Entroido

Etiquetas:
28/01/2026

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, presentaron a programación especial para o vindeiro Entroido 2026. “As actividades comezarán o 13 de febreiro cun gran baile infantil de disfraces. Pero será o sábado día 14 de febreiro, a partires das 17:00 horas, cando chegue o prato forte do Entroido en Xove: o gran desfile de carnaval polas rúas, con divertidas carrozas, centos de participantes e charangas, onde se repartirán máis de cinco mil euros para os mellores disfraces e comparsas”, anuncia o Concello de Xove..

As bases do concurso do desfile poden atoparse e descargarse na páxina web do Concello de Xove: www.xove.es.

Despois do desfile dará comezo a festa de Entroido no pavillón municipal de deportes, onde se coñecerán ós/ás gañadores/as...

leer más
Etiquetas:
27/01/2026

Alfoz celebrará unha festa de Entroido o día 16 de febreiro, luns. Será no pavillón municipal desde as 19:30 horas.

Este evento está organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo, que anuncia: “o luns 16 de febreiro celebramos o Entroido 2026 no Pavillón Municipal de Alfoz. Desde as 19:30 horas recolleranse as inscricións para o desfile, que empezará ás 21:00. Haberá premios para os mellores disfraces, así que saca toda a túa creatividade, sorprende ao xurado e leva premio para a casa. Música e moito baile para gozar dunha noite inesquecible!”.

24/01/2026

O Concello de Burela anuncia a celebración do Entroido 2026, que se desenvolverá do 13 ao 18 de febreiro, cunha programación na que destaca o desfile de Entroido, previsto para o domingo 15 de febreiro a partir das 17:00 horas, con saída desde a Rúa do Ril e chegada á Praza da Mariña.

O desfile contará con 4.000 euros en premios e vales de ACIA Burela, repartidos en oito categorías, e incluirá tamén música DJ e chocolatada na Praza da Mariña unha vez remate o percorrido. No apartado de premios establécense categorías infantís para participación individual, en parella e en grupo, así como categorías de adultos nas mesmas modalidades. Ademais inclúense premios especiais para carrozas e para charangas e comparsas.

A concelleira de Festas e Festexos, Patricia Eijo, animou á participación e á celebración nas rúas,...

leer más
Etiquetas:
24/01/2026

O Concello de Foz presentou a programación completa do Entroido, que inclúe actividades desde o día 31 de xaneiro ata o 20 de febreiro.

“O Entroido é para Foz unha das épocas de máis actividade e emoción. Para grupos e peñas son meses de traballo nos que confeccionan vistosos traxes, artiluxios e carrozas que fan as delicias de xente de tódalas idades”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que anuncia: “a partir da próxima semana estará habilitado o formulario na sede electrónica do Concello para a inscrición no desfile de Foz. Estará aberto ata o xoves 12 ás 14.00horas. Non se permitirán inscricións o mesmo día do desfile. Tamén poderán inscribirse no rexistro do Concello. Os grupos, comparsas e carrozas que queiran participar no sorteo de postos deberán anotarse antes do luns 9 ás 14.00 horas. O sorteo será na Casa da...

leer más
Etiquetas:
23/01/2026

O Concello de Cervo anuncia que “quenta motores para celebrar o Entroido cun programa diverso, participativo e pensado para todos os públicos, que terá como grandes protagonistas os tres desfiles que se celebrarán en Cervo, San Ciprián e San Román de Vilaestrofe. Tres escenarios, e un mesmo espírito festivo para converter o Entroido nun dos momentos máis agardados do calendario local”.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, destacou durante a presentación que “o Entroido é unha das festas máis queridas pola veciñanza, unha cita que mestura tradición, creatividade e convivencia, e que cada ano demostra a enorme implicación do tecido asociativo do noso concello”.

A rexedora agradeceu especialmente “o traballo imprescindible das asociacións culturais e veciñais, en concreto de Airiños do Xunco e As...

leer más
Etiquetas:
20/01/2026

A Delegación de Cultura do Concello de Xove ten programadas actividades de Entroido para os días 13 e 14 de febreiro, venres e sábado.

O venres 13 ás 17:30 horas haberá baile infantil de disfraces con animación no pavillón municipal.

E o sábado 14 ás 17:00 horas será o desfile de Entroido polas rúas de Xove, amenizado coa Charanga Europa. Despois haberá festa con Disco Móbil Conxuro no pavillón municipal, onde se entregarán os premios do concurso de disfraces nas seguintes categorías: carrozas, comparsas e grupos de 10 ou máis persoas, grupos de adultos de 3 a 9 persoas, parellas adultos, individuais adultos (+14 anos), disfrace máis orixinal (pode ser individual ou colectivo), grupos infantís de 3 a 9 persoas, parellas infantís, individuais infantís (-14 anos), participante máis maior, participante máis novo/a e...

leer más
Etiquetas:
17/01/2026

A asociación cultural O Picato convoca a décima edición do concurso para elixir o cartel anunciador do Entroido de Trabada.

As bases do certame indican que “poderán participar tódalas persoas que así o desexen con traballos en tamaño din a4 (folio). A temática é libre, sempre e cando recolla o espírito do Entroido. A data límite de entrega é o venres 23 de xaneiro de 2026 ás 18.00 horas. Os traballos recolleranse na Librería Aenlle, de Trabada. Cada participante entregará un máximo de dúas obras, que serán anónimas: os datos persoais do/a autor/a deberán ir en sobre pechado xunto co debuxo”.

O premio para o gañador é de 50 euros e darase durante a entrega dos premios do desfile de Entroido.

O fallo do xurado, formado pola xunta directiva da asociación cultural O Picato, darase a coñecer o...

leer más
Etiquetas:
05/11/2025

Este sábado, día 8 de novembro, na Sala Bahía dous candidatos serán os protagonistas da elección da figura da raíña ou rei do Entroido 2026 de Foz.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “os candidatos que defenderán os motivos polos que queren representar ao pobo de Foz nunha das súas festas máis queridas serán Sonia Cancio e Derek Pérez. O día estará repleto de actividade na carpa da Sala Bahía. Pola mañá, ás 12.00 horas, haberá unha actividade infantil de maxia, co mago Jorge Lorenzo. Logo comezará a música co Dúo Venus, para que ás 14.00 horas os postulantes defendan a súa candidatura e os motivos polos cales queren ser raíña ou rei do Entroido. A continuación seguirá a música e a partir das 16.00 horas abriranse as votacións ata ás 17.00 horas. A sesión de tarde correrá a cargo de Eventec. O nome do candidato que...

leer más
Etiquetas:
26/10/2025

O Concello de Foz anuncia que a comparsa As Farangullas será a pregoeira do Entroido 2026.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “en proceso de recollida de solicitudes para a elección de raíña ou rei do Entroido 2026 vanse confirmando novidades para o mesmo. Un dos eventos máis emotivos en Foz é o pregón que se celebra o venres anterior ao desfile. Este ano o Concello propuxo como pregoeira á comparsa As Farangullas, que non só se encargará do pregón senón tamén da exposición do Entroido que se inaugura o xoves de comadres”.

Inés López Couto engade que “As Farangullas son unha comparsa que comeza a súa andadura no ano 2007 e que participan todos os anos de todos os eventos carnavaleiros. Estamos seguros de que serán unhas pregoeiras que demostrarán o sentimento de Foz co seu Entroido”.

... leer más
Etiquetas:
14/03/2025

O mércores 19 de marzo ás 14:30 horas celebrarase unha comida de Entroido en Riotorto, organizada polo Concello.

O menú é: sopa, cocido completo, postre, café e bebidas. Estará amenizada coa actuación do dúo musical Ángel América.

O prezo é 30 euros por persoa e para participar hai que apuntarse nos Centros Veciñais ou no Concello antes do 16 de marzo.