Nenos

Etiquetas:
03/06/2021

O 11 de xuño convocan unha reunión informativa sobre o programa Ludiverán  ás 20.00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.

O prazo de inscrición será do 14 ao 21 de xuño. As actividades están destinadas a nenas e nenos nados de 2009 a 2017. Desenvolveranse do 5 xullo ao 27 de agosto en 4 quendas de 10 a 13 horas de luns a venres (laborables).

Máis información no teléfono 982 558 001 (ext. 2).

Inscrición: https://drive.google.com/.../1gHX0ev0Az8UHlAsPE1c.../view...

Bases: https://drive.google.com/.../1tkDm6QJ24u598a.../view...

Etiquetas:
05/05/2021

A Concellaría de Cultura de Ribadeo programa para este domingo, 9 de maio, unha actuación de Raquel Queizás con Cinema Marabillas. A representación terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 17:30 horas. Inclúese no programa Apego e está dirixida a nenas e nenos de 3 anos en diante. O prezo da entrada é de 3 euros.

Trátase de adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos e nos libros clásicos da literatura co obxectivo de facer ver que esas historias coñecidas poden contarse de diferentes maneiras. Os protagonistas destes relatos son nenas e nenos que teñen preocupacións, e reflicten sobre o mundo no que viven e as etapas evolutivas das espectadoras máis cativas. Axudan a formar o seu pensamento crítico sobre temas como a amizade, o amor, a igualdade de xénero ou o respecto polo diferente.

 

Etiquetas:
18/04/2021

O Concello de Viveiro, a través do Conservatorio Profesional de Música, oferta durante o mes de maio cursos gratuítos de diferentes especialidades para facilitar un primeiro achegamento á musica aos mais pequenos, co fin de fomentar neles o gusto por esta arte que tanto arraigo ten no municipio.

“A promoción e formación cultural é para nós unha prioridade de goberno e queremos iniciar aos nenos e nenas na música, o teatro ou a lectura desde idades moi temperás cunha ampla programación”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Haberá un Curso de Iniciación Musical, dirixido a nenos/as nados/as no ano 2014, baseado na idea de aprender xogando a través de diversas actividades musicais; e un Curso de Iniciación ao Instrumento para os instrumentos de frauta traveseira, gaita, saxofón, trombón, trompa, trompeta...

leer más
Etiquetas:
05/04/2021

O Concello de Viveiro lembra que está aberta a preinscrición para os cursos de natación para nenos e nenas, establecendo as seguintes categorías:
- Curso natación infantil: nacidos entre 2015 e 2016.
- Curso natación nenos: nacidos entre 2007 e 2014
- Curso escolas de natación: nacidos entre 2014 e 2005.

O prazo de preinscrición remata o 8 de abril de 2021. O venres, 9 de abril, na piscina municipal, realizarase o sorteo das prazas, que será aberto ao público. A presinscrición para os cursos de nenos pode facerse tanto de forma presencial como por teléfono.

A data de comezo dos cursos será o 12 de abril e o remate o 17 de xuño. Os cursos terán un aforo limitado a catro alumnos por curso, debendo cumprir en todo caso as medidas e limitacións en materia de prevención de COVID-19.

 

Etiquetas:
10/03/2021

O Concello de Barreiros programa a actuación de Caxoto Contacontos, dentro de Educando en Familia, para este sábado, 13 de marzo, ás 18:30 horas, no centro sociocultural de San Cosme.

Para anotarse, por control de aforo, hai que chamar ao 982 124 002, ata este venres en horario de 9:30 a 14:30 horas. Asignarase un número que se corresponderá co asento a ocupar no salón de actos. A organización lembra que é obrigatorio o uso de máscara. Dispoñerase de xel hidroalcohólico e manteranse as distancias de seguridade. 

 

Etiquetas:
08/03/2021

Nova actividade na Casa da Cultura para esta semana. Neste caso, organizada por Educando en Familia, o contacontos Caxoto presenta o seu espectáculo para nenos de ata 5 anos de idade. 

Será o venres, 12 de marzo, ás 16:30 horas na Casa da Cultura. Debido ás restricións da COVID-19 o aforo está limitado a 60 persoas. Entrada libre e gratuíta.

 

Etiquetas:
25/01/2021

Mañá, 26 de xaneiro, celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, unha xornada na que se busca sensibilizar ás persoas sobre a delgada liña que existe entre o desenvolvemento humano e a conservación do planeta.

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, lembra que “o Concello de Burela conta con dúas monitoras de educación ambiental que durante todo o ano realizan actividades para crear conciencia nas persoas sobre a importancia de coidar o medio ambiente,  protexer a flora e a fauna. E como non podía ser doutro xeito durante esta semana realizarán diversas actividades para celebrar esta efeméride”.  

A edil burelesa conta que “o martes e o mércores, 26 e 27 de xaneiro, a alumnado de Infantil do CEIP Virxe do Carme participará nun conto escenificado con títeres O gorrión Valentino, que nos axudará a inculcar o...

leer más
Etiquetas:
24/12/2020

As nenas e os nenos de Burela disfrutarán de inchables e xogos do 28 ao 30 de decembro no pavillón dos institutos, segundo deu a coñecer hoxe o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey. 

O edil explicou que “a intención era facer esta actividade na praza da Mariña, pero como a previsión do tempo para eses días é de auga decidimos trasladalas ao pavillón dos institutos. De todos os xeitos, si algunha xornada fose seca poderíamos levar os inchables ao exterior”. 

Unha das maiores atraccións será un tobogán deslizador con efecto neve: “é a primeira vez que se conta con el na Mariña. Está destinado a todas as idades, para os nenos e as nenas e os seus pais e nais. Este inchable é para toda a familia. Hai outros que só son para @s nen@s”. 

Fernández Rey dixo que “será necesario...

leer más
Etiquetas:
04/12/2020

A Concellaría de Mocidade organiza unha serie de actividades de Nadal dirixidas ás nenas e aos nenos de Ribadeo. Haberá teatro, circo e varios obradoiros en colaboración cos centros de ocio infantil. O prazo de inscrición estará aberto do 9 ao 18 de decembro.

A concelleira de Mocidade, Mariluz Álvarez Lastra, dixo que “nos atopamos preto das vacacións dun Nadal que será máis singular que nunca debido á situación actual da pandemia do covid-19. Polo tanto, dende a Concellaría de Mocidade, propoñemos para este Nadal, ademais de teatro e circo, unha serie de obradoiros en colaboración cos centros de ocio infantil do noso concello: Con Sentidiño, Chiquitrén e Dubidú, que neste momento están sufrindo graves limitacións e que os converte nun dos sectores máis prexudicados desde o comezo da crise. Polo tanto, á hora de facer e de organizar as...

leer más
Etiquetas:
01/12/2020

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá a actuación de Pinocús Teatro, o vindeiro sábado, 5 de decembro, ás 18:00 horas.

Conta a historia dun día calquera na estación de tren de Aquimesmo, onde unha billeteira ven e vai, un viaxeiro está decidido a deixalo todo para chegar ao seu novo lugar de traballo, outro viaxeiro non sabe moi ben a onde ir e unha viaxeira quere ser a única que colla o tren. O humor e a música xúntanse na escena para xogar unha espera de absurdos encontros e desencontros.

A obra é escrita e dirixida por José Campanari, e o elenco está composto por Ana Carreira, Carlos Rebolo, Carlos Coria e Marga Portomeñe.

A entrada será de balde e a reserva debe facerse no teléfono 982 560 162 ou rbg.cultura@viveiro.es

... leer más