Cursos

Etiquetas:
21/07/2015
Lourenzá acollerá cursos de Eso para maiores de 18 anos a partir do mes de setembro, segundo informa o Concello.
 
O Concello de Lourenzá vai acoller dende o mes de setembro clases de ESO para maiores de 18 anos, especialmente pensadas para todos aqueles que desexen sacar o título oficial nun ano. 
As clases están organizadas polo Espacio Garabatos e na súa posta en marcha colabora o Concello de Lourenzá, o que permite uns custes máis económicos para os alumnos.
Os interesados poden atopar máis información dirixíndose á Biblioteca Municipal de luns a venres en horario de 17 a 20 horas durante este mes de xullo, pois en agosto estará pechada. Outras opcións son o correo electrónico formación@espaciogarabatos.com e o teléfono 693.06.53.74.
 
Etiquetas:
02/07/2015
O Concello de Lourenzá organiza un curso de técnicas de estudo para nen@s de 10 a 14 anos. Dará comezo o 27 de xullo.
 
O Concello de Lourenzá organiza un curso de técnicas de estudo para nenos e nenas de 10 a 14 anos de idade, que comezará o día 27 deste mes de xullo.
 
A alcaldesa, Rocío López García, anunciou que “para este verán o Concello de Lourenzá poñerá en marcha un curso de técnicas de estudo destinado a mellorar o rendemento escolar. Os destinatarios deste programa son os nenos e nenas de 10 a 14 anos. A duración do curso é de 15 horas repartidas en 3 días á semana (luns, mércores e venres) en sesións diarias de hora e media”.
 
A rexedora municipal engadiu que “o inicio do curso é o 27 deste mes de xullo e para anotarse os alumnos poderán pasar pola biblioteca...
leer más
Etiquetas:
17/06/2015
O Concello de Barreiros organiza dous cursos de verán para rapaces de 7 a 10 anos. Serán en xullo e en agosto.
 
A biblioteca pública municipal e a Omix organizan un Obradoiro práctico de pintura. Técnica mural, que terá lugar do 10 ao 29 de xullo no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Será os luns, mércores de venres de 11 a 13 horas e está dirixido a rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 7 e os 30 anos.
Xa en agosto haberá un Obradoiro de danza moderna. Será do 3 ao 17 dese mes de luns a venres de 10:45 horas a 13:15 horas e tamén está dirixido a rapaces de 7 a 30 anos. Este obradoiro, tamén gratuíto, impartirase no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. 
Segundo informa o Concello as prazas son limitadas e ocuparanse por orde de inscrición. Os obradoiros son gratuíto.
 
Etiquetas:
17/06/2015
Do 22 ao 29 de xuño terá lugar o segundo módulo do programa "Ribadeo medra contigo". A vindeira semana tamén haberá dous obradoiros.
 
Segue o programa "Ribadeo medra contigo" do Concello co segundo módulo destinado a empresas e emprendemento, que terá lugar do 22 ao 29 de xuño. 
Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local sinalan que “o entorno 2.0 dixital actual marca unha nova realidade e necesidade que as empresas teñen que integrar e adaptar; estar presente na rede, a interrelacións cos clientes a través das redes sociais é unha nova forma de intercomunicación cos usuarios reais e potenciais. Para elo presentamos o curso de Marketing, Social Media e Web, que nos axudará a realizar o plan de marketing da nosa entidade, achegáranos a novos modelos de comercialización online e fidelización do cliente, á web, e a outros recursos 2.0 que está a noso alcance e nos poden axudar ao posicionamiento e...
leer más
Etiquetas:
17/06/2015
A ACD Xove organiza novos cursos de surf durante o verán. Serán de iniciación e perfeccionamento e impartiranse en xullo e agosto.
 
Desde a ACD Xove explican que “este ano como en anos anteriores solo imos facer unha actividade deportiva para o verán que será a de  surf na praia de Esteiro  e  impartido pola  Escola Galega de Surf  que estará organizada da seguinte forma:
 
CURSO DE INICIACION O SURF (PARA PRINCIPIANTES)
•Para nenos-as e rapaces-zas con + 7 anos (2º Primaria) 
•Os que empecen por primeira vez, ou empezaron por primeira vez o ano pasado van ter a actividade totalmente gratuíta.  
•Datas: Primeira quincena do mes de xullo (1 ó 15). Todos os días, de luns a  venres (11 dias). en horarios por determinar segundo as mareas. 
... leer más
Etiquetas:
04/06/2015
A sección de piragüismo do CD San Ciprián volve ofrecer un ano máis cursos de iniciación gratuítos. Será do 16 ao 18 de xuño no encoro de Río Covo.
 
A sección de piragüismo do CD San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo ofrece unha nova edición do curso gratuíto de iniciación ao piragüismo que se adoita impartir todos os anos na época estival. O alcalde en funcións, Alfonso Villares, o edil de Deportes en funcións, Luis Guillén, e o monitor de piragüismo, Javier García Garza deron a coñecer hoxe os detalles da actividade.
 
En concreto, o curso impartirase os días 16, 17 e 18 deste mes de 16:30 a 18:00 horas no encoro de Río Covo e está dirixido a nenos de 8 a 12 anos. Para poder participar só é preciso inscribirse chamando ao teléfono 619 576 386 ou enviando un correo a piraguismosanciprian@gmail.com 
... leer más
Etiquetas:
27/05/2015
Comeza a segunda fase do programa "Ribadeo medra contigo". Consta de tres módulos, dos que dous arrincan en xuño.
 
En Ribadeo da comezo a segunda parte do programa Ribadeo medra contigo,  que estará destinada a dinamizar e impulsar as pequenas empresas e a mellorar a xestión do seu negocio. Esta segunda fase está composta de tres módulos: xestión administrativa, márketing e marca persoal. O módulo de xestión administrativa será os días 9, 10 e 11 de xuño. A inscrición xa está aberta no Concello. 
A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez dixo que “queremos iniciar a segunda parte deste Ribadeo medra contigo, na que queremos axudar a dinamizar e a impulsar as pequenas empresas e os comercios que estean establecidos dentro do noso territorio. Tamén a esas persoas que están decididas, nestes momentos tan complexos, a emprender. Para iso queremos axudar e poñer en...
leer más
25/04/2015
A Asociación Galega de Apicultura organiza un curso de iniciación os días 1, 2 e 3 de maio no Centro Comarcal A Mariña Central, en Mondoñedo.
 
Para ter éxito no cultivo das abellas hai que formarse previamente. A pretensión destes cursos é formar novos abelleiros e abelleiras e tamén refrescar a adaptar os coñecementos dos abelleiros e abelleiras veteranas a unha actividade que está sufrindo un proceso de cambios acelerados.  A apicultura ofrece moitas posibilidades coma unha actividade multifuncional. A comarca da Mariña Central conta con 200 apicultores, con aproximadamente 3.000 colmeas e unha produción estimada de 60.000 quilos de mel ó ano, que se pode incrementar xa que temos moitos consumidores comarcais ávidos de consumir estes extraordinarios produtos das abellas
O contido do curso inclúe unha parte teórica e unha práctica.  Os participantes adquirirán os coñecementos básicos sobre as abellas, o seu...
leer más
Etiquetas:
25/03/2015
Do 30 de marzo ao 3 de abril terá lugar en Xove o XXV Curso de Formación Orquestral Semana Santa 2015.
 
O salón de actos do centro cívico de Xove acollerá do 30 de marzo ao 3 abril o XXV Curso de Formación Orquestral Semana Santa 2015. O evento, que está organizado por PrestoXove, foi presentado hoxe. E conta coa colaboración do Concello xovense e coa Área de Cultura da Deputación de Lugo. 
Os profesores convidados son: Benxamín Iglesias (trompa), Rebeca Maseda (violín), Nazaret Canosa (violín) e Iván Siso (violonchelo). Os profesores colaboradores son: Manuel Fernández (violín), Olalla Canoura (violín), Saúl Canosa (clarinete), Xulia Nogueira (violonchelo) e Anxo Leitao (contrabaixo). O director do curso é Xan Carballal. 
Ademáis da formación haberá dous concertos. Un concerto de cámara o xoves, 2 de abril, ás seis da tarde. E o...
leer más
Etiquetas:
19/03/2015
Este mes comenzan varios cursos no Centro de Formación Ocupacional de Viveiro. Os asistentes a outros cinco recolleron hoxe os seus diplomas.
 
A delegada territorial, Raquel Arias, visitou hoxe o Centro de Formación Ocupacional de Viveiro e entregou os diplomas dos cursos incluídos no programa de Accións Formativas para Desempregados que se impartiron durante os últimos meses, nos que a Consellería de Traballo e Benestar investiu 283.000 euros.
Arias lembrou que xa está en marcha a programación de 2015, que de momento contempla para este centro tres cursos que comezan este mes: os de operacións de fontanería, calefacción e climatización doméstica; montaxe e reparación de sistemas microinformáticos, e mecanizado por arranque de labra. Tamén está adxudicado o curso de creación e xestión de microempresas, que se impartirá a partir de xullo. 
A programación para o centro de...
leer más