Foz

Etiquetas:
30/01/2018

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación dos campionatos de baristas que celebrará o IES de Foz entre os días 21 e 23 de febreiro.

Trátase da undécima edición do Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, e da sexta edición tanto do Campionato Internacional de Cata de Cafés das Escolas de Hostalería como do  Campionato Internacional de Baristas Profesionais.

Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, o director do centro, Nicolás Asensio, e o profesor encargado da coordinación dos certames, José Ríos, entre outros.

Etiquetas:
30/01/2018

Este sábado, 3 de febreiro, ás doce da mañá, estará na Librería Bahía o músico Magín Blanco presentando o seu último traballo “Camiños”.

Trátase dun libro disco para público infantil. As ilustracións son de Leandro Lamas. O libro, ademais das letras das cancións e as ilustracións de Leandro Lamas, inclúe textos –contos e poemas- de escritores da talla de Ledicia Costas, Antonio García Teijeiro, Anxos Sumai, María Lado, Victor Freixanes, Francisco Castro, Paula Carballeira, Marta Somoza e Carlos Meixide. Todos eles autores de primeira liña da literatura galega infantil e tamén de adultos.

Os textos complementan as letras das cancións e danlle unha dimensión literaria importante a este traballo de Magín Blanco.

 

Etiquetas:
26/01/2018

A décimo primeira edición do Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, que organiza cada ano o Instituto de Educación Secundaria (IES de Foz) celebrarase nesta ocasión do 21 ao 23 de febreiro. Este evento será presentado en Lugo o vindeiro martes, día 30 deste mes, e na vila focense o 8 de febreiro.

O director do IES focense, Nicolás Asensio, anunciou hoxe que a presentación na capital da provincia desenvolverase no edificio administrativo da Xunta de Galicia o vindeiro martes, día 30, ás doce do mediodía e incluirá unha demostración barista e degustación de cafés, actividades que tamén haberá no acto que se celebrará en Foz o 8 de febreiro, xoves. 

Para a organización do décimo primeiro Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería o IES focense conta coa colaboración da...

leer más
Etiquetas:
25/01/2018

A biblioteca pública municipal Salgado Toimil, de Foz, convoca a décimo sétima edición do certame de poemas de amor. O prazo para a presentación dos traballos rematará o 26 de febreiro. Anunciouno hoxe o concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto.

As bases son as seguintes:

1) Poderán participar todas as persoas que o desexen en tres modalidades: Infantil (ata 12 anos), Xuvenil (de 13 a 18 anos) e Adultos (de 19 anos en diante).
2) O tema será referente ao amor e ao Día de San Valentín.
3) A extensión máxima será dunha folla DIN-A4. Pode ser escrita a máquina, ordenador ou a man (en maiúsculas).
4) Os poemas presentaranse sen ningunha identificación exterior. Deberá acompañar ao poema un sobre pechado no que se introducirá: nome, apelidos, dirección completa, teléfono e a idade.
5) Os poemas...

leer más
Etiquetas:
24/01/2018

A empresa Canguro Express acaba de abrir as súas portas en Foz, concretamente nas galerías comerciais Naray, que están na Avenida da Mariña, número 27, e na web www.canguroexpress.es. Trátase dun buscador de emprego para o fogar, que ofrece os servizos de coidado de nenos e maiores, limpeza e tarefas do fogar e coidado de mascotas.

O propietario e xerente desta empresa, Daniel Villarino Pena, di que “Canguro Express é unha axencia de traballo temporal especializada no fogar”.

Daniel Villarino detalla que “ten catro categorías: coidado de nenos, coidado de persoas adultas dependentes, tarefas do fogar e mascotas”. 

O responsable de Canguro Express explica que “basicamente o que facemos é enlazar xente que quere traballar nese sector con aqueles...

leer más
Etiquetas:
22/01/2018

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, fixo hoxe un balance moi positivo da Festa do Chícaro, que se celebrou este pasado fin de semana, e anuncia que o Concello xa está en modo Entroido. Este sábado, día 27, terá lugar a cea de coroación á que asistirán máis de 750 persoas. Esta afluencia de público obrigou a ampliar a carpa, que contará con seguridade nas tres portas de acceso á mesma, e os asistentes disporán ademais dunha pulseira identificativa para evitar a entrada de persoas alleas ao evento. Outra das novidades será a edición dun vaso exclusivo do Entroido, que se porá á venda ao prezo de 1 euro.

O rexedor municipal manifestou: “estamos moi contentos de como está indo o mes de xaneiro no noso concello. Unha vez rematada a Festa do Chícaro o balance é moi positivo, esgotáronse as existencias que tiña previstas a organización e...

leer más
Etiquetas:
21/01/2018

A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o 26 de xaneiro ás 20:30 horas na Libraría Bahía, de Foz, a presentación do libro “A antiga provincia de Mondoñedo. Poder e política na Galiza vilega”, no que tomará a palabra o autor do volume Xosé Ramón Veiga Alonso.

“A antiga provincia de Mondoñedo. Poder e política na Galiza vilega” é unha investigación histórica sobre as décadas finais da antiga provincia de Mondoñedo, concretamente entre 1780 e 1833, reparando nos feitos históricos de máis relevo, como poden ser a guerra do francés, o trienio liberal ou os anos finais do goberno de Fernando VII.

O volume achega nova e descoñecida información sobre as localidades da comarca nese período, sendo o seu autor, o investigador focego Xosé Ramón Veiga Alonso. Profesor da USC, é un dos mais destacados investigadores do...

leer más
Etiquetas:
18/01/2018

A Festa do Chícaro, que se celebrará este fin de semana, foi presentada en Foz cun acto no que participaron o alcalde, Javier Jorge Castiñeira; o concelleiro do Mar, Pedro Fernández Manín; e o pregoeiro do festexo, o escritor e poeta focense Paco Rivas.

O primeiro tenente de alcalde e concelleiro delegado de Mar, Pedro Fernández Manín, destacou que este evento “está considerado como a primeira festa gastronómica do ano en Galicia” e explicou que “a programación comezou con charlas e proxeccións nos colexios de Primaria de Foz a cargo de Suso de Breogán, unha persoa que ten fotografías e coñece como era Foz nos anos 50 e o que é na actualidade. Ademais hoxe, xoves, no salón de actos da Casa da Cultura houbo unha charla sobre o marisqueo e a acuicultura en Galicia impartida por Susana Novo Vázquez e Justa Ojea Martínez, doutoras en Bioloxía...

leer más
Etiquetas:
17/01/2018

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, presentaron este mércores na Sala de exposicións do Pazo de San Marcos, a XV Festa do Chícaro de Foz. Trátase da cita gastronómica que terá lugar os vindeiros días 20 e 21 de xaneiro na carpa habilitada no peirao de Foz e nos establecementos de hostalería do municipio. O Goberno da Deputación colabora cunha achega económica de 3.000 euros ao Concello para a celebración desta feira co obxectivo de promocionar o berberecho, un produto autóctono cun factor de singularidade turística capaz de atrae a milleiros de visitantes. Durante o acto estiveron acompañados do director da Escola de Hostalería do IES de Foz, Nicolás Asensio, e membros de asociacións e veciños de Foz. 

Campos Conde explicou que “dende o Executivo Provincial buscamos por en valor o...

leer más
Etiquetas:
16/01/2018

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, avanzou que o Executivo Provincial achega un investimento de 100.000 euros para dotar dun novo céspede natural ao campo de fútbol Martínez Otero de Foz, onde realizan os adestramentos todas as categorías deste club e que empreganmáis de 300 rapaces da vila, xa que tamén adestran as Escolas Deportivas e os alumnos do Colexio. Campos Conde fixo este anuncio tras visitar estas instalacións deportivas acompañado do Presidente do Club Deportivo Foz, José María García Rivera.

“Con estas actuacións, levamos achegado, no último ano e medio, case 2,9 millóns de euros á mellora de infraestruturas deportivas. Así, só na modalidade de fútbol xa actuamos en 14 campos da provincia. Somos a administración galega que, sen dúbida, máis inviste en deporte na nosa provincia, a pesar de non ser a institución...

leer más