Foz

Etiquetas:
16/01/2017
A Librería Bahía, de Foz, acolle o 19 de xaneiro a presentación o libro "As contas que nos contan", de Xosé Díaz. Organiza: A Pomba do Arco.
 
A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza para o 19 de xaneiro, a presentación do libro "As contas que nos contan", de Xosé Díaz Díaz. O acto terá lugar na Librería Bahía de Foz ás 20:30 horas.
 
Nesta obra, editada por Sermos Galiza, analízanse as causas e as formas do espolio económico de Galicia. A presentación correrá a cargo de Xoán Ramón Fernández Pacios, presidente da Pomba do Arco, e posteriormente tomarán a palabra Xoán Costa, conselleiro delegado de Sermos Galiza, e o autor, Xosé Díaz Díaz.
 
A Pomba do Arco quere con este acto informar sobre determinados aspectos da realidade económica de Galicia, e de xeito moi particular fornecer elementos de análise que rachen co tópico dunha realidade subsidiada ou necesitada da esmola...
leer más
Etiquetas:
13/01/2017
A III Festa dos Callos da parroquia de Santa Cilla, na que colabora o Concello de Foz, celebrarase o día 28 deste mes.
 
O Concello de Foz colabora na organización da III Festa dos Callos que terá lugar na parroquia de Santa Cilla o día 28 deste mes, sábado.
 
Esta cita gastronómica, organizada pola Asociación Cívico Cultural Santa Cecilia, dará comezo ás 21:30 horas. O menú estará composto de empanada, callos, postre, café, pan e bebida (viño, auga e refrescos). O prezo é de 15 euros por persoa, pero para os nenos e nenas é gratis. A cea estará amenizada por Disco Móvil Coco Loco.
 
As persoas que queiran asistir a esta terceira edición da Festa dos Callos de Santa Cilla, en Foz, poden facer a reserva nos números de teléfono 670.50.91.69 (Pepe) ou 661.70.24.06 (Anxel) antes do mércores 25 de xaneiro.
 
 ...
Etiquetas:
13/01/2017
Foz conta cunha App para dispositivos móbiles denominada "Looking Foz", que xa está operativa. Os usuarios poden ser guiados polas rutas turísticas cun sistema de xeolocalización.
 
O Concello de Foz presentou no salón de actos do Cenima unha aplicación turística para dispositivos móbiles denominada Looking Foz, que xa está operativa e permite atopar rutas turísticas xeolocalizadas, información de eventos ou recibir avisos do Concello en tempo real.  
 
En primeiro lugar a técnica municipal de turismo de Foz, Mari Fe Rouco, manifestou na presentación que “esta campaña turística é para promover o concello de Foz a través duns vídeos e dunha app para dispositivos móbiles baixo o slogan O teu destino A Mariña. Foz o teu punto de encontro”.
 
Marifé Rouco salientou que “a aplicación turística Looking Foz estará dispoñible para dispositivos Android e Ios e nela imos poder atopar rutas turísticas xeolocalizadas, información...
leer más
Etiquetas:
11/01/2017
A XIV Festa do Chícaro celebrarase en Foz os días 21 e 22 de febreiro. Haberá degustacións de berberechos en varias preparacións na carpa instalada no peirao e nos locais de hostalería da vila.
 
O Concello de Foz ven de presentar este mediodía a XIV Festa do Chícaro que se celebrará os días 21 e 22 deste mes con degustacións de berberechos en varias preparacións na carpa instalada no peirao e nos locais de hostalería da vila. No acto participaron o alcalde, Javier Jorge Castiñeira; o concelleiro de Mar, Pedro Fernández Manín; e o presidente do Centro Comercial Aberto (CCA) de Foz, José Carlos Paleo.
 
O alcalde dixo que “a Festa do Chícaro sempre é un clásico no mes de xaneiro e nesta ocasión celebrarase os días 21 e 22. O 21 no peirao de Foz nunha carpa instalada para o evento e o día 22 unicamente nos locais de hostalería, co mesmo formato de todos os anos”.
 
O rexedor focense asegurou: “estamos contentos porque é unha festa que...
leer más
Etiquetas:
09/01/2017
Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta por Asturias. Será o 21 de xaneiro e discorrerá dende Santa María del Mar ata Ranón. A inscrición está aberta.
 
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a primeira andaina deste ano para o sábado 21 de xaneiro.
 
Nesta ocasión o percorrido discorrerá por terras asturianas cunha ruta de dificultade media, pola costa dende Santa María del Mar ata Ranón. Os organizadores aseguran que se trata dunha fermosa ruta polas vistas dende o cabo Vidio ata cabo Peñas, cuns cantís de ata 100 metros de altura. Ademais visitaranse os vestixios da guerra civil que quedan en Ranón, unha casamata e trincheiras.
 
A saída será o sábado 21 de xaneiro ás 8:00 horas do Concello, e o derradeiro día para anotarse é o día 18 deste mes. Para facer as inscricións hai que chamar aos números de teléfono 670 369 017 (Morís) ou 676 561 594 (Nelli). O prezo para o socio federado é...
leer más
Etiquetas:
30/12/2016
A Foz Big Band dará un concerto o 3 de xaneiro na Sala Bahía. O acto está organizado pola Concellería de Cultura de Foz.

A Foz Big Band ofrecerá un concerto o vindeiro martes, día 3 de xaneiro de 2017, ás 20:30 horas na Sala Bahía. Está organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz.

Etiquetas:
15/12/2016
O CCA de Foz sorteará 1.000 euros en vales de compra este Nadal. Será o 27 de decembro. E organiza unha nova edición do concurso de escaparates.
 
O Centro Comercial Aberto de Foz sorteará 1.000 euros en vales de compra este Nadal. Será entre os clientes que fagan as súas compras no comercio asociado local entre o 17 e o 24 de decembro. Alí van recibir uns boletos que deberán cubrir e depositar nas árbores dos desexos que atoparán nos establecementos que participan nesta campaña. E o día 27, entre todos os recibidos, 10 serán premiados con 100 euros en vales de compra cada un. O sorteo realizarase a través da emisora local Radio Foz. 
 
Os 38 locais que se dan cita na campaña de Nadal do Centro Comercial Aberto de Foz son: 5 Lobiños Moda Infantil, Alain Afflelou, Arrullos, Pastelería Amarena, Calzados Pirde, Casa Moreda, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Decoraciones Pura, Din y Don, Don Zapato, Ecoadellao Productos Ecológicos,...
leer más
Etiquetas:
14/12/2016

O local social da localidade focense de Marzán acollerá este venres, día 16, ás 20:45 horas unha representación teatral a cargo do grupo Pico do Castro que ofrecerá a obra titulada O Consultorio.

Esta actividade está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e a asociación de veciños O Torques, de Marzán.

Etiquetas:
13/12/2016
En Foz o local social de Marzán acollerá o 16 de decembro unha representación teatral a cargo do grupo Pico do Castro.
 
O local social da localidade focense de Marzán acollerá este venres, día 16, ás 20:45 horas unha representación teatral a cargo do grupo Pico do Castro que ofrecerá a obra titulada O Consultorio.
 
Esta actividade está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e a asociación de veciños O Torques, de Marzán.
 
Etiquetas:
12/12/2016
Sendeiros de Foz instalará un ano máis o Belén de Cumes. Será o 17 de decembro na Cornería. A camiñata dará comezo ás dez da mañá.
 
A asociación Sendeiros de Foz instala un ano máis o Belén de Cumes. Nesta ocasión diríxese cara a Cornería o sábado, 17 de decembro, e a camiñata, de dificultade baixa, comezará na capela do Carme de San Martiño ás 10:00 horas. Os participantes xuntaranse no Concello para poder levar ao punto de saída a quen non teña medio de transporte. A saída dende o Concello está prevista para as 9:30 horas.
 
Todo o que queira pode levar unha figuriña para facer máis grande o belén, xa que o ano pasado colocáronse as que se puxeran no Pico da Lebre. Todos os interesados deben anotarse para tramitar o seguro de accidentes, a actividade é gratuíta. As anotacións poden facerse ata o venres 16 nos números de teléfono 676 561 594 (Nelli) e 670 369 017 (Morís), e por e-mail en...
leer más