Festival

Etiquetas:
28/07/2017

Ribadeo acolle o seu tradicional festival de bandas de música mañá, sábado, que contará coas actuacións da formación local e as de Arca, localidade do concello coruñés de O Pino, e a de Luarca (Asturias).

O evento, organizado pola asociación Amadores da Música, celebrarase no escenario instalado no parque de San Francisco a partir das sete e media da tarde. Antes as tres bandas participantes ofrecerán un pasarrúas. En caso de choiva o festival trasladarase ao Cine Teatro.
  

 

Etiquetas:
20/07/2017

O Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos repite como escenario de excepción deste encontro multidisciplinar no que haberá actividades dirixidas a todos os públicos que poderán entrar de balde ao recinto.

O evento comezará o venres 28 de agosto, ás 19:00 horas, e prolongarase ata o domingo 30 de xullo, ás 15:00 horas; con música e actividades practicamente sen descanso. 

Haberá dous escenarios, o principal bautizado como Trance Stage; e o alternativo Delos.

Como cabeza de cartel do escenario principal destaca Yar Zaa (maharetta records), o músico de psy trance máis influente de España e reclamado nos festivais internacionais máis importantes deste estilo musical. Ademais, tamén destaca David FractalMoon, emerxente figura ibicenca que xa estivo en Gadélica na pasada edición; ou Shine,...

leer más
17/07/2017

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e o Concelleiro de Cultura de Ribadeo, Xosé Farruco Graña Rama, presentaron este luns nos xardíns do Pazo de San Marcos, o I Festival Tradicional de Ribadeo Seráns Musicais,que organiza a Asociación Cultural Ronqueta e que terá lugar o vindeiro 23 de xullo no parque de San Francisco, de dito municipio. O Goberno da Deputación financia integramente con 8.000 euros este certame musical.

García Porto destacou que “dende o Executivo Provincialcolaboramos con esta primeira edición do festival co obxectivo de impulsar a música e o baile tradicional galego, ao tempo que dinamizamos a economía e o turismo da Mariña, pois espérase que participen centos de persoas. Esta iniciativa enmárcase na aposta do Goberno da Deputación coa cultura na nosa provincia, pois achegamos gratuitamente a...

leer más
Etiquetas:
13/07/2017

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, o Alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, e a Vicepresidenta da Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, Sabela Ramil Rivera, presentaron no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, o VI Festival Aturuxo, que terá lugar os días 28 e 29 de xullo na parroquia de Santiago de Bravos, no municipio mariñán. A cita musical que organiza a Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, conta coa colaboración do Goberno da Deputación, a través do Musiqueando, coa actuación do grupo A.C.M. Arume de Burela, e cunha achega económica de 2.000 euros do Concello de Ourol.

García Porto destacou que “colaboramos con esta cita cultural e musical para dinamizar e dar a coñecer un Concello como o de Ourol, con pouca poboación e moi envellecida, ao tempo que impulsamos a economía e o turismo neste...

leer más
Etiquetas:
10/07/2017

O Deputado de Turismo Eduardo Vidal Baamonde, e o Alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, presentaron este luns, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a V edición do Festival Cultural “Coa nosa fala”,que se celebrao mércores 12 de xullo no Campo da Cabana de Foz.Este festival naceu para contribuír a promocionar á musica feita en Galicia por músicos galegos. O Goberno da Deputación colabora cun achega económica de 3.000 euros para a celebración desta actividade no Concello de Foz, sendo a única administración impulsora, xunto co Concello, desta iniciativa.

Vidal Baamonde destacou que “dende o Executivo Provincial colaboramos con esta iniciativa, que nesta edición ten como obxectivo homenaxear o traballo incansable do músico mariñán, Arcadio Mon, falecido o ano pasado. Mon ademais dun gran compositor, foi o fundador da Escola Municipal e...

leer más
02/07/2017

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o fundador do Resurrection Fest, Iván Méndez, visitaron as instalacións nas que se vai desenvolver o festival de música metal e rock máis importante de España desde o 5 ao 8 de xullo. Campos Conde adiantou que “un ano máis, pois dende a primeira edición o Goberno Provincial, xunto ao do Concello de Viveiro con Melchor e María, apostamos por este festival, convertemos á Deputación de Lugo na institución que máis colabora con esta cita. Facémolo cunha achega económica de 130.000 euros, que é un importante investimento, pois o Resu é capaz de xerar un volume de negocio na nosa provincia e, en especial, na Mariña, de máis de 11 millóns de euros”. 

“Uns só están para a foto mentres outros traballamos pola provincia con feitos”, engadiu o titular provincial...

leer más
Etiquetas:
17/06/2017

O Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) organiza o II Festival Músico Vocal Arcadio Mon que se celebra en Alfoz o 3 venres de agosto.

Este ano o festival será no adro da igrexa de San Pedro, no mesmo lugar no que ao día seguinte se celebrará a famosa Festa dos Choferes, e nel participarán famosos artistas do panorama musical galego ademais de celebrarse o concurso para novos talentos musicais como o ano pasado.

A organización fai un chamamento aos xoves con menos de 20 anos que canten ou toquen algún instrumento musical, para que se anoten a este concurso. As persoas interesadas poden facelo no correo electrónico peinoster@gmail.com ou chamando ao número de teléfono 619 38 99 97.

Os organizadores pretenden que este festival perdure no tempo e...

leer más
Etiquetas:
13/06/2017

O festival SonRock celebrarase o vindeiro sábado, 17 de xuño, no parque de San Francisco. A partires das once da noite actuarán as bandas Enxebre, Anima e Machina. O evento foi presentado polos concelleiros de Cultura e Xuventude. 

O edil de Cultura, Farruco Graña, salientou que “un ano máis achégase o rock a Ribadeo. Esta é unha nova edición do SonRock Ribadeo na que van participar grupos como Enxebre, composto por veciños de aquí de Ribadeo e da zona, e os grupos Anima e Machina. Será o sábado, 17 de xuño, ás once da noite, no parque de San Francisco”.
O concelleiro ribadense declarou que “o que pretendemos desde as Concellarías de Cultura e de Mocidade é dar cabida tamén ao rock. En Ribadeo amamos a música, pero tamén nesta ocasión queremos mostrar o noso afecto con son forte e son vibrante a través dos grupos Enxebre, Anima e...

leer más
Etiquetas:
12/06/2017

El festival Eu Son Eo, que se celebrará en Abres los días 1 y 2 de julio, ofrecerá entre sus actuaciones musicales, un concierto de Brothers in Band, grupo tributo a Dire Straits que actualmente de gira por Europa. También habrá una muestra de artesanía con 35 puestos, exposiciones y otras actividades. Los organizadores destacan que todos los actos son gratuitos.

El presidente de la comisión organizadora, Alejandro de la Osa, destaca que “el objetivo del festival es dar a conocer una zona preciosa del Eo, Abres, una parroquia que se divide entre dos comunidades, Galicia y Asturias, y el río como fusión de ambas comunidades y como elemento de unión, no de desunión, no de división”.

Alejandro de la Osa anuncia que “hay importantes novedades este año. El festival se ha dedicado completamente a dar a conocer la zona,...

leer más
Etiquetas:
12/06/2017

A Casa da Cultura de Burela acollerá esta fin de semana o 1º Festival de Curtas Gravadas co Móbil. O sábado, día 17, proxectaranse os 25 traballos presentados a concurso a partir das 21:00 horas, e o domingo entregaranse os premios nunha gala que dará comezo ás 20:00 horas. O xurado estará presidido polo actor e humorista Carlos Blanco.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “este próximo fin de semana, durante el sábado y el domingo, vamos a hacer una gala de presentación de los cortometrajes que se presentaron al primer festival de cortos grabados con el móvil de aquí de Burela, que es un proyecto del que ya venimos hablando en semanas anteriores, muy ilusionante para nosotros por novedoso”.

O edil burelés dixo que “tuvimos buena participación ya que en la categoría general hubo 22 cortos presentados...

leer más