Foz

Etiquetas:
25/04/2017

O vindeiro xoves, 27 de abril, terá lugar a presentación do libro El puto amor, de Malena Baqueiro. A autora é arxentina de nacemento e de orixe galego. 

Xunto a ela estará a editora da obra, Elena Dablanca, lucense e residente en Barreiros. Encargarase de conducir o acto Melodi Parga, barreirense, licenciada en Historia da Arte e creativa. 

O acto é aberto a todo o público. Terá lugar na Librería Bahía a partir das 20:30 horas. 

 

Etiquetas:
25/04/2017

O Centro Comercial Aberto de Foz organiza a campaña do Día da Nai, que inclúe o sorteo de vales de compra por un importe total de 400 euros e conta coa participación de 55 establecementos asociados.

Os clientes que merquen desde o 28 de abril ata o 7 de maio nos locais participantes poderán resultar premiados con un dos 5 vales de compra de 80 euros cada un que se sortearán o día 10 de maio ás doce do mediodía a través de Radio Foz.

Os establecementos que participan nesta campaña son: 100p´s Zapatería y Complementos, 5 Lobiños, Alain Afflelou Centro Óptico, Ana Fabeiro Arte Floral, Arrullos, AyN Moda Íntima, Calzados Pirde, Carnicería Mercedes, Casa Moreda, Cenor Belianorte, Centro de Dietética Alba Vila, Centro Óptico Eliseo, Chinela Nenos, Clínica Veterinaria Foz, Decoraciones Pura, Din y Don, Don Zapato,...

leer más
Etiquetas:
23/04/2017

A asociación Sendeiros de Foz organiza un andareiro a Boal (Asturias) o día 7 de maio, e unha viaxe a Granada no mes de outubro.

A primeira ruta da asociación no mes de maio, é o domingo 7, con motivo do encontro astur-galaico e día do sendeirista de Asturias, que terá lugar en Boal. A ruta percorre as paraxes do entorno do río Navia onde se xuntarán con clubs de Asturias e Galicia.

A saída será ás 8:00 horas do Concello e o derradeiro día para anotarse é o 29 de abril. As inscricións poden facerse nos teléfonos 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son 25 euros para os socios federados, 29€ para os socios non federados, e 35 euros para os non socios.

Sendeiros de Foz tamén organiza unha viaxe a Granada no mes de...

leer más
Etiquetas:
21/04/2017

O Centro Comercial Aberto de Foz colaborará un ano máis coa delegación local da Asociación Española contra o Cancro. A súa presidenta, Antonia García Fra, e o presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo, presentaron a campaña Céntimo solidario, que se desenvolverá do 28 de abril ao 7 de maio. 

Arredor de 50 locais asociados participan nesta campaña organizada para recadar fondos para a AECC. Neses establecementos haberá situadas unhas huchas para deixar os donativos que @s seus clientes queiran deixar. 

Antonia García Fra e José Carlos Paleo fan unha chamada á solidariedade porque “toda axuda é importante”. 

 

Etiquetas:
20/04/2017

O domingo, día 23, de abril celébrase en todo o mundo o Día do Libro. Por caer en domingo, este ano é un pouco especial e na Librería Bahía, de Foz, vano celebrar tamén dun xeito un pouco especial.

Os seus propietarios explican que “durante toda a mañá levaremos unha gran mesa de libros á explanada da Praza Conde de Fontao e sacaremos tamén os libros á rúa diante da nosa librería na Avenida da Mariña. Na praza faremos ademais un gran cartel de homenaxe ao libro coa colaboración de toda a xente que se achegue a celebrar con nós esta data festiva para todos os amantes dos libros e da literatura.

Durante toda a mañá do domingo os libros venderanse cun desconto do 10% que se prolongará tamén durante toda a xornada do luns, 24 de abril, na librería.

 

Etiquetas:
11/04/2017

A asociación Pomba do Arco, de Foz, organiza as xornadas de debate "Sentirmos a arte" entre os días 18 e 21 de abril.

O programa dá comezo o 18 de abril con Jorge Salgado, quen titula a súa intervención como O oco que non acouga. O mércores 19 Mercedes Rozas fala sobre A muller e a arte de resistencia. O xoves 20 intervén Daniel Caxigueiro co tema A fotografía como xogo creativo. O venres 21 rematan estas xornadas con Olga Osorio quen aborda O noso audiovisual.

As conferencias celébranse ás 20:30 horas no salón de actos do Cenima de Foz.

 

Etiquetas:
09/04/2017

Unha ducia de locais hostaleiros participarán na XIV Ruta das Tapas, que se celebrará en Foz do 13 ao 15 de abril. Este evento gastronómico, no que a protagonista é a cociña en miniatura, está organizado polo Centro Comercial Aberto. Nas últimas horas foi presentado por Olaya Pedrosa, secretaria de Acia/CCA, e por Rubén Rodríguez, vocal do colectivo. 

As propostas culinarias serviranse en horario de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. As tapas custarán 1,5 euros. 

Os establecementos que participan son: Bar 78, Cafetería Happy Days, Cafetería Mayros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Restaurante Xoyma, Casa Maño, Fraggle Rock Café, O Lar de Bustos, O Muelle Bar, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón. 

O público poderá votar a través do facebook do Centro Comercial...

leer más
Etiquetas:
02/04/2017

O día 9 deste mes, domingo, celebrarase a novena edición da ruta BTT Pico da Lebre, que organiza o Club Ciclista Foz. Foi presentada cun acto no que participaron o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e seis membros da directiva do club: Mauro Álvarez, Ibán Castro, José Antonio González, Lombardero, Iván Rodríguez e Suso Lestegás.

A ruta sairá desde a Praza Conde de Fontao ás 9 da mañá. Unhas das novidades deste ano é a da elección por parte do participante da duración e dureza da proba, posto que a organización propón tres trazados de diferente dificultade para adaptarse aos distintos tipos de ciclistas que queiran achegarse a Foz para gozar dun día de ciclismo puro de montaña. Para os ciclistas que desexen optar pola variante más sinxela teñen preparado un percorrido de 32 quilómetros aproximadamente no que a ascensión total será de...

leer más
Etiquetas:
31/03/2017

A UNED-Aula Universitaria de Foz organiza varios cursos e outras actividades durante o segundo trimestre do ano. Foron presentados polo coordinadora do centro, Fuensanta Otero Beltrán, e polo alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e versarán sobre asuntos como a memoria histórica, o buceo, o Photoshop, a robótica e o maltrato infantil.
Fuensanta Otero anunciou: “temos tres tipos de actividades culturais ao longo deste trimestre. Unha delas é a recuperación da memoria histórica sobre a guerra civil española, outra é un curso de buceo e a última é un curso sobre o color; xa levábamos tempo impartindo cursos de debuxo e os alumnos estaban moi interesados polo de color. Tamén temos unha actividade de Photoshop e dous talleres de robótica, un máis básico e outro de perfeccionamento”.

Finalmente a coordinadora da aula universitaria da...

leer más
Etiquetas:
31/03/2017

A programación cultural do Concello de Foz para o vindeiro mes de abril comeza mañá, sábado, día 1, cunha representación de teatro infantil a cargo da compañía Ghazafelhos, que porá en escena a obra titulada Rubicundo. Está dirixida a nenos e nenas a partir de 5 anos. Será ás 18:30 horas na Sala Bahía e o prezo das entradas é de 1,5 euros para os nenos e de 2,5 euros para os adultos.

O seguinte acto incluído na programación cultural do Concello focense é un concerto a cargo da Aula Coral do IES de Foz, que actuará na basílica de San Martiño o xoves, día 6, ás 20:30 horas.

Desde o sábado 8 ata o domingo 16 desenvolveranse os actos da Semana Santa de San Martiño e da XIV Semana da Música Xosé Alonso, que organizan a Confraría do Desencravo e a Delegación de Cultura do Concello de Foz.

Na...

leer más