da enfermidade entre os médicos (xenetistas, pediatras, etc.) para que as familias poidan obter unha correcta diagnose, estimular a investigación científica no campo clínico, farmacolóxico, xenético e rehabilitativo, financiando proxectos de investigación e ofrecer apoio ás familias que teñan compoñentes afectados de discapacidades graves”.
O...
leer más 16/04/2016
O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, acompañado dos organizadores da proba, José Carlos Díaz, Xoel Díaz Agustín Pérez, Xesús Seivane e Iván Labrada, participaron na presentación da IV Carreira Popular das Praias, a proba parte da iniciativa de diversos grupos de entidades de Barreiros como son Peña Barcelonista San Miguel, Hotel Ría do Masma, Café Bar Moderno, Casa Elena Turismo Rural, Actiboot, Valea Taxi e Pinturas Centeno.
A Carreira das Praias do 2016 celebrarase o vindeiro 8 de maio e contará con saída en Punta Anguieira a partir das 11 horas da mañá, que será o momento no que tomen a saída ós participantes das categorías infantís, posteriormente, as 11:45 tomarán a saída os participantes da categoría...
leer más 05/04/2016
O Concello organiza unha exposición de libros durante este mes de abril con motivo da celebración do Día Internacional do Libro o vindeiro día 23.
A Concellería de Cultura e a Biblioteca Pública Municipal organizan este mes una exposición titulada ¡¡Abril…Libros Mil!! Con motivo da celebración o pasado día 2 do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o vindeiro día 23 do Día Internacional do Libro.
A mostra recolle as novidades e os libros máis lidos da Biblioteca e pode visitarse na propia Biblioteca, situada no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.
... leer más 31/03/2016
Este domingo, 3 de abril, o intérprete galego Manolo Couto presentará o disco titulado Tesouros Ocultos. Será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro ás 18:30 horas e está organizado pola Concellería de Cultura de Barreiros a través da súa Oficina de Información Xuvenil.
Neste espectáculo musical o cantautor, humorista e intérprete galego presentará o que é o seu cuarto disco e que leva por título Tesouros Ocultos. Este traballo está composto por famosos clásicos do vinilo como Os Panchos ou Pucho Boedo, e composicións do propio Manolo Couto con denuncia de temas de actualidade tales como o maltrato ou os incendios forestais.












