Festas

Etiquetas:
03/10/2015
As San Lucas celebraranse do 16 ao 20 de outono cun programa atractivo que mestura tradición e modernidade. As feiras e festas de Mondoñedo foron presentadas na Deputación de Lugo.
 
A presidenta da Deputación, Elena Candia, xunto ao presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto, presentaron esta mañá no Pazo Provincial de San Marcos as Feiras e Festas das San Lucas 2015, as máis antigas de Galicia, e que se celebrarán en Mondoñedo entre os días 16 e 20 de outubro. 
 
A presidenta da institución, colaboradora das festas, resaltou a importancia destas feiras que se celebran ininterrompidamente dende 1156 e que, polo tanto, deben ter presenza en todas as institucións galegas. “É importante presentalas na capital da provincia, ao igual que faremos noutras localidades, porque nos sentimos orgullos dun evento referente na comunidade”, explicou a tamén alcaldesa de Mondoñedo, que destacou “o atractivo da...
leer más
Etiquetas:
13/09/2015
A asociación organizadora e a alcaldesa de Mondoñedo presentaron o cartel artístico das San Lucas 2015. As festas serán do 16 ao 20 de outubro.
 
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e a Asociación organizadora das San Lucas, presidida por Miguel Souto, presentaron o cartel artístico da nova edición destas festas, que teñen a honra de ser as máis antigas de Galicia.  
 
Ao igual que en pasadas edicións, o cartel artístico é obra do deseñador e ilustrador Xosé Vizoso, cuxa creación “describe ás San Lucas a través dunha linguaxe propia e xa recoñecible e identificadora destas festas”.  Souto asegura que o cartel deste ano “é un dos que mellor representa a estas feiras”. A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, tamén quixo agradecer o traballo do artista Xosé Vizoso e o seu compromiso con estas feiras ao tempo que destacou as características das súas obras que as fan únicas e...
leer más
Etiquetas:
11/09/2015
Este venres, 11 de setembro, celébrase en Mondoñedo a Festa da Xuventude, enmarcada dentro da programación das festas patronais de Os Remedios.
 
O edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García, presentou o evento previsto para este venres, 11 de setembro, a partir das 12 da noite, terá lugar unha “Festa da Xuventude”, integrada dentro da programación das “festas patronais de Os Remedios”.
 
O evento terá lugar na Praza do Concello, que contará con carpa, e polo escenario pasarán varios DJs de importancia nacional, como as Beat2Beast, dúas chicas que pinchan música electrónica e que actuaron durante este verán en numerosos festivais por España, así como colaboracións con outros DJs como JuanMagán, Dukes ou “Les Castizos”. Por outra banda, tamén estará presente o DJ e locutor de radio David Expósito, acompañado polos DJslocales DEEP López e Alberto Leivas. ...
leer más
Etiquetas:
08/09/2015
A Romaría de Santa Eufemia no burgo de Trasbar, en Cervo, terá lugar os días 16, 19 e 20 de setembro.
 
Un ano máis o burgo de Trasbar, en Cervo, celebrará a tradicional Romaría de Santa Eufemia, unha cita coa súas festas patronais que inclúe un variado programa de actividades que se desenvolverán durante tres días: O mércores 16, o sábado 19 e o domingo 20 de setembro. Están organizadas polaa asociación veciñal O Burgo de Trasbar, que tamén se encargou do evento o ano pasado.
Os actos comezarán o 16 de setembro, coincidindo coa festividade oficial, celebrarase a romaría da Santa Eufemia. O programa inclúe unha misa ás 13.00 horas, cantada polo grupo de voces Sons de Celeiro. Ao remate da misa, todos os devotos que queiran poden achegarse a poñer a Santa. De seguido, terá lugar a actuación do grupo de gaitas Nova Semente de Celeiro, cortesía do programa Musiqueando da...
leer más
Etiquetas:
05/09/2015
As festas da parroquia de Vidal, en Trabada, na honra de San Mateo, serán o 19 de setembro.
 
As festas de San Mateo da parroquia trabadense de Vidal celebraranse o 19 de setembro. Ás 13:30 horas terá lugar a misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú coa Banda Municipal de Ribadeo.
A partir das 11 da noite comezará a verbena, a cargo da orquestra Versalles e da discoteca móbil Blanco y Negro. Á 1:30 horas da madrugada efectuarase o sorteo dun Ipad Mini. 
 
01/09/2015
As Festas do Oito, de Ferreira do Valadouro, están en marcha ata o 12 de setembro.
 
As Festas do Oito de Ferreira do Valadouro, organizadas polo Concello, botaron a andar este luns, día 31 de agosto, coa XXX Semana do Teatro e reunirán ata o 12 de setembro actuacións de orquestras, cine ao aire libre e actividades infantís. 
A Semana do Teatro, que chega nesta edición aos seus 30 anos, contará coa presenza de cinco grupos de teatro afeccionado entre o 31 e o 4 de setembro, todos de balde e ese día 4 ás 22 horas na Casa da Cultura de Ferreira Ramón Gasalla pronunciará, no mesmo lugar, o pregón de inicio das festas.
O 5 de setembro a Asociación Cultural Amado Lar ofrecerá ás 22 horas na Praza de Santa María unha exhibición de zumba e o 6 de setembro o Pavillón Polideportivo Municipal acollerá outra de bailes de salón...
leer más
Etiquetas:
27/08/2015
As festas do Conde Santo, en Lourenzá, celébranse do 28 ao 31 de agosto. Un dos platos fortes será o concerto de Revólver.
 
As festas patronais de Lourenzá, o Conde Santo, botan a andar este venres, 28 de agosto, e durarán ata o luns 31.  Durante eses días desenvolveranse numerosas actividades festivas, entre elas o II Concurso de Cantos de Taberna.
O día 28 ás 13 horas soarán as bombas de palenque para anunciar o inicio das festas e ese mesma xornada pola tarde, para conmemorar o Día da Bicicleta, está programado un percorrido ata a Cazolga, para o que é necesario inscribirse na praza do Conde Santo dende unha hora antes.  Dende as 21 horas haberá unha gran pulpada a cargo de A Rochela e, a partir das once da noite,  actuará o grupo Superglú no Campo dos Bolos seguido do concerto gratuíto de Revólver e remate da festa coa discoteca móbil de Dani Rego.
Ao...
leer más
Etiquetas:
27/08/2015
As festas patronais de Ribadeo desenvólvense do 28 de agosto ao 8 de setembro. Estarán amenizadas por dez orquestras e haberá múltiples actividades para toda a familia.
 
As Festas Patronais de Ribadeo botan a andar este venres 28 cun programa que encherá a vila de actividades até o 8 de setembro grazas a música, actividades deportivas e espectáculos para toda a familia.
Este venres ás 18 horas ábrese no Parque San Francisco o Mercado Pirata, seguido ás 20.30 horas pola lectura do pregón no Cine Teatro a cargo do médico lugués José Ignacio Vidal Pardo. Durante toda a fin de semana continúa aberto o Mercado Pirata e o luns, martes e mércores sucederanse actividades do máis variadas, como as dúas gimkanas do 31 de agosto, a Festa da Espuma e os xogos en colchonetas inchables o martes pola tarde e os espectáculos infantís con malabares, coches a control remoto ou zumba o mércores, no recinto da festa.
O...
leer más
Etiquetas:
26/08/2015
As festas patronais de Xove na honra de San Bartolo celébranse do 26 ao 30 de agosto con música, xogos populares, cine, animación á lectura, fútbol e bailes de salón.
 
As festas patronais de Xove na honra de San Bartolo celébranse entre o 26 e o 30 de agosto e durante estes días desenvolverán un amplo programa no que non faltarán as tradicionais verbenas pero tampouco o deporte, a música ou a literatura. A proposta do San Bartolo deste ano foi presentada  hai días no Salón de Pleno do Concello de Xove, coa presenza do alcalde, Demetrio Salgueiro, as concelleiras de Cultura, Deporte e Servizos Sociais e varios membros da Comisión de Festas.
As actividades comezan o 26 na OMIX de Xove cunha proposta de “Xogos en rede” dirixida a persoas de entre 13 e 35 anos.  O  27 será o Día dos Nenos, e as citas estarán pensadas en boa medida no público infantil. Ás 16 horas no Salón de Actos do Centro Cívico representarase a obra Ni fu ni fa, dentro do...
leer más
Etiquetas:
22/08/2015
O médico lugués José Ignacio Vidal Pardo será o pregoeiro das festas patronais de Ribadeo, que arrincan o 28 de agosto.
 
Coa celebración do Mercado Pirata no parque de San Francisco e co pregón do médico endocrinólogo lucense, José Ignacio Vidal Pardo, darán comezo o vindeiro venres, 28 de agosto, as festas patronais de Ribadeo, que se prolongarán ata o 8 de setembro. 
Vidal Pardo foi presidente do Colexio Oficial de Médicos de Lugo, responsable do Consello Galego de Colexios Médicos de Galicia e na actualidade é membro da Real Academia de Medicina. O médico lugués é un asiduo do verán ribadense, localidade na que posúe unha vivenda e á que se achega sempre que pode. 
O cartel e o programa foron presentados esta mañá no Concello de Ribadeo pola comisión organizadora, que preside César Fernández Murias, e polo alcalde, Fernando Suárez. 
... leer más