Foz

Etiquetas:
29/10/2017

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, inaugurou o novo hangar de piraguas do Club Kayak de Foz, que o organismo provincial financiou en solitario con 100.000 euros e que dende comezos de mes xa funciona a pleno rendemento. Fíxoo acompañado polo Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e a Deputada de Economía, Mayra García Bermúdez. No acto tamén participaron o Presidente do Club Kayak de Foz, Nacho Romillo, e o Presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea García.

Campos Conde lembrou que “fai un ano mostramos o noso firme compromiso para facer posible a construción deste novo hangar de piraguas, nunha clara aposta polo deporte como motor de dinamización social e económico da provincia. E hoxe estamos aquí, de novo, para ratificar este compromiso. Pois o hangar é xa unha realidade, grazas a achega de 100.000 euros...

leer más
Etiquetas:
27/10/2017

O Concello de Foz, a través da Delegación de Servizos Sociais que dirixe a concelleira Mercedes González Alonso, organiza cursos de pilates, de zumba e de bolillos. Os tres comezarán a segunda semana de novembro e terán unha duración de cinco meses.

O curso de pilates desenvolverase os luns e mércores ás 16:30 horas no baixo do Centro Social. Empezará o día 6 de novembro, luns, e o prezo é de 15 euros ao mes.

O de zumba terá dous grupos que terán as clases os martes e xoves, pero un será as 16:30 horas e o outro ás 21:00 horas. Nos dous casos impartiranse no Centro Social, pero o primeiro será no baixo e o segundo no cuarto andar. Comezará o 7 de novembro, martes, e o prezo é de 15 euros ao mes.

E o de bolillos desenvolverase os mércores ás 15:20 horas no cuarto andar do Centro Social....

leer más
Etiquetas:
27/10/2017

O vindeiro xoves, 2 de novembro, ás oito e media da tarde, na Librería Bahía de Foz, Paco Rivas vai presentar o seu último libro: Mar… usía. Relatos Salpresados. Editado por Baía Edicións.

Trátase dun conxunto de relatos que teñen como protagonistas ao mar e as súas xentes.

Xunto co autor, estarán na Librería Bahía, de Foz, o profesor Bernardo Penabade e a editora Belén López Vázquez.

Etiquetas:
24/10/2017

La primera edición de la 15K A Mariña-Banco Mediolanum reunirá el próximo domingo, 29 de octubre, a más de 300 corredores. Así lo ha confirmado esta mañana el director técnico de la prueba, Serafín Martínez, en la presentación llevada a cabo en el CENIMA y en la que también estuvieron presentes los concejales de Deportes de Foz y de Burela, Mercedes González y Ramiro Fernández,  el alcalde de Burela, Alfredo Llano, y la responsable de la zona norte de Banco Mediolanum, Ivonne Pousa.

Merchi González confesaba especial interés en la celebración de la 15k A Mariña-Banco Mediolanum por su capacidad para mostrar que “en Lugo también tenemos costa” y“para que la gente pueda descubrir los espectaculares paisajes de la Mariña lucense”. Por su parte, el alcalde de Burela hacía hincapié en la idea de que “el deporte es la mejor manera de dar a...

leer más
Etiquetas:
19/10/2017

O artista Xurxo Souto presentará mañá, venres, en Foz, o seu espectáculo titulado Cantigas para terrícolas e o audiovisual Dos gaiteiros do mar. Este acto, organizado pola biblioteca pública municipal, será ás 20:30 horas na Casa da Cultura focense e contará coa colaboración do grupo Os Larpeiros, de Foz.

A bibliotecaria municipal, María Jesús Álvarez Sánchez, explicou que “Cantigas para terrícolas propón, en formato de conversa e música, un achegamento á literatura do mar, a partir dos Contos do Mar de Irlanda, libro do que o propio Xurxo Souto é autor. Nesta obra, alén das testemuñas orais, escolma tamén outros moitos libros de temática oceánica. Na parolada anima os asistentes á súa lectura e, en xeral, á descuberta deste gran patrimonio descoñecido. Pois, como dixo Staffan Mörling: Galicia non é un fin da terra, é un centro do mar....

leer más
Etiquetas:
13/10/2017

A asociación sociocultural Pomba do Arco organiza o 21 de outubro, un roteiro polos muíños do río Centiño, no seu tramo desde Porto ata a ponte de Vilaxoane. A actividade estará guiada pola estudosa do patrimonio focego Silvia Fiallega Lorenzo.

O percorrido polos muíños do río Centiño vai comprender a visita ao muíño do Angelito en Porto, ao río de Sidro,  ao muíño de Mariña en Vilaxoane e ao muíño de Amadora na ponte de Vilaxoane. A visita que se desenvolverá polas beiras do río Centiño, comprenderá tamén unha demostración do funcionamento destes muíños, concretamente no muíño de Angelito.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente no correo electrónico da propia asociación apombadoarco@gmail.com ou ben chamando ao teléfono 608 555 010. O...

leer más
Etiquetas:
11/10/2017

A vixésimo sexta edición da ruta cicloturista Pardo de Cela celebrarase o día 22 deste mes, domingo, con saída desde a Praza Conde de Fontao, de Foz.

Este evento foi presentado por compoñentes do Club Ciclista Foz e o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira. A saída será ás 9 da mañá desde a praza Conde de Fontao e cubriranse un total de 98 quilómetros.

Desde o Club Ciclista Foz animan a participar nunha ruta “para admirar paraxes, pasar un día de ciclismo en estado puro e gozar da bicicleta fóra de toda competición. O alto da Ermida, O Pereiro, O Cadramón ou Moucide son os puntos que entrañarán máis dificultade, aínda que tamén hai preparadas escapatorias por se hai quen necesita acurtar a ruta. Un domingo para compartir o deporte do ciclismo”.

As inscricións para participar poden...

leer más
Etiquetas:
05/10/2017

A Biblioteca Pública Municipal de Foz acollerá unha sesión de contos para bebés mañá, venres, ás seis da tarde. Titúlase Os contos do chupete e corre a cargo de Migallas Teatro.

A bibliotecaria municipal, María Jesús Álvarez Sánchez, explica que “Os contos do chupete é unha sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos poderán chuchar contos, cancións e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta para bebés na que gozar en familia”.

Esta actividade é para bebés de 0 a 3 anos, ten unha duración de 35 minutos e forma parte da iniciativa Ler conta moito.

Etiquetas:
04/10/2017

A programación da Delegación de Cultura do Concello de Foz para este mes de outubro está centrada fundamentalmente no teatro. Comeza mañá, xoves, cunha representación da compañía Ibuprofeno Teatro na Casa da Cultura, ás 20:30 horas.

O concelleiro de Cultura en Foz, Ánxel Paleo, anunciou hoxe “a programación cultural para o mes de outubro, na que haberá teatro infantil, teatro de adultos, teatro afeccionado e cine. Dará comezo este xoves, día 5, ás oito e media da tarde na Casa da Cultura coa obra de teatro para adultos O Furancho, da compañía Ibuprofeno Teatro; é unha comedia que trata de dúas mulleres fortes e con personalidade que loitarán para lograr que os seus sonos se fagan realidade”.

Ánxel Paleo engadiu que “o sábado, día 7, será para os máis pequenos da casa, cunha obra de teatro infantil da compañía...

leer más
Etiquetas:
04/10/2017

A delegación de Seguros Mapfre en Foz, que está na Avenida de Álvaro Cunqueiro, número 25 acaba de reabrir con nova dirección, a cargo de Maite López Rego. Na oficina tamén traballa Lorena Seivane García, como xestora de clientes.

Maite López Rego, natural e veciña de Cangas de Foz, leva 15 anos traballando en Seguros Mapfre, labor que desempeñaba ata hai uns meses na delegación desta aseguradora en Burela.

A oficina de Mapfre en Foz está aberta ao público de luns a venres en horario de 09:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00. Os teléfonos de atención aos clientes son o 982.132.152 e o 619.24.96.60 e tamén poden contactar a través do correo electrónico lopemt@mapfre.com.