Foz

Etiquetas:
14/12/2018

Este sábado, día 15 de decembro, a Librería Bahía e Kids&Us organizan unha sesión de contos en inglés, que se celebrará en Librería Bahía de Foz.

Os relatos terán como protagonista a Papá Noël. A actividade está dirixida a nenos e nenas de todas as idades, e dará comezo ás 12:00 horas.

 

Etiquetas:
13/12/2018

A programación cultural do Concello de Foz para a segunda quincena deste mes inclúe actividades de danza, música, teatro e a cabalgata de Papá Noel.

A Sala Bahía, de Foz, acollerá este sábado, 15 de decembro, un obradoiro infantil e xuvenil de danza urbana e contemporánea, ás doce do mediodía, e un espectáculo de danza infantil ás 18:30 horas. O obradoiro de danza urbana e contemporánea é para rapaces e rapazas a partir de 9 anos de idade. Para participar hai que anotarse na Delegación de Cultura do Concello de Foz. E o espectáculo de danza infantil que haberá na Sala Bahía a partir das 18:30 horas titúlase Gaia e corre a cargo de Entremans, de A Coruña, con coreografía e interpretación de Kirenia C. Martínez e Estefanía Gómez. Está dirixido a maiores de 3 anos e ten unha duración de 50 minutos. O prezo das entradas é de 1,5 euros para...

leer más
Etiquetas:
12/12/2018

A Sala Bahía, de Foz, acollerá este sábado, 15 de decembro, un obradoiro infantil e xuvenil de danza urbana e contemporánea, ás doce do mediodía, e un espectáculo de danza infantil ás 18:30 horas. Son actividades organizadas pola Delegación de Cultura do Concello focense.

O obradoiro de danza urbana e contemporánea e para rapaces e rapazas a partir de 9 anos de idade. Para participar hai que anotarse na Delegación de Cultura do Concello de Foz.

E o espectáculo de danza infantil que haberá na Sala Bahía a partir das 18:30 horas titúlase Gaia e corre a cargo de Entremans, de A Coruña, con coreografía e interpretación de Kirenia C. Martínez e Estefanía Gómez. Está dirixido a maiores de 3 anos e ten unha duración de 50 minutos. O prezo das entradas é de 1,5 euros para nenos e de 2,5 para adultos.

... leer más
Etiquetas:
10/12/2018

Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta para este domingo, 16 de decembro, ao teito do concello de Tapia, ao pico Pousadoiro e á fervenza Cioyo.

A saída será ás 8:00 horas de Foz, no cruce da rúa Cervantes con Maestro Lugilde, e ás 8:30 horas de Ferreira. O último día para anotarse é o mércores 12. As inscricións poden facerse nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017, e no e-mail: ossendeiros@yahoo.es.

O prezo é 22 euros para os socios federados, 26€ para os socios non federados e 31 euros para os non socios. Inclúe o xantar.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

Colabora o Concello de Foz.

Etiquetas:
30/11/2018

O vindeiro luns, 3 de decembro, ás 20:00 horas levarase a cabo na Casa da Cultura de Foz unha charla sobre a nosa toponimia. Esta actividade está enmarcada dentro do programa Toponimízate! Falámosche dos nomes da túa terra, que ten como obxectivo divulgar a riqueza da toponimia galega.
 
Nesta charla, ademais de coñecer a orixe e o significado dos nomes de parroquias, barrios,… poderemos aprender a usar a aplicación colaborativa que pretende contribuír á preservación e difusión da microtoponimia galega a través da xeolocalización.
 
A Real Academia Galega coordina esta iniciativa, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

Etiquetas:
29/11/2018

Jesús Sanjurjo Val gañou 300 euros en vales de compra no Campañazo de novembro, que organiza o Centro Comercial Aberto. O terceiro sorteo celebrouse o pasado venres, día 23. A entrega do premio tivo lugar nas últimas horas en restaurante Dandy, que foi o local desde o que Jesús Sanjurjo seguiu o Campañazo. No acto participaron Olaya Pedrosa, secretaria de ACIA/CCA de Foz; María Chao, do restaurante Dandy; e Lourdes, de Lourdes Lencería, a tenda na que o afortunado conseguiu o seu cartón.  

Varias persoas repartíronse os outros 300 euros do terceiro sorteo do Campañazo deste mes de novembro de 2018. 

O Campañazo rematará maña, día 29. En xogo estarán outros 300 euros en vales de compra para o que o cante en primeiro lugar e 300 euros máis para o resto de cartóns premiados. 

O Centro...

leer más
Etiquetas:
26/11/2018

A asociación A Pomba do Arco organiza unha mesa redonda sobre a participación dos mariñaos nas protestas de 1968 en Compostela e París. Será o xoves, 29 de novembro, ás 20:30 horas, na Librería Bahía de Foz. Nese acto tamén se presentará unha publicación coordinada por Xosé Ramón Ermida Meilán, titulada Galiza 1968. A consciencia avivada, na que se analizan eses feitos.

Na mesa redonda estarán presentes tres mariñaos que participaron nas protestas de 1968 en Compostela e París. Trátase de Luis Gonçales Blasco “Foz”, que era un dirixente estudantil compostelá que tivera que exiliarse nese ano de 1968 a París; Olga Villarino Rodríguez, natural de Foz e veciña de Barreiros, que era unha estudante da Facultade de Ciencias e participou nas protestas compostelás de marzo de 1968; e Adolfo Paz que era un emigrante en París e participou nas...

leer más
Etiquetas:
22/11/2018

A programación cultural de Foz inclúe para este fin de semana dúas representacións teatrais e un concerto.

Mañá, venres, ás 21:00 horas no centro social de Santa Cilla o grupo de teatro O Centiño representará a obra Zume de amorodios.

O sábado 24 ás 20:00 horas na Sala Bahía haberá un concerto da Banda de Música de Foz. E o mesmo día á mesma hora na Antiga Báscula de Marzán o grupo teatral Pico do Castro representará a obra Matías está tolo.

 

Etiquetas:
21/11/2018

Librería Bahía organiza dúas sesións de contacontos este sábado, 24 de novembro, en Foz e Ribadeo.

Ás 12:00 horas na Librería Bahía de Foz terá lugar unha sesión de contacontos a cargo de Verdemar. Trátase do selo infantil da editorial Alvarellos que presentará os contos Miña profe é un monstro e Queres ler un libro comigo?, nos que os protagonistas son un neno que busca con quen compartir as súas lecturas favoritas, e outro que non ten moi claro se a súa profe é un monstro ou un encanto.

Esta sesión de contacontos celebrarase na Librería Bahía de Ribadeo este mesmo sábado 24 ás 17:00 horas.

 

Etiquetas:
20/11/2018

O 28 de novembro ás 20:30 horas na Libraría Bahía, de Foz, terá lugar a presentación da novela O alén dos barqueiros, de Anxo Muíños, publicada pola Editorial Fanes.

O alén dos barqueiros é unha novela con varias posíbeis lecturas e dotada de compartimentos comunicados entre si. Técena uns fíos aparentemente desparellos, mais enfiados habilmente polo autor. 

A mitoloxía, a cultura fluvial, a Guerra Civil, os guerrilleiros antifascistas e a represión, habitan as súas páxinas, mais por riba de todo, é a espiritualidade dun persoanxe á procura dun gran segredo -encontrar un espazo propio na vida e no mundo-, o leit motiv da narración.

Anxo Muíños (Taragoña-RIANXO, 1966) é mariño e traballa no buque hospital Juan de la Cosa, con bases en Santander e Las Palmas.

Este...

leer más