Foz

Etiquetas:
18/09/2017

O novo curso das escolas deportivas municipais de Foz será presentado mañá, martes, cun acto que se desenvolverá na Casa da Cultura ás seis da tarde. As actividades comezarán o día 2 de outubro, luns, e rematarán o 31 de maio.

Nas escolas deportivas municipais focenses poderán participar todos os alumnos nados entre os anos 2012-2002 (ambos inclusive). Deberán entregar unha fotocopia da tarxeta da seguridade social, adxunta coa ficha.
 
As cotas de inscrición para as actividades son as seguintes: 15 euros ao mes para os nenos/as que vaian a unha actividade; 17 euros ao mes para os nenos/as que vaian a dúas ou máis actividades. As familias numerosas terán un desconto do 50 por cento.  

As fichas de inscrición entregaranse na Casa da Xuventude. 

Etiquetas:
15/09/2017

O Concello focense e o Club Ciclista Foz organizan o Día da Bici, que se celebrará o 23 deste mes de setembro, sábado.

O Concello de Foz anunciou hoxe que “a inscrición para participar poderá realizarse na Casa da Xuventude focense desde o vindeiro luns, día 18, ata o venres 22 ou no teléfono 982.13.30.37. E tamén é posible apuntarse o mesmo día no lugar de saída da marcha, que é o parque infantil de tráfico (PIT), de 14:30 a 15:30 horas. Este ano de novo pedimos a colaboración co Banco de Alimentos con un quilo de produtos (o que máis se necesita é leite, galletas, cacao, pasta ou produtos de hixiene).

Tamén explican: “partiremos ás 16 horas do PIT ata a praia da Pampillosa, onde teremos o avituallamento. Esta xornada lúdica é un clásico que moitas persoas agardan para compartir unha xornada de deporte en familia...

leer más
Etiquetas:
07/09/2017

A Deputada de Recadación Económica e Facenda, Mayra García Bermúdez, inaugurou a mostra itinerante Nós+outrxsen rede, que estará exposta ata o 8 de outubro, no CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña) de Foz. Fíxoo xunto ao Tenente de Alcalde de Foz, Pedro José Fernández Martín, á Coordinadora da exposición, Encarna Lago, e a varios autores desta exposición colectiva. 

García Bermúdez sinalou que “dende o Goberno da Deputación programamos durante todo o ano nos Concellos da provincia, exposicións, obradoiros e actividades que promoven e defenden a igualdade, como o proxecto Nós+outrxs en rede, ao mesmo tempo que dinamizamos a vida nas vilas e difundimos o traballo dos artistas lucenses por toda a provincia”.

Trátase dunha colección de máis de 140 obras, que conta coa colaboración do municipio focense, na que...

leer más
Etiquetas:
04/09/2017

As rúas de Foz acollerán dúas actividades de cine ao aire libre mañá, martes, e este mércores, día 6.

Mañá, martes, no paseo da Rapadoira terá lugar a iniciativa denominada A Caixiña dos Mistos, que ofrece proxeccións e obradoiros de cine para nenos e nenas maiores de 3 anos de idade.

E este mércores, día 6, ás dez da noite proxectarase a película Os fenómenos, protagonizada por Lolas Dueñas e Luis Tosar e para maiores de 7 anos. Está previsto que se celebre na praza Conde de Fontao, pero en caso de mal tempo trasladarase á Casa da Cultura. 

Esta iniciativa da Biblioteca Pública Municipal de Foz, chamada Cine de Verán, está subvencionada pola Secretaría Xeral de Normalización Lingüística, da Xunta de Galicia, dentro do programa FalaRedes.

Etiquetas:
28/08/2017

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza un andareiro para o día 10 de setembro a Pontedeva en Ourense, onde terá lugar a XXIX Marcha Galega de Montañeiros Veteranos.

A saída será ás 5:50 horas do Concello. Os prezos son 34 euros para os socios federados, 39 € para os socios non federados, e 44 euros para os non socios non federados. O xantar está incluído e o ingreso debe facerse en conta bancaria.

Para participar é obrigatorio anotarse e o prazo de inscrición remata o mércores 6 de setembro. Pode facerse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 17, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es.

Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo e informan de que a ruta ten unha dificultade media.

 

Etiquetas:
28/08/2017

A praza Conde de Fontao, de Foz, acollerá este mércores, día 30, ás dez da noite a proxección ao aire libre da película Maimiño e o espello máxico. En caso de mal tempo esta actividade trasladarase ao salón de actos da Casa da Cultura.

A bibliotecaria municipal, María Jesús Álvarez Sánchez, anunciou hoxe que “a Consellería de Cultura e Educación, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura e máis da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), recupera para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística o programa Redecinema, que chegará desta volta a Foz coa película para público familiar Maimiño e o espello máxico. É unha versión libre do conto infantil do francés Édouard de Labouyale de Polgariño adaptado por José Martí. Conta a historia dun pequeno labrego que quere sacar á súa familia da pobreza. Unha...

leer más
Etiquetas:
24/08/2017

A ría de Foz acollerá este sábado, 26 de agosto, a celebración do primeiro Open Quedada de Pesca Deportiva en embarcación na modalidade de curricán. O Concello colabora na organización deste evento organizado pola asociación A Ribeira. O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, salienta que “a pesca ao curricán é algo típico desta comarca”.

O rexedor municipal anuncia que “este fin de semana celébrase o primeiro torneo de pesca deportiva ao curricán, organizado pola asociación A Ribeira. É unha alternativa máis deportiva e de ocio que hai no noso concello, que non existía a día de hoxe e hai que felicitar aos organizadores e ao seu presidente, Alberto Burundarena, porque no escaso tempo que levan funcionando son moitas as actividades nas que están a traballar arredor da pesca deportiva e recreativa”.

Javier...

leer más
Etiquetas:
17/08/2017

Este domingo, día 20, celebrarase a quinta edición da Feira de Gando en Cangas de Foz organizada polo Concello focense. A principal novidade este ano terá lugar o sábado, cando haberá unha ruta de tapas con exaltación de carne de poldro. O evento foi presentado polo alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira; os concelleiros Pedro Fernández Manín e Maite López Rego; e representantes dos colectivos colaboradores, que son Cabaleiros de Cangas, Agrupación Deportiva e Cultural Os Castros, Asociación de Veciños San Pedro e Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Real, Rañadoiro e Agudo.

Javier Castiñeira, salientou: “estamos presentando a quinta edición da Feira de Gando de Cangas e o hai que agradecer aos promotores, xente xoven afeccionada aos cabalos e ao gando en xeral, sobre todo por manter unha tradición moi importante nunha parroquia...

leer más
Etiquetas:
17/08/2017

A feira Foz Market abría onte as súas portas na explanada portuaria focense con food trucks, salón do automóbil, ocio infantil e actuacións musicais aos mediodías e polas noites. A entrada a Foz Market é gratuíta e a feira prolongarase ata o vindeiro domingo, día 20. Na súa apertura foi visitada polo alcalde de Foz, Javier Castiñeira, o presidente de ACIA/CCA de Foz, José Carlos Paleo, e outros membros da Corporación Municipal.

O rexedor focense salientou que “estamos nun sitio incrible, na zona portuaria, nun ambiente estupendo. A verdade é que tanto as food trucks, como a zona infantil e de automóbiles fan un recinto que está moi visitable”.

Javier Castiñeira quixo “recomendar a todo o mundo que disfrute dunha fin de semana apaixonante aquí en Foz con cantidade de actividades. Foz Market para todo tipo de...

leer más
Etiquetas:
17/08/2017

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a última saída dos Sábados de Verán, o 19 de agosto.

A ruta programada para esa xornada discorrerá por Penabor e ten unha dificultade media. A saída será ás 9:00 horas do Concello.

O prezo é 2 euros para as persoas non federadas, seguro de accidentes obrigatorio. Para participar hai que anotarse e pode facerse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es O prazo de inscrición remata o xoves 17.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e auga e comida para o camiño.