Foz

Etiquetas:
16/05/2017

O Colexio Martínez Otero de Foz organizará e acollerá o vindeiro sábado, 20 de maio, o campionato provincial escolar de xadrez, a través do seu programa XOGADE. Este certame reunirá aos mellores axedrecistas bexamíns, alevíns, infantís e cadetes da provincia. Sumando, así, un total de 25 equipos que competirán nas diferentes categorías.

O evento foi presentando, nas dependencias do club de xadrez do Colexio Martínez Otero, por Antonio Alonso (Director do Colexio Martínez Otero), Javier Castiñeira (Alcalde do concello de Foz) e Fernando Rodríguez (Adestrador de xadrez no Colexio Martínez Otero). Manolo Cadramón, responsable do Servizo Provincial de Deportes de Lugo, desculpou a súa ausencia por incompatibilidade de axenda.

 

Etiquetas:
14/05/2017

Na Librería Bahía celebrarán o día das letras galegas o 18 de maio por ser festivo o día 17.
Desde este establecemento explican que “organizamos en colaboración co club de lectura da Pomba do Arco un coloquio co escritor vivariense Manuel Lopez, xerente de Gráficas Lar, editor e autor do relato Tres Balas, editado por Edicións Embora”.

Tres Balas é o relato do último día da vida dun fuxido da Guerra Civil. A través dos acontecementos e pensamentos do seu personaxe, Manuel da conta cunha prosa fermosa e concisa do que foi a realidade dos fuxidos e de todos aqueles que, dende as vilas e aldeas, mantiveron contacto con eles. Unha historia próxima aínda no tempo que cómpre manter viva.

Ademais do coloquio que se celebrará o xoves, 18 de maio, ás oito e media da tarde, durante todo o día o libro galego terá un 10...

leer más
Etiquetas:
11/05/2017

A asociación Sendeiros de Foz organiza unha ruta de irmanamento co grupo Rebollín de Salas que discorrerá por Somiedo en Asturias, o sábado 20 de maio.

A saída será ás 7:00 horas do Concello e o prazo para anotarse remata o día 17.

Os prezos para os socios federados é de 30 euros, 34€ para os socios non federados e 40 euros para os non socios. O ingreso debe facerse en conta bancaria.

É obrigatorio anotarse e pode facerse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es

Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo e informan que a dificultade da ruta é media.

Este é o andareiro 122 que organiza Os sendeiros de Foz que conta coa colaboración do...

leer más
Etiquetas:
11/05/2017

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, asistiu esta mañá en Vigo á presentación da carreira de atletismo Desafío 15K Series, que patrocina o Banco Mediolanum, e que chegará á Mariña o 29 de outubro. Esa será a xornada na que os asistentes realicen o percorrido comprendido entre Burela e Foz. 

O Desafío 15K Series dará comezo o 21 de maio en Ourense, seguirá o 11 de xuño en Arousa Norte, o 1 de outubro os participantes farán o percorrido denominado Atlántico, o 29 de outubro será a quenda para A Mariña e rematará nunha data por concretar en Vigo. 
Fernández Rey subliñou que “seguimos a apostar por este tipo de probas polo que supoñen para o deporte, pero tamén para a promoción turística de Burela. Haberá un grande ambiente eses días na zona e consideramos que a nosa participación é positiva para A Mariña e para Burela”....

leer más
Etiquetas:
10/05/2017

Foz acollerá do 30 de xullo ao 5 de agosto deste ano un campus de baloncesto e un campamento urbano multideportivo organizados polo CB Ensino, de Lugo. Na presentación destes eventos participou o alcalde, Javier Jorge Castiñeira.

O campus de baloncesto está dirixido a mozos de entre 9 e 17 anos e o campamento urbano para nenos desde os 3 aos 12 anos. Os dous eventos ofrecen varias posibilidades de participación: mañás, de 10:00 a 14:00 horas, cun prezo base por persoa de 60 euros; media pensión, de 10:00 a 18:00 horas, cun prezo base por persoa de 120 euros; e pensión completa, cun prezo base por persoa de 280 euros.

A organización explica que esta oferta de ocio activo é posible grazas á colaboración entre un amplo grupo de entidades públicas e privadas: Porta XI Ensino, Concello de Foz, CB Celtas de Foz e...

leer más
Etiquetas:
09/05/2017

O Concello de Foz convoca un concurso para a elección dun logotipo que será a imaxe do Parque Infantil de Tráfico. Ademais dentro da programación cultural para este mes de maio terá lugar a Romaría de Bispo Santo, teatro infantil, cine e varias representacións teatrais.

O Concello de Foz organiza o concurso do deseño dun logotipo destinado a ser a imaxe representativa do Parque Infantil de Tráfico de Foz. O tema do deseño será libre e valorarase calquera tipo de referencia que se identifique co Parque, o logotipo deberá adaptarse a calquera soporte de difusión e cada concursante só poderá presentar un deseño. As propostas entregaranse aos directores dos colexios e o prazo de presentación remata o día 26 deste mes. Haberá un único premio consistente en material escolar por valor de 200 euros.

Ademais este venres,...

leer más
Etiquetas:
08/05/2017

O Concello de Foz organiza de novo este novo a campaña denominada Eu coido o Santo, iniciativa que ten como obxectivo sensibilizar aos asistentes á romaría do Bispo Santo sobre a necesidade de deixar limpo o lugar onde se celebra este festexo.

“Reeditamos, despois do éxito do ano pasado, esta campaña que con motivo da celebración da romaría do Bispo Santo, do 12 ao 14 de maio, o Concello de Foz pon en marcha co obxectivo de sensibilizar aos asistentes a este festexo sobre a necesidade de deixar limpos os lugares onde acampen. Entre os participantes nesta iniciativa sortearase unha cea para un máximo de 20 persoas”, anunciaron dende o Concello focense.

Os participantes nesta iniciativa deberán colgar fotografías nas redes sociais nas que ten presenza o Concello de Foz  (facebook, twitter e instagram) do antes e...

leer más
Etiquetas:
07/05/2017

A Casa das Letras, de Ribadeo, acolleu o venres a numeroso público para asistir á presentación da publicación titulada As covas do rei Cintolo, editada por Lar e na que se recolle de forma facsimilar un libro de Daniel Cortezón, do ano 1956, e un cómic de Suso Peña. 

No acto interviñeron o editor, Manuel López; o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa; o concelleiro de Cultura de Ribadeo, Farruco Graña; e a deputada provincial responsable da Área de Cultura, María Pilar García Porto. Tamén estiveron as viúvas dos ribadenses Daniel Cortezón e Suso Peña, Mati e Carmucha.

O responsable de Libros Lar, Manuel López, manifestou hoxe que “na presentación saíu todo estupendamente: asistiu moito público, as intervencións dos convidados estiveron de luxo, houbo moita emoción polo recordo a Daniel Cortezón e Suso...

leer más
Etiquetas:
06/05/2017

Foz acollerá o día 1 de setembro, venres, a primeira edición da Reviravolta Normanda, unha carreira de cinco quilómetros con obstáculos. O evento foi presentado cun acto ao que asistiu o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.

A carreira constará de dúas categorías, elite e afeccionado, e comezará ás oito da tarde na Praza Conde de Fontao. A entrega de dorsais será a partir das seis da tarde, os participantes na categoría elite sairán ás 20:30 horas e os de afeccionado ás 20:45. Haberá obsequio de camiseta e bolsa para os corredores. 

Ademais do alcalde de Foz, á presentación asistiron membros da asociación Desembarco Normando, que é a organizadora do evento, e de Run Foz Run, colectivo que colabora con esta carreira.

A inscrición para participar poderá realizarse a través da páxina web...

leer más
Etiquetas:
03/05/2017

O II Torneo de Ximnasia Rítmica Concello de Foz, organizado polo Club de Ximnasia Rítmica Areoura, terá lugar o vindeiro sábado, 6 de maio no pavillón de Marzán a partir das 16:30 horas. Foi presentado hoxe, mércores, cun acto ao que asistiron o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira; a secretaria e adestradora do club Areoura, Lucía Filgueira; así como as socias do club Carolina Mansilla, María Luisa Marcos e Paula e Carla Díaz.

O torneo é de nivel escolar e iniciación en todas as categorías, desde baby ata senior, e haberá modalidade conxunto e individual. Os clubs inscritos son: Club E.X. Porta Norte, Club Ximnasia Rítmica Viveiro, Club Becerreá, Club Xirandela, Club Violeta, Club Filigrana, Club A.D. Aixa, Club Escola Rías Baixas, Club Ría de Marín, C.D. Rítmica La Bañeza, e Club E.X. Areoura, como anfitrión. Ao redor de 300...

leer más