Entroido

27/02/2019

Un total de 7 bares pertencentes á asociación de Hostelería de Barreiros toman parte na actividade “DisfraBAR”. Trátase dunha idea novidosa na que serán os establecementos de hostalería os que estarán disfrazados durante os días 4, 5 e 6 de marzo, con temáticas de antroido cada un deles. É dicir, luns, martes e mércores.

Os establecementos participantes son o Bar Centro Social, Moderno, O Asador, Lozano, A Curva, A Yenka e La Barrica, que durante estes tres días selarán unha papeleta por cada consumición realizada. Cada papeleta selada na súa totalidade nos 7 establecementos poderá entrar nun sorteo dun menú completo de cocido para un grupo de 10 persoas. Ademais, as persoas que visiten estes locais poderán escoller o bar que máis lle gustara. O establecemento que máis votos teña será galardoado como o gañador do “DisfraBAR 2019”.

... leer más
Etiquetas:
27/02/2019

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza un ano máis o Touporroutou, a tradicional cita do Entroido de Foz, que se celebrará este domingo, 3 de marzo, ás 21:00 horas, no salón de actos do Colexio Martínez Otero.

O espectáculo do Touporroutou deste ano correrá a cargo, como en edicións anteriores, do grupo Touporroutou Teatro, encabezado por Tono Veiga, que declamarán, cantarán e recitarán todas as coplas populares entregadas polos veciños. Ademais contarán coa colaboración das pandeireteiras da asociación A Subela e o grupo de música Os Kentaquis.

A Pomba do Arco solicita aos veciños e veciñas de Foz a súa participación para que esta actividade poida seguir realizándose, e nese senso os animan a que acheguen as súas coplas depositándoas nas caixas que a tal efecto están colocadas en diferentes bares e...

leer más
Etiquetas:
26/02/2019

A Comisión de Carnaval de Ribadeo abriu xa a inscrición para participar no desfile que terá lugar o 5 de marzo, Martes de Entroido. O prazo remata o luns ás doce da noite. 

As bases e as fichas de inscrición poden atoparse no facebook EntroidoRibadeo. Desde a organización subliñan que “no que respecta á categoría charanga/comparsa as 10 primeiras en inscribirse recibirán unha achega económica especial de 100 euros cada unha, que se lles entregará en efectivo o mesmo día do desfile, e a maiores contan coa posibilidade de optar a premio”. 

Os dorsais serán entregados entre as 15:30 e as 16:30 horas á entrada do Cine Teatro. Todos os participantes deberán estar na avenida Rosalía de Castro cun mínimo de 15 minutos de antelación ao inicio do desfile, previsto para as 17:00 horas. 

En total...

leer más
Etiquetas:
26/02/2019

A parroquia de San Román celebrará o Entroido o sábado 9 de marzo.

A cita, organizada pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, o edil de Medio Rural, Plácido Pérez; e por representantes das Espalladoras e da Asociación de Montes Veciñais de San Román, que tamén colabora no evento.

A Festa será a partir das 22:30 horas no Pavillón e estará amenizada pola orquestra La Ocaband.

Repartiranse máis de 1500 euros en premios para os mellores disfraces, nas categorías infantil individual, parella e grupo; e adultos individual, parella, grupo, comparsa e charanga.
A inscrición pode facerse chamando ao teléfono 656 272 802. 

Etiquetas:
25/02/2019

O Concello dá a coñecer a raíña e as damas do Entroido mindoniense, que se celebrará o 9 de marzo. Achéganse fotos. A raíña é Sara Fernández Coldeira, e as dúas damas son Ainara Bello García (esquerda) e Yaiza Fernández Nogueira. O desfile celebrarase a partir das 17:30 horas. Sairá do Campo dos Paxariños, encabezado pola carroza da raíñas do Entroido, e percorrerá a Avenida San Lucas e as rúas Obispo Sarmiento, Andrés Baamonde e Progreso. Finalizará na Praza da Catedral. 

Durante o tradicional desfile de Entroido, organizado polo Concello e a Asociación de Comerciantes e Industriais de Mondoñedo (ACIAM) repartiranse 5.000 euros en premios; con seis galardoados na categoría de comparsas e charangas e once premiados na de grupos tanto de adultos como infantís; ademais haberá seis galardóns para as parellas de adultos e infantís e outros...

leer más
21/02/2019

O Concello de Cervo programa o tradicional desfile de Entroido, para o martes, 5 de marzo.

Así o anunciaron o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, durante a presentación do evento, na que tamén estiveron presentes representantes do Centro de Iniciativas Turísticas (C.I.T.), que se encarga de organizar a Comida de Entroido; de A Rebolaxe, que venderá os bolos preñados, e da Protectora de Animais Coletiñas, que tamén anunciaron o seu Carnaval Coletudo, que terá lugar o venres, 1 de marzo, na Casa do Mar de San Ciprián.

O desfile  de San Ciprián partirá ás 18:00 horas da carpa instalada na Praza dos Campos, e os disfraces percorrerán a Avenida da Mariña, chegarán ata a Ría e ata o Pedregal, para rematar no punto inicial.

A Charanga Os Macanudos amenizará a...

leer más
Etiquetas:
21/02/2019

O 3 de marzo darán comezo as actividades de Entroido organizadas polo Concello de Burela. Ás 17:00 horas sairá o desfile desde a rúa do Ril. Haberá premios nas seguintes categorías: Individual Infantil con 90€ para o 1º e 40€ ao 2º; Adulto Individual con 120€ para o 1º e 50€ ao 2º; Parella Infantil con 100€ para o 1º e 60€ ao 2º; Adulto Parella con 150€ ao 1º e 100e ao 2º; Grupo Infantil con 200e para o 1º, 100€ ao 2º e 50 e ao 3º; Adulto Grupo con 250€ ao 1º, 150€ ao 2º e 100€ ao 3º; e Carrozas e Charangas e Comparsas con 500€ para o 1º e 250€ ao 2º, en ambos casos.

Ese domingo 3 haberá DJ e chocolatada gratuíta, na carpa instalada na praza do Concello.

O luns, 4 de marzo, celebrarase un taller infantil de cociña de entroido, na praza de abastos. Os nenos e nenas interesad@s teñen que anotarse na Oficina de Medio...

leer más
Etiquetas:
21/02/2019

O luns de Entroido, 4 de marzo, celebrarase unha festa infantil no recinto feiral de Lourenzá. Será desde as 17:00 ata as 20:00 horas con entrada gratuíta. Haberá actuacións de Galimatías Os cómicos da rúa, chocolatada e actuación do Dj Billy.

Tamén ese luns, pero a partir das 23:00 horas terá lugar un baile de carnaval. O prezo da entrada será de 7 euros (con 1 consumición). Actuará o Grupo Fénix e Dj Billy. Ás 1:30 horas celebrarase o desfile e haberá premios en Individual de 50€ para o 1º, 35€ ao 2º e 25€ ao 3º; Parella con 80€ para o 1º, 60€ ao 2º e 30€ ao 3º; e para Grupos con 120€ para o 1º, 80€ ao 2º e 60€ ao 3º.

Organiza a ACIAL coa colaboración do Concello de Lourenzá.

Etiquetas:
20/02/2019

A parroquia de Cervo celebrará o seu Entroido o domingo 3 de marzo; pero xa o sábado 2, como antesala do Gran Desfile, terá lugar o tradicional Play Back Infantil, ás 18:30 horas, no salón de actos do Concello.

A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés,  e por Rafa Blas e Carlos Sanz, en representación de Airiños do Xunco.

Os participantes deberán concentrarse o domingo 3 de marzo, ás 17:00 horas, no Pavillón de Cervo para formalizar a inscrición no desfile.

Xa ás 18:00 horas está prevista a saída do mesmo polas rúas de Cervo. A continuación terá lugar a entrega de premios aos mellores disfraces individuais, parellas, grupos e comparsas; que recibirán figuras de cerámica de Sargadelos e cestas de produtos típicos de Entroido.

... leer más
19/02/2019

A Delegación de Cultura de O Valadouro organiza as actividades do Entroido que se desenvolverá dos días 3 ao 9 de marzo, en colaboración coa asociación cultural Amado Lar.

O 3 de marzo celebrarase o desfile de Entroido, a partires das 17:00 horas. A saída será do parque Concepción Arenal, pola praza ata o pavillón, e haberá a actuación musical do Dúo Merengue. As inscricións poden facerse na Casa da Cultura entre o 25 de febreiro e o 2 de marzo, e tamén o mesmo día do desfile no local social do parque Concepción Arenal. 

Haberá premios nas categorías: Infantil Individual de 100€, 70€ e 50€; Infantil Parella de 120€, 90€ e 50€; Infantil Grupo de 200€, 150€ e 100€; Adulto Individual de 150€ e 100€; Adulto Parella de 170€ e 120€; e Adulto Grupo de 300€, 200€ e 150€.

O 5 de marzo será o...

leer más