Foz

Etiquetas:
21/12/2018

O comercio de Foz abrirá as súas portas os domingos 23 e 30 de decembro “co obxectivo de facilitar as compras destas datas á súa clientela”, segundo explica o presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo.

Etiquetas:
20/12/2018

A programación de Nadal do Concello de Foz inclúe actividades como a visita de Papá Noel, a cabalgata dos Reis Magos, actuacións musicais, teatro e unha festa infantil.

Mañá, venres, de 12:00 a 13:00 horas na casiña de Papá Noel situada diante da Casa do Concello haberá elfos para recoller as cartas dos nenos e nenas. Ese mesmo día ás 20:30 horas na Sala Bahía terá lugar un festival de Nadal da Escola de Música de Foz 

O sábado 22 de 12:00 a 13:00 horas na casiña de Papá Noel situada diante da Casa do Concello, volverá a haber elfos para recoller as cartas dos nenos e nenas. Ese mesmo día de 17:00 a 20:00 horas na Sala Bahía haberá unha festa infantil con inchables, talleres e xogos populares gratuítos para todos os nenos e nenas, con chocolatada a cargo de O Feitizo. E ás 17:00 horas no pavillón de Marzán terá...

leer más
Etiquetas:
16/12/2018

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o Belén de Cumes, no monte Castelo de Vilacampa, en Ferreira, o 23 de decembro.

A saída será ás 9:00 horas do Concello de Foz, e ás 9:30 horas do Matadero de Ferreira.
Esta actividade é gratuíta e hai que anotarse para participar. O prazo remata o 19 de decembro. As inscricións poden facerse nos números de teléfono 606 718 482 (Laura) e 670 369 017 (Morís). Está incluído o seguro de accidentes.

A organización recomenda aos participantes que leven figuriñas para facer máis grande o belén.

Colabora con este evento o Concello de Foz.

 

Etiquetas:
15/12/2018

A terceira edición da Carreira Popular de Nadal de Foz, que se celebrará o día 24 deste mes, foi presentada polo alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e por Manuel Eiras.

Explicaron que será “unha tarde para gozar do deporte, antes de achegarse ás ceas familiares de Noiteboa. Haberá carreiras en todas as categorías: pícaros, benxamín, infantil, cadete e absoluta. Comezarán ás 16:30 horas e a absoluta sairá ás 17:00, con saída e chegada na Praza Rosalía de Castro.
 
A inscrición está aberta en: https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/iii-run-foz-run-nada

Etiquetas:
14/12/2018

Touporroutou Teatro presenta este sábado, 15 de decembro, Comedia Bífida.

Este grupo, formado polas persoas que poñen en marcha o antroido focego, poñerá en escena a obra Comedia bífida de Manuel Núñez Singala que, en tono de comedia, preséntanos algunhas das situacións que vivimos a diario en relación co galego. A compañía, dirixida por Chus Rábade, está formada por Tono Neira, Marcos Fernández, Almudena Rubal, Olaia Otero, Xorxe Castro, Rebeca Vázquez, Laura e Paz Quiroga.

A representación terá lugar no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz, ás 20:00 horas.

 

Etiquetas:
14/12/2018

Este sábado, día 15 de decembro, a Librería Bahía e Kids&Us organizan unha sesión de contos en inglés, que se celebrará en Librería Bahía de Foz.

Os relatos terán como protagonista a Papá Noël. A actividade está dirixida a nenos e nenas de todas as idades, e dará comezo ás 12:00 horas.

 

Etiquetas:
13/12/2018

A programación cultural do Concello de Foz para a segunda quincena deste mes inclúe actividades de danza, música, teatro e a cabalgata de Papá Noel.

A Sala Bahía, de Foz, acollerá este sábado, 15 de decembro, un obradoiro infantil e xuvenil de danza urbana e contemporánea, ás doce do mediodía, e un espectáculo de danza infantil ás 18:30 horas. O obradoiro de danza urbana e contemporánea é para rapaces e rapazas a partir de 9 anos de idade. Para participar hai que anotarse na Delegación de Cultura do Concello de Foz. E o espectáculo de danza infantil que haberá na Sala Bahía a partir das 18:30 horas titúlase Gaia e corre a cargo de Entremans, de A Coruña, con coreografía e interpretación de Kirenia C. Martínez e Estefanía Gómez. Está dirixido a maiores de 3 anos e ten unha duración de 50 minutos. O prezo das entradas é de 1,5 euros para...

leer más
Etiquetas:
12/12/2018

A Sala Bahía, de Foz, acollerá este sábado, 15 de decembro, un obradoiro infantil e xuvenil de danza urbana e contemporánea, ás doce do mediodía, e un espectáculo de danza infantil ás 18:30 horas. Son actividades organizadas pola Delegación de Cultura do Concello focense.

O obradoiro de danza urbana e contemporánea e para rapaces e rapazas a partir de 9 anos de idade. Para participar hai que anotarse na Delegación de Cultura do Concello de Foz.

E o espectáculo de danza infantil que haberá na Sala Bahía a partir das 18:30 horas titúlase Gaia e corre a cargo de Entremans, de A Coruña, con coreografía e interpretación de Kirenia C. Martínez e Estefanía Gómez. Está dirixido a maiores de 3 anos e ten unha duración de 50 minutos. O prezo das entradas é de 1,5 euros para nenos e de 2,5 para adultos.

... leer más
Etiquetas:
10/12/2018

Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta para este domingo, 16 de decembro, ao teito do concello de Tapia, ao pico Pousadoiro e á fervenza Cioyo.

A saída será ás 8:00 horas de Foz, no cruce da rúa Cervantes con Maestro Lugilde, e ás 8:30 horas de Ferreira. O último día para anotarse é o mércores 12. As inscricións poden facerse nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017, e no e-mail: ossendeiros@yahoo.es.

O prezo é 22 euros para os socios federados, 26€ para os socios non federados e 31 euros para os non socios. Inclúe o xantar.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

Colabora o Concello de Foz.

Etiquetas:
30/11/2018

O vindeiro luns, 3 de decembro, ás 20:00 horas levarase a cabo na Casa da Cultura de Foz unha charla sobre a nosa toponimia. Esta actividade está enmarcada dentro do programa Toponimízate! Falámosche dos nomes da túa terra, que ten como obxectivo divulgar a riqueza da toponimia galega.
 
Nesta charla, ademais de coñecer a orixe e o significado dos nomes de parroquias, barrios,… poderemos aprender a usar a aplicación colaborativa que pretende contribuír á preservación e difusión da microtoponimia galega a través da xeolocalización.
 
A Real Academia Galega coordina esta iniciativa, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.