Foz

Etiquetas:
15/10/2018

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza unha palestra sobre a historia da guerrilla antifranquista na Mariña e en Galiza. Será este martes, 16 de outubro, na Casa da Cultura de Foz, ás 20:30 horas.

Neste acto estará presente Francisco Martínez “Quico”, único membro vivo da Federación de guerrillas de Galiza e León, dirixente da guerrilla durante máis de cinco anos e exiliado en Francia entre 1952 e 1976.

O histórico guerrilleiro estará acompañado por Fernanda Cedrón Trigo, neta do mítico guerrilleiro mariñán Luis Trigo Chaos “O Gardarríos”; e Odette Martínez, especialista en memoria e profesora na Universidade de Montpellier.

 

Etiquetas:
11/10/2018

O estadio Martínez Otero acollerá o vindeiro domingo, 14 de outubro, a homenaxe que o CD Foz lle renderá ao comercio de proximidade e á hostalaría local. O presidente do Centro Comercial Aberto, José Carlos Paleo, anima a asistir a este acto que terá lugar ás 16:45 horas, durante o encontro que disputarán o CD Foz e o San Tirso. 

O CCA focense invitará a café a todos os asistentes a ese partido e sorteará 100 euros en vales en vales de compra para gastar nos establecementos asociados.

José Carlos Paleo sinalou que “para o comercio de proximidade é un recoñecemento moi importante que se teña en conta o esforzo que aporta a todas as actividades que axuda a financiar como festas, torneos deportivos, etc”. 

O presidente do Centro Comercial Aberto lembra que “o comercio fai pobo, como di o...

leer más
Etiquetas:
06/10/2018

A Delegación de Cultura do Concello de Foz acaba de abrir o prazo para presentarse a Raíña ou Rei do Entroido 2019.

Os aspirantes deben ser maiores de 18 anos e teñen que entregar a documentación nas dependencias da Concellería de Cultura de Foz, que están na Casa do Concello. O prazo de presentación rematará o 6 de novembro de 2018 e poden obter máis información chamando ao número de teléfono 982.140.027.

A documentación a presentar son os datos persoais das/os que se presenten á elección, dúas ou máis fotografías recentes e unha breve exposición breve dos motivos polos que lles gustaría ser Raíña ou Rei do Entroido de Foz.

A cea de coroación da raíña ou rei do Entroido de Foz 2019 será o sábado 16 de febreiro.

 

Etiquetas:
05/10/2018

O Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha charla-obradoiro para a dinamización dos negocios locais que terá lugar o vindeiro martes, 9 de outubro.

A conferencia leva por título Reaviva a chama do teu negocio e será impartida pola psicóloga coach Ángeles Amor, que falará “da forza de emprender, das  novas ilusións, dos novos retos, etc…”. 

Esta charla-obradoiro celebrarase o 9  de outubro ás 20:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Foz. A entrada é gratuíta e poderá facerse reserva de prazas no número de teléfono 982 132 751. Desde a directiva do Centro Comercial Aberto de Foz subliñan que “está aberta ao público en xeral, sexan asociados ou non á ACIA/CCA”. Os inscritos recibirán un diploma de asistencia.

Coa organización deste evento colabora o Concello de Foz, Radio Foz...

leer más
Etiquetas:
26/09/2018

A Casa da Cultura de Foz acollerá este sábado, día 29, ás 19:30 horas unha representación a cargo do grupo de teatro A Panadaría, que ofrecerá a obra titulada Elisa e Marcela.

Trátase dunha comedia para adultos cunha duración de 75 minutos e o prezo da entrada é de 3,5 euros. Poden mercarse anticipadamente na Delegación de Cultura do Concello de Foz.

Esta obra conseguiu varios galardóns nos Premios María Casares e noutros durante este ano 2018. As intérpretes son Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.

Etiquetas:
26/09/2018

Os arqueólogos Luis Cordeiro Maañón e Celso Rodríguez Cao ofrecerán unha conferencia titulada Novas aportacións para o estudo da necrópole medieval da Basílica de San Martiño. Será no salón de actos do centro de interpretación da propia basílica este venres, día 28, ás 19:00 horas.

Este acto está incluído na programación cultural do Concello de Foz.

 

Etiquetas:
25/09/2018

O curso 2018-19 nas Escolas Deportivas Municipais de Foz comezará o vindeiro luns, día 1 de outubro, e desenvolverase ata o 31 de maio de 2019. A reunión de presentación terá lugar este xoves, día 27, ás 18:00 horas na Casa da Cultura focense.

Nas Escolas Deportivas Municipais de Foz poderán participar todos os nados entre os anos 2014 e 2002, ambos inclusive. Os alumnos deberán entregar unha fotocopia da tarxeta da Seguridade Social coa ficha. 

As cotas de inscrición para as actividades son as seguintes: 15 euros ao mes para os nenos/as que vaian a unha actividade; e 17 euros ao mes para os nenos/as que vaian a dúas ou máis actividades. As familias numerosas terán un desconto do 50 por cento. As fichas de inscrición entregaranse na Casa da Xuventude. 

Etiquetas:
24/09/2018

Este mércores, 26 de setembro, terá lugar na librería Bahía de Foz a presentación do libro "Conserveiras de Celeiro, Vicedo, Bares e Barqueiro" do que son autores Vicente Míguez e Carlos Nuevo, cronista oficial de Viveiro. O acto dará comezo ás 20:30 horas.

Trátase dunha obra cun gran valor documental xa que contén numerosas fotografías e imaxes da época, relacionadas co tema, á vez que un traballo de investigación exhaustivo que fai un percorrido polo desenrolo industrial da comarca ligado á pesca. 

 

Etiquetas:
19/09/2018

Podrán inscribirse los estudiantes en el Curso de Acceso para mayores de 25 y de 45 años, CUID de la UNED, así como en los 27 grados que oferta la UNED con la nueva implantación del Grado de Criminología.

La UNED-Aula Universitaria de Foz pone a tu disposición las titulaciones y recursos que puede ofrecer cualquier universidad presencial, pero con libertad para conciliar tu vida laboral y familiar con la mejora formativa que requiere la sociedad. 

La UNED cuenta con convocatorias generales de becas y ayudas al estudio para este año, la cual puedes solicitar para poder realizar los estudios que deseas, el plazo estará abierto hasta el 15 de octubre, este plazo es ¡¡IMPRORROGABLE!! aunque la solicitud de matrícula se realice en fechas posteriores. 

Para más información en la secretaría de...

leer más
Etiquetas:
17/09/2018

O Concello focense xunto co Club Ciclista Foz organiza o Día da Bici que se celebrará este vindeiro sábado, día 22 de setembro. A saída será ás 16:00 horas desde o Parque Infantil de Trafico. O percorrido discorrerá pola ruta das praias ata a área recreativa do río Ouro, en Fazouro.

As inscricións poden facerse desde hoxe, luns, ata o venres 21 na Casa da Xuventude focense. As persoas interesadas tamén poderán anotarse o propio día do evento, o sábado 22, desde as 14:30 ata as 15:30 horas, na saída, no Parque Infantil de Tráfico. Para inscribirse terá que facerse entrega dun quilo de produtos que se destinarán ao Banco de Alimentos.

Haberá premios para a bicicleta mellor engalanada, o mellor disfrace e os participantes máis novo/a e veterano/a.

Colaboran coa organización do Día da Bici:...

leer más