Novembro

Etiquetas:
31/10/2023

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo organiza o magosto que se celebrará no pavillón municipal de Alfoz o 11 de novembro, sábado, a partir das 21:00 horas.

Haberá chourizo, lacón asado, pan, castañas, viño, auga e café, ademais dunha actuación musical. Para participar hai que reservar a través dos teléfonos 657.109.592 ou 603.895.753. O prazo remata o 8 de novembro.

Para esta actividade a asociación O Castelo conta coa colaboración do Concello de Alfoz, da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia.

Etiquetas:
24/10/2023

A asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza un nova edición do seu tradicional magosto para o 4 de novembro, sábado, ás 22:00 horas no pavillón municipal de Trabada.

Para comer haberá lacón asado con patacas cocidas, empanada de bonito e bolos preñados, ademais de castañas, que serán de balde.

O evento será amenizado polo cantante Jorge Menéndez.

Etiquetas:
23/10/2023

A asociación cultural O Pasatempo, de Mondoñedo, organiza un magosto tradicional para o 4 de novembro, sábado. Esta previsto que sexa na Praza do Concello, pero se chove trasladarase aos soportais da catedral mindoniense. Haberá castañas, viño e chocolate.

As actividades empezarán ás 17:00 horas con merenda e decoración terrorífica. Ás 18:00 farase truco ou trato de Samaín polas rúas do centro de Mondoñedo e a partir das 19:30 horas desenvolverase o magosto tradicional amenizado coa música de Os Carricantos.

 

02/10/2023

A segunda edición do festival BreaSon, organizado pola asociación xuvenil Xoldra e o Concello de Mondoñedo, celebrarase na cidade mindoniense o 4 de novembro, sábado.

Neste evento musical actuarán Catuxa Salom, Los Rastreadores (Ortiga&Grande Amore), Fillas de Cassandra, Grande Osso, Ruxe Ruxe e The Skarnivalvs.

Haberá tamén outras actividades como sesión vermú, magosto, xogos populares para picarxs e acampada interior. 

 

Etiquetas:
29/10/2022

A Delegación de Igualdade e Muller e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Burela anuncian o programa de actividades que se desenvolverá ao redor do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

O Concello dá continuidade un ano máis ao Concurso de Microrrelatos “25 de novembro”, que cumpre xa a súa décimo quinta edición. Haberá dúas categorías, unha para menores de 18 anos e outra para persoas de 18 en adiante. Pódense consultar as bases na sede electrónica do concello, no Taboleiro de Anuncios, accedendo a través da web municipal burela.org. O prazo de presentación remata o 18 de novembro ás 15 horas.

Tamén haberá actividades destinadas á información e concienciación social, como a campaña da Xunta de Galicia Agresión OFF, que pretende sensibilizar sobre...

leer más
Etiquetas:
20/10/2022

Por Valadouro, Lourenzá, Trabada e Foz seguirá A Mariña en Ruta en novembro. A Mancomunidade ven de presentar os roteiros do vindeiro mes para os que está aberta a inscrición.

O 1 de novembro terá lugar a Ruta dos Pozos, no Valadouro. Os participantes poderán percorrer a ribeira do río Ferreira, onde se encontra a fermosa fervenza do Pozo da Onza e todo o seu entorno poboado de flora e fauna autóctona. Esta actividade estará guiada por Pedro Rolle.

O día 5 A Mariña en Ruta seguirá con O Conde Santo e o fenómeno medieval da peregrinación (Lourenzá). Esta ruta que mestura a cultura e a natureza da man de Lidia de la Fuente levará aos participantes polas terras do antigo Mosteiro de San Salvador de Lourenzá, dende a igrexa de San Salvado, onde se atopa o sarcófago do Conde Santo, ata o Pazo de Tovar, símbolo de poder...

leer más
Etiquetas:
03/11/2021

A asociación Patrimonio Laurentino, en colaboración co Concello de Lourenzá, organiza as xornadas Novembro Cultural, que consisten na presentación de 4 libros durante este mes. A primeira delas será este sábado, día 6, ás 19:00 horas no Pazo de Tovar, onde a maxistrada da Sala do Social do TSXG Isabel Olmos Pares presentará a súa obra No duerme nadie.

As xornadas foron presentadas hoxe na Casa do Concello de Lourenzá pola alcaldesa, Rocío López, e tres directivos da asociación Patrimonio Laurentino: Fina González, Vidal Martínez-Sierra e Xosé Lois Rivera.

A tesoureira da asociación Patrimonio Laurentino, Fina González, explicou que estas xornadas culturais “vanse desenvolver todos os sábados de novembro, desde o día 6 ata o 27, e comezan este sábado 6 ás 19:00 horas no Pazo de Tovar coa presentación do libro No...

leer más
Etiquetas:
02/11/2021

O Concello de Foz organiza unha programación denominada Novembro Musical, xunto a coa Escola Municipal de Música e a Banda.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “novembro comeza cargado de ritmo en Foz. A Escola de Música Municipal Arcadio Mon levará a cabo na sala Bahía dúas actuacións os días 6 e 13 de novembro ás 20 horas. A primeira será da DKBand, un combo da Escola de Música que interpreta composicións de blues, rock e pop rock. A segunda actuación será do Combo de Jazz, que nos deleitará coas mellores pezas deste xénero”.

Na presentación destas actuacións o alcalde de Foz, Fran Cajoto; a edil de Cultura, Inés López; e o director da Escola Municipal de Música, Felipe Sánchez, mostráronse satisfeitos de que se recupere a actividade musical. 

Inés López deu a...

leer más
Etiquetas:
05/11/2020

A programación cultural de Burela para novembro inclúe varias representacións teatrais, a actuación de David Amor e a estrea do documental Honra. Debido ás novas restricións que aplicará a Xunta de Galicia desde o vindeiro sábado, 7 de novembro, haberá redución de aforo para asistir a todas estas actividades. 

O vindeiro domingo, día 8, Ibuprofeno Teatro representará a obra O mel non caduca. Será no Auditorio Municipal ás 19:30 horas e o prezo da entrada é de 4 euros.

O sábado 14 David Amor presentará o seu monólogo Love está en el aire. Terá lugar no Auditorio Municipal ás 20:30 horas e o prezo da entrada é de 4 euros.

O sábado 21 a compañía Teatro Andanzas porá en escea a obra Olvida los tambores. Será no Auditorio Municipal ás 20:30 horas. E o domingo 22 tamén no Auditorio Municipal...

leer más
Etiquetas:
30/10/2020

Continúan as rutas de A Mariña en Ruta programadas para este outono, unha iniciativa que a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense puxo en marcha co apoio da Axencia de Turismo de Galicia e da Deputación de Lugo e que coordina a empresa de ecoturismo Maremasma. Este mes de novembro o ente propón descubrir centros históricos, portos baleeiros e bosques autóctonos cheos de cogomelos, coma sempre, da man de guías e axentes locais.

Desde a Mancomunidade explican que “debido á actual situación e ao nivel 2 de restricións no que se atopa Galicia para a organización deste tipo de actividades as prazas dispoñibles tiveron que verse reducidas a 4 persoas mais o guía. Ademais do uso  obrigatorio de máscara e da pertinente distancia de seguridade”.

A primeira das rutas de novembro terá lugar o día 7 a partires das 10:30...

leer más