Entroido
A asociación veciñal da parroquia ribadense de Vilaframil organiza a súa primeira Festa do Entroido este domingo, día 16 de marzo, a partir das 17:00 horas.
Será na Escola de Vilaframil e estará amenizada pola charanga Aturuxo, de Ribadeo.
“Se ves co teu disfrace participas no sorteo de lotes de produtos e poderás sacar unha foto no photocall”, anuncia a organización.
Haberá merenda de balde para os socios do colectivo organizador e as persoas que non forman parte da asociación deberán pagar 5 euros.
O Vicedo celebrará unha festa de Entroido este sábado, día 8 de marzo.
As actividades empezarán ás 13:30 horas cunha sesión vermú dobre na que actuarán o dúo Alba y Selu e Discomovil Eventec. Desde as 17:30 horas haberá festa infantil con colchonetas e merendola ás 20:30 horas. Para as 21:30 horas está programado un desfile infantil e ás 22:30 horas comezará verbena amenizada polo dúo Alba y Selu e Discomovil Eventec. E ás 00:30 horas terá lugar o desfile adultos, no que se sorteará unha cesta e haberá premios para os mellores grupos, parellas e disfraces individuais.
Este evento está organizado pola Comisión de Festas de Santo Estevo 2025.
Será a partir das 21:30 horas. Haberá degustación de xamón cocido, chourizos e produtos típicos do Entroido. E non faltarán os premios aos mellores disfraces: individual, parellas e grupos, e especiais a menores de 8 anos, de 9 a 12 anos e de 13 a 16.
A Festa contará coa animación do Dúo Boreal.
O evento está organizado pola asociación de mulleres de San Román do Val.
En Ferreira do Valadouro haberá actividades de Entroido este domingo, día 2 de marzo, e o martes 4.
O domingo desde as 17:30 horas celebrarase o desfile con este percorrido: saída do Parque Concepción Arenal, Praza de Santa María, A Ponte, rúa Xistral, Avenida da Deputación, rúa Leandro Buján e chegada a Pavillón Municipal.
E o martes 4 terá lugar o Entroido infantil a partir das 16:30 horas na Praza de Santa María. Haberá inchables, pintacaras, toro mecánico, varredora, xogos e outras actividades.
Achéganse os días grandes do Entroido de Foz e segue aberto o praza de inscrición para participar no desfile que se celebrará este sábado, día 1 de marzo, desde as 16:30 horas.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, destaca que “Foz vive estes días a emoción do Entroido. O sábado 1 de marzo é o día grande, mais antes del, un par de citas importantes agardan en Foz. Este xoves ás 20 horas terá lugar a inauguración no Cenima da exposición dedicada a You & Caxé, os pregoeiros deste ano 2025. Para a continuación, ás 21.30 horas, acudir a pasar unha boa noite na Cea de Comadres organizada por Amas de Casa e Afammer. O venres é o día do pregón e as coplas. A partir das 20 horas na carpa da rúa Atalaia poderemos desfrutar do plan dos nosos pregoeiros e das coplas coas que nos deleitaran as peñas”.
Ademais Inés...
leer másO Concello de Viveiro presentou a súa programación completa para o Entroido 2025, que comezará o 1 de marzo co tradicional certame de Alpuxarradas. Será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz, sendo necesario inscribirse previamente chamando ao teléfono 982.56.01.62. As entradas para asistir ao evento, cun custe de 2 euros, poden ser reservadas dende o día 25 ata o 28 de febreiro chamando ao mesmo número ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es.
Nos días seguintes haberá diversas actividades, destacando o martes 4 de marzo co desfile de Entroido e o concurso de disfraces. O prazo de inscrición para o desfile está aberto ata o 28 de febreiro no rexistro ou na sede electrónica do Concello.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, convida a toda a...
leer másA Pontenova terá actividades para celebrar o Entroido os días 1 e 2 de marzo, sábado e domingo.
O sábado 1 haberá unha ruta de tapas de Entroido polos establecementos hostaleiros participantes, que son: O Lar de Balbina, Rony Bar, Sidrería A Mina, Cafetería Casa da Cultura e Bar Puente. Está organizada polo Concello da Pontenova, que explica: “cada participante na ruta deberá ir disfrazado e selar a súa tarxeta en cada un dos bares sinalados. Entre tódalas persoas disfrazadas que presenten a tarxeta selada completamente sortearanse unha serie de vales regalo. O sorteo realizarase no Rony Bar ese mesmo día ás 1:00 horas da madrugada. Os vales regalo poderanse canxear ata o 30 de xuño de 2025”.
E o domingo 2 celebrarase o Carnaval infantil, desde as 17:00 horas no Pavillón Municipal Tito Margaride. Haberá xogos,...
leer másO Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo organiza actividades de Entroido para os días 28 de febreiro, 4 e 8 de marzo.
O venres 28 de febreiro ás 22:30 horas celebrarase a cea baile de Comadres. Consistirá en cocido e a música correrá a cargo de Eventec.
O martes de Entroido, 4 de marzo, haberá festa infantil con entrada libre de balde.
E o día 8 de marzo, sábado, ás 22:30 horas será a cea baile de Piñata, con cocido, música de Eventec e premios para as mellores mascaritas.
O Concello de Barreiros, a través da súa Concellería de Dinamización, presentou este xoves a programación do Entroido Barreiros 2025, “unha proposta chea de diversión, participación e tradición na que teñen cabida actividades para todas as idades”. As actividades desenvolveranse os días 2, 5 e 7 de marzo.
Dará comezo o domingo 2 de marzo coa Festa Infantil de Entroido que terá lugar no centro sociocultural de San Cosme de 17 a 20 horas. A cativada poderá gozar dunha tarde “chea de cor e fantasía con animación musical, xogos, baile e agasallos para as persoas que acudan disfrazadas. O espazo contará unha decoración especial elaborada polo obradoiro de emprego”.
O mércores 5 de marzo, o Concello de Barreiros organiza un Obradoiro Infantil de Disfraces como medida de conciliación familiar neses días non lectivos....
leer másO Concello de Viveiro publicou as bases para inscribirse no concurso de disfraces e no desfile de Entroido que terá lugar o martes 4 de marzo. Especifican as normas reguladoras de participación, así como as axudas económicas e premios que se outorgarán aos participantes no desfile e concurso de disfraces. Establécense diferentes categorías de adultos -carrozas (cun mínimo de catro participantes), comparsas, grupos, parellas e individual- e infantís, con individuais, parellas e grupos.
O prazo de inscrición para o desfile é do 20 ao 28 de febreiro no rexistro ou na sede electrónica do Concello de Viveiro.
O xurado estará composto por un mínimo de tres membros designados pola organización do concurso e valorará o vestiario e orixinalidade dos disfraces, así como a posta en escena.












