Entroido

Etiquetas:
09/02/2022

O Concello de Cervo recupera a celebración do entroido, que terá lugar na última semana de febreiro, cos desfiles de Cervo e San Ciprián como pratos principais. O cartel completo con todas as actividades programadas será anunciado nos vindeiros días.

O Desfile de Entroido de Cervo, organizado pola asociación Airiños do Xunco, levarase a cabo o domingo 27 de febreiro, mentres que o Desfile de Entroido de San Ciprián celebrarase, como sempre, o martes 1 de marzo. Os dous desfiles realizaranse respectando os protocolos e medidas que as autoridades establezan para esas datas.

A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés celebra que se podan retomar este tipo de eventos e aclarou que “os desfiles desenvolveranse respectando, sempre, as medidas de distancia social e seguridade establecidas na data na que se...

leer más
Etiquetas:
09/02/2022

O grupo de participación adolescente do Concello organiza a Busca do Tesouro para colaborar e animar o Entroido. Será o 25 de febreiro. 

A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, explica que “se trata de superar varias probas polo pobo e encontrar o tesouro agochado. A actividade terá lugar o 25 de febreiro, que é venres, a partir das sete da tarde e ata as dez da noite aproximadamente. É apta para todas as idades e dará comezo na Praza de Abastos”.

Os requisitos para participar son os seguintes: grupos dun máximo de 5 persoas; os menores de 12 anos deberán estar acompañadxs por unha persoa adulta; e ir disfrazadxs.

O grupo gañador recibirá como premio unha comida ou cea no Boas Migas (para os e as integrantes do grupo, máximo 17 euros por persoa, tendo que ir todos e todas xuntas...

leer más
Etiquetas:
07/02/2022

Concello e Acisa asumen neste 2022 a organización do Entroido ribadense. Será unha versión reducida, haberá baile infantil e o desfile o 1 de marzo, no que se repartirán 4.000 euros en premios. Ambas citas estarán adaptadas ás normas sanitarias fixadas en cada momento pola Xunta de Galicia.

O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “temos á volta da esquina as datas do Entroido, queda menos dun mes, un Entroido que desde logo non é como outro ano calquera. En primeiro lugar porque a covid aínda non se foi de todo, a día de hoxe seguimos baixando en incidencia, pero aínda temos numerosos casos que afortunadamente non son situacións tan graves como foron non hai moito tempo. E pola outra banda, porque tampouco houbo comisión de Entroido que puidese facer todas estas actividades previas de recadación de diñeiro para sufragar os diferentes custos...

leer más
Etiquetas:
03/02/2022

O Concello de Xove confirma que, este ano, haberá desfile de Entroido que se celebrará o sábado 26 de febreiro.

A Concellería de Cultura xa sacou as bases do Gran Desfile que percorrerá as rúas de Xove e no que se entregarán 4.910 euros en premios.

Haberá premios nas categorías de Carrozas, Comparsas e Grupos de dez ou máis persoas, Grupos de Adultos de tres a nove persoas, Parellas de Adultos, Individuais de Adultos (de 14 anos en diante), Grupos Infantís de tres a nove persoas, Parellas Infantís e Individuais Infantís. Tamén haberá premios para o disfrace máis orixinal tanto individual como colectivo, para o conxunto máis numeroso, para o participante máis maior e para o participante máis novo. 

 

Etiquetas:
03/02/2022

Vilanova de Lourenzá celebrará o desfile de Entroido este ano. Será, como é tradicional, o Domingo de Piñata, que este ano coincide o 6 de marzo. Da organización encárgase o Concello e colabora a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL).

A alcaldesa, Rocío López, explica que “o tradicional desfile de Entroido de Lourenzá volve celebrarse este ano, despois de que no 2021 se optara por facelo on line. A programación e as bases do desfile daranse a coñecer nas próximas semanas. Estamos a traballar para garantir todo o cumprimento dos protocolos Covid e para que o evento transcorra do xeito máis seguro posible”.

 

Etiquetas:
03/02/2022

A Concellería de Festexos organiza varias actividades do 25 de febreiro ao 2 de marzo para celebrar o Entroido. Os actos foron presentados hoxe por Toñi Eijo. 

A edil burelesa explicou que “o 25 de febreiro, que é venres, haberá un xogo de busca do tesouro. O 27 será o desfile, que empezará ás cinco da tarde e ao remate haberá o acto de entrega de premios, cun DJ e chocolatada”. En total no desfile vanse repartir arredor de 2.000 euros en premios. 

A concelleira de Festexos subliñou que “as persoas que participen no desfile deberán facelo empregando mascarilla e atendendo a todas as medidas sanitarias que teñamos en vigor nese momento”. 

Toñi Eijo seguiu a relatar que “o día 28 farase un taller de cociña na Praza da Mariña, dedicado aos doces típicos do Entroido, para o que hai que...

leer más
Etiquetas:
27/01/2022

O Concello de Foz levará a aprobación ao próximo pleno da corporación municipal, que se celebrará o 3 de febreiro, a presentación do expediente para a declaración do Entroido focense como Festa de Interese Turístico Galego.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “o Entroido da Mariña por antonomasia é o de Foz. Este ano cumprirá a 40 edición do seu desfile (despois do obrigado confinamento e aposta polos medios electrónicos na anterior edición), mais o arraigamento e a existencia da vea carnavaleira en Foz é moito anterior”.

Dende o departamento municipal de Cultura esperan “que a corporación se una para buscar da man o recoñecemento a un evento que fortalece a Foz e une a moitos lugares da Mariña que acoden e comparten a ilusión de sacar un sorriso ao mundo cos seus múltiples traxes, cores e vitalidade”, apunta a...

leer más
Etiquetas:
25/01/2022

En Foz seguen os preparativos para a comida de coroación do Rei do Entroido, que se celebrará o día 19 de febreiro, ás 15:00 horas.

O menú consistirá en pastelón de bonito, sopa de cocido, costela asada ao forno, viños tinto e branco, sobremesa, café e chupito. O prezo da tarxeta é de 25 euros.

As persoas interesadas en participar poden facer a súa reserva no número de teléfono 982 14 00 27-Ext. 3.

 

Etiquetas:
18/11/2021

A asociación O Noso Foz e o Concello están dando as últimas pinceladas á gala que este sábado, día 20, dará a coñecer o nome do rei do Entroido de Foz.

A xornada estará chea de actividades dende o mediodía, no que as charangas comezarán a animar as rúas ata a hora do xantar, para o que a ACIA local e os hostaleiros se prestaron á elaboración de menús para que o Entroido estea presente en toda a vila. A concelleira de Cultura, Inés López Couto, quere “darlle as grazas ao comercio e hostalería focense, por prestarse sempre a colaborar e atender as nosas propostas. Neste caso os menús carnavaleiros estarán presentes no Chícaro, Xoyma, Tangarte, Portochico, O Rincón do Mis, Dandy, As Brasas, O Lar e Casa Damián.”

Ás 17 horas retomarase de novo a música polas rúas e na carpa instalada na praza Conde de Fontao, tamén ás...

leer más
Etiquetas:
09/11/2021

En Foz celebrarase un evento o día 20 de novembro, sábado, para elixir ao rei ou raíña do Entroido 2022. Será na Praza Conde de Fontao ás 19:00 horas, onde tamén haberá actuacións musicais.

Ademais ese día haberá menús especiais na hostalaría de Foz e animación musical polas rúas durante toda a xornada.

Está organizado pola asociación O Noso Foz coa colaboración do Concello e do Centro Comercial Aberto de Foz.