Entroido

Etiquetas:
23/02/2022

Este sábado comezan as actividades para os máis pequenos da casa. Na carpa da Praza do Souto ás 12:30 horas haberá unha actuación musical infantil a cargo de Vaia Ritmo. 

E o luns, día 28, na carpa da Praza dos Campos a partir das 17:00 horas terá lugar unha festa infantil con inchables e obradoiros de Entroido. 

Etiquetas:
22/02/2022

A.C.D. As Minas organiza, coa colaboración do Concello de A Pontenova, o Entroido de Tapeo que se celebrará o vindeiro sábado, 26 de febreiro.

Os bares do pobo ofrecerán tapas e pinchos dende as 20:00 horas e haberá sorteo de cestas de entroido para as persoas que asistan disfrazadas.

O domingo, 27 de febreiro, celebrarase un carnaval infantil organizado por C.I.T. A Pontenova coa colaboración do Concello de A Pontenova e a ANPA C.E.I.P. A Pontenova. A festa terá lugar no pavillón municipal Tito Margaride, a partir das 17:00 horas, con xogos, música, baile e taller de máscaras, entre outras actividades.

Turismo de A Pontenova organiza un concurso de fotografía, tanto para adultos como para os máis cativos. É moi fácil participar, segundo os convocantes, “sube a túa fotografía na app, na...

leer más
Etiquetas:
22/02/2022

A Comisión de Festas do Carme do Vicedo organiza un cocido popular que se celebrará o vindeiro sábado, 26 de febreiro.

A festa dará comezo ás 13:30 horas cunha sesión vermú a cargo de JM. O menú estará composto por sopa de cocido, cocido, refrescos e viño, postres, cafés e chupitos. O prezo é de 25 euros.

As persoas interesadas deberán apuntarse, antes do 22 de febreiro, nos números de teléfono: 669 870 888, 605 503 760 e 670 418 709. Será necesario presentar el certificado de vacunación contra el covid-19.

Haberá carpa climatizada e a partir das 18:30 horas festa rachada con JM. 

Etiquetas:
21/02/2022

O Entroido Infantil de Riotorto celebrarase de 17 a 20 horas no pavillón municipal. Haberá inchables, talleres, e chocolate con churros para todos. A cita está organizada polo Concello. 

Antes o 25 de febreiro, venres, ás 12 da mañá, se o tempo o permite, haberá un desfile de disfraces por Riotorto e un xuízo final ao Meco na Praza das Rodrigas. Organizan esta actividade o Ceip de Riotorto, Casa Niño A Croa e Concello de Riotorto. 

Etiquetas:
21/02/2022

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o domingo, 27 de febreiro, a partir das 20:30 horas no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz, unha nova edición do Touporroutou, espectáculo xa clásico do Entroido focego, que como en anteriores ocasións correrá a cargo do grupo Touporroutou Teatro, o grupo de pandeireteiras da Subela e o grupo de rock focego Os Kentakis.

A organización deste evento implica o retorno á actividade desta entidade cultural após o parón imposto nos últimos dous anos pola pandemia. Neste sentido a directiva do colectivo lembra que a última actividade promovida pola Pomba do Arco en 2020 foi precisamente o Touporroutou. Ao tempo, significa que a asociación programa para o mes de marzo e abril un completo programa de actos onde se recolle a recuperación das Xornadas de Arte.

A...

leer más
20/02/2022

Volve de novo o Entroido ao Valadouro con forzas renovadas. Despois da paréntese forzosa pola situación sanitaria, regresa unha das máis celebradas tradicións festivas no val onde a imaxinación desbordante, as gañas de diversión e de festa dos veciños e visitantes enche as rúas da vila.

O 27 de febreiro será o desfile, o 1 de marzo terá lugar o Entroido infantil e o 5 de marzo haberá coplas e celebrarase o enterro da sardiña. 

 

Etiquetas:
18/02/2022
O desfile contará con novidades xa que cambia o percorrido, comezando na praza do Concello ás 21 horas e finalizando no Centro Social, con 3 puntos de exhibición marcados pola organización. Repartiranse 1000 euros en premios entre as distintas categorías.
 
Actividades infantís previas ó desfile
 
Os máis pequenos gozarán de dúas actividades. O domingo 27 a festa infantil de disfraces no pavillón municipal no que participaran animando a festa Os Macanudos, Habelas Hainas e os xigantes e cabezudos, para os que será a primeira saída despois da súa restauración nos pasados meses. O luns 28 será a quenda do obradoiro de máscaras para o cal será preciso anotarse previamente.
 
Os cabezudos,...
leer más
Etiquetas:
17/02/2022
O alcalde, Alfonso Villares, a Delegada de Cultura, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Turismo, David Rodríguez, presentaron a programación do Concello para este Entroido xunto con Rafa e Azucena, representantes da Asociación Airiños do Xunco.
 
Os actos comezan o sábado 26 de febreiro cunha actuación infantil na Praza do Souto. Será ás 12:30h baixo a carpa que se instalará para a celebración do entroido.
 
O Desfile de Entroido de Cervo terá lugar o domingo 27 de Febreiro. As inscricións poderán realizarse a través dos teléfonos 617 313 207 (Rafa) ou no 982 557 613 (Azucena) ata o venres 25 de febreiro. Todos os que o fagan ata esa data recibirán unha cesta con produtos típicos de entroido. Tamén se poderá apuntar o mesmo día do desfile...
leer más
Etiquetas:
15/02/2022

A Concellería de Festexos presentou hoxe o cartel do Entroido 2022. Os actos programados desenvolveranse do 25 de febreiro ao 2 de marzo.

O Entroido burelés arrincará o venres, 25 de febreiro, coa celebración do xogo Busca do Tesouro, que  sairá da praza de abastos ás 19:00 horas. Está organizado polo Grupo de Participación Adolescente e a inscrición previa pódese facer no teléfono 676 816 090 ou en info@branqueasociacioncurtural.com. Os grupos terán un máximo de cinco persoas, que deberán ir disfrazadas e os menores de 12 anos terán que ir acompañados de adultos.

O domingo, 27 de febreiro, celebrarase o Desfile de Carnaval que comezará ás 17:00 horas na rúa do Ril para rematar na Praza do Concello. As inscricións pódense facer na Casa da Xuventude ata o 25...

leer más
Etiquetas:
12/02/2022

A comisión de festas o Noso Foz  e o Concello de Foz continúan traballando para que a edición 40 do seu desfile sexa a máis especial a pesar das medidas sanitarias e o COVID. O programa, que está pechando os seus últimos detalles, é amplo e inclúe diversos actos.

O próximo sábado 19 ás 15.00h será a comida de coroación na que sobre ás 17.30h Roberto Gómez (Alfalfa) recibirá a coroa de Andrea García Mondelo. 

Os actos continuarán o xoves 24, día no que ás 18.30 se inaugurará a exposición do Entroido no Cenima, que estará adicada aos Pé do Molete, e acto seguido ás 20.00h na carpa da Sala Bahía estrearase o documental conmemorativo deste 40 aniversario.

O venres 25, será a quenda para o pregón ás 20h que darán os Pé do Molete e á súa finalización Dani Irimia levará a batuta das coplas,...

leer más