Festival
06/05/2016
Este sábado, día 7, ás 18:00 horas no Auditorio Municipal de Ribadeo, celebrarase o V Festival Infantil Amigos da Gaita Galega de Ribadeo.
Ademais dos anfitrións, a Asociación Amigos da Gaita Galega de Ribadeo, actuarán a Escuela de Música de Tapia de Casariego e a ACM Arume de Burela.
18/11/2015
O Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2015, baixo a organización de Imdecum, volverá aos centros de ensino secundario da Mariña combinando obradoiros de fotografía e vídeo cun atractivo concurso final. Co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo, o festival Imaxiña inclué en 2015 a participación dos IES de Foz e Perdouro de Burela, para que o seu estudantado se achegue ao mundo da imaxe.
A Fundación Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña presentou esta mañá o Imaxiña 2015, na súa sede, en Burela. O presidente da entidade, Marcelino Luna Almarza, estivo acompañado polo artista burelao Davi Xino, que apadriñará a quinta edición do festival, coa colaboración do realizador audiovisual focego Manuel Gil.
... leer más 05/11/2015
Desde la organización señalan que “como venimos haciendo todos estos años, queremos premiar a nuestro público más fiel y a los que confías en nosotros desde el primer momento. Por eso se podrá adquirir desde hoy jueves 5 de noviembre a las 12:00 el abono completo del festival a precio reducido. Costará 75 € + gastos y se mantendrá a este precio hasta previo aviso. Para aquellos que aún tenéis que pensarlo un poco más o simplemente necesitáis organizaros con vuestros amigos, tendréis un buen margen de tiempo para ello, ya que habrá un anuncio de bandas durante ese tiempo. Leyendo vuestros comentarios a diario y tras estos 10 años, creemos que nos hemos ganado la confianza del público lo suficiente como para poder seguir dando la oportunidad de aprovecharse de esta primera oferta previa al primer cartel”.
... leer más 17/09/2015
O X Festival Arreaocabo celébrase o sábado, 19 de setembro, dende as 21:30 horas na explanada de Lavandeiras, en Celeiro, Viveiro. O cartel deste ano está formado polos Diplomáticos de Montealto, Festicultoures Troupe, Bastards on Parade e os Revenidos e Remakers. Como actividade paralela ao festival, e para abrir boca aos concertos da noite, terá lugar ás 14 horas dese mesmo día na praia de Celeiro unha sesión vermú a cargo de Pauliña.
A entrada ao festival custa 6 euros e tanto a acampada como o aparcamento son gratuítos. A apertura de portas será ás nove da noite.
15/09/2015
As beiras do río Masma, en Celeiro de Mariñaos (Barreiros) acollerán este sábado a IV edición do Festival 'Ao Son do Masma' para reivindicar a limpeza, rexeneración e posta en valor deste río declarado Lugar de Interese Comunitario e incluído na Rede Natura pero sumido nos últimos anos nun considerable estado de abandono por parte das administracións con competencias.
O Festival, que está organizado polo Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros coa colaboración da Irmandade San Caetano, a asociación de veciños de Celeiro de Mariñaos, incluirá actividades durante todo o día, que rematarán xa pola noite cun festival de música galega cos grupos Os Milesios, Ataque Escampe e Tardepiache.
29/07/2015
O Festival Folclórico do Emigrante chega á súa 34ª edición o próximo 1 de agosto, data da cita deste ano dun encontro que xunta a música e as tradicións locais con outras foráneas.
Este ano o cartel do Festival, organizado pola Asociación Folclórica O Arco da Vella de San Miguel de Reinante e no que colaboran o Concello de Barreiros e a Deputación de Lugo, ten programadas as visitas da Agrupación Kriba Budaya, de Indonesia, e da Academic Akud Mika Mitrovic, de Belgrado (Serbia). De moito máis preto chega o Grupo Folclórico la Rosa del Azafrán, procedente de Consuegra, en Toledo, e os anfitrións, a agrupación O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante. As actuacións terán lugar a partir das 22 horas no campo de fútbol de As Valgas de San Miguel e, en caso de choiva, no...
leer más 13/07/2015
Desde la organización del festival señalan: "Nos alegra poder anunciar a dos bandas que se incorporan al cartel del festival. Devil Sold His Soul y The Algorithm se unen al cartel tras las cancelaciones forzosas de Periphery y Darkest Hour, quienes han decidido cancelar sus actuaciones en el Resurrection Fest. No sólo anunciamos esto, sino que también podemos anunciar que Blaze Outactuarán como after-party cerrando el último día del festival haciendo versiones de Metallica y Iron Maiden. Además, durante el fin de semana publicaremos los nuevos horarios, ya que ha habido bastantes cambios y además hemos solucionado algunas de las dolorosas solapaciones de las que algunos os habíais quejado.
Se aproxima el décimo aniversario del RESURRECTION FEST, el festival de hardcore,...
leer más 13/07/2015
Esta mañá tivo lugar a presentación do IV Festival de Jazz & Blues de Ribadeo, que organizan Game Over Productions e a asociación cultural Jazzeo, coa colaboración e patrocinio do Concello ribadense e da Xunta de Galicia, a través do Agadic. Celebrarase entre os días 19 e 26 de xullo con catro concertos de pago no Auditorio Municipal e terá actividades paralelas como sesións de jazz ao aire libre no Cantón, un curso de baile de jazz e blues a cargo da profesora María Sanz e dúas festas na sala Rockuncho da vila. O festival traerá a Ribadeo a José García Quartet, Bakin Blues Band, Velma Powell & Bluedays, Richard Ray Farrell, Ray Gelato & Claire Martin e Carla Cook.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña dixo na súa intervención: “quedoume clarísimo que a...
leer más 08/07/2015
Os próximos 10 e 11 de xullo terá lugar a segunda edición do festival VRAO. Logo do éxito acadado o ano pasado, neste 2015 continúa a mesma filosofía pero dando paso a algunha que outra novidade co fin de consolidar o evento como unha das propostas máis atractivas e coidadas de Galicia.
VRAO é un festival galego de música independente realizado sen ánimo de lucro por Ó! Cultural que se desenvolverá en diferentes localizacións de Foz, na Mariña Lucense, cun recinto que non entende de límites e que emprega a totalidade da vila, as súas potencialidades e os seus costumes como marco referencial.
Cun modelo de xestión cofinaciado polos membros fundadores da asociación, así como por establecementos hostaleiros locais, a A.C.I.A., o...
leer más 25/06/2015
O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, destaca a ampla e variada oferta cultural, festiva e de ocio que terá o municipio nesta tempada estival grazas ao traballo de numerosos colectivos locais e do propio Concello. Entre as actividades previstas está o festival Vrao, que se celebrará os días 10 e 11 de xullo e o programa foi presentado hoxe.
O rexedor municipal comentou que “dende o Concello de Foz queremos agradecer á asociación Ó! Cultural a organización da segunda edición do festival Vrao, de Foz, os días 10 e 11 de xullo. Entrará dentro do programa das festas do Carme e dentro da programación do verán, na que colabora e organiza o Concello de Foz, a través da Concellería de Cultura. É unha alternativa máis de música, apartado no que se empezará xa nos primeiros...
leer más