Novembro

Etiquetas:
27/10/2017

O Concello de Foz, a través da Delegación de Servizos Sociais que dirixe a concelleira Mercedes González Alonso, organiza cursos de pilates, de zumba e de bolillos. Os tres comezarán a segunda semana de novembro e terán unha duración de cinco meses.

O curso de pilates desenvolverase os luns e mércores ás 16:30 horas no baixo do Centro Social. Empezará o día 6 de novembro, luns, e o prezo é de 15 euros ao mes.

O de zumba terá dous grupos que terán as clases os martes e xoves, pero un será as 16:30 horas e o outro ás 21:00 horas. Nos dous casos impartiranse no Centro Social, pero o primeiro será no baixo e o segundo no cuarto andar. Comezará o 7 de novembro, martes, e o prezo é de 15 euros ao mes.

E o de bolillos desenvolverase os mércores ás 15:20 horas no cuarto andar do Centro Social....

leer más
Etiquetas:
29/10/2016
 
En novembro chega unha nova edición do Campañazo, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. En total vanse repartir 2.400 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados. Cada venres, os días 4, 11, 18 e 25, destinaranse 300 euros para o Campañazo e outros 300 para o resto dos cartóns premiados. 
 
O Campañazo poderase seguir en directo a partir das once da noite a través de Radio Foz, no 107.4 da FM. Aquela persoa que cante o Campañazo deberá chamar rapidamente á emisora desde o local no que estea a seguir o sorteo. E o mesmo deberán facer o resto de premiados cada venres pola noite. 
 
Un total de 60 establecementos comerciais e hostaleiros participan no Campañazo do Centro Comercial Aberto de Foz. 
 ...
leer más
13/11/2014
O espectáculo infantil Contos de medo que deixan durmir, chega este sábado a Burela da man da compañía teatral A Trastenda dos Contos.

 

O Concello de Burela continua coa súa programación cultural para este outono 2014 e presenta este sábado, 15 de novembro, a obra Contos de medo que deixan durmir, á cargo da compañía A Trastenda dos Contos con Caxoto Contacontos. O espectáculo, dirixido ao público infantil e familiar, dará comezo ás 17:30 horas horas na Casa da Cultura de Burela. 

 

 

O espectáculo Contos de medo que deixan durmir é unha historia que aborda coma tema principal o medo na infancia. Para logralo, sérvese de historias que contan os propios nenos para aprender a rirse do medo e lograr converter este...

leer más
Etiquetas:
13/11/2014
A Casa da Cultura de Foz acolle este sábado, a partir das 20:00 horas, un concerto de fado en galego a cargo dos músicos Gonçalo Guerreiro e Dani Pais.

 

A Biblioteca Municipal de Foz organiza, en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, un concerto de fado en galego para este sábado, 15 de novembro, a cargo dos músicos Gonçalo Guerreiro e Dani Pais. O acto terá lugar ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Foz  baixo o título Os sons do vento que pasa. Está dirixido a público de tódalas idades e, coma noutros actos anteriores organizados a través do programa de dinamización lingüística FalaRedes, a entrada será libre e de balde ata completar aforo. 

 

 

Con esta proposta da Biblioteca Municipal de Foz, o público en xeral poderá gozar da música en galego a través dun coidado...

leer más
12/11/2014
O CONCELLO DE FOZ CELEBRA O MES DA MÚSICA PARA CONMEMORAR A FESTIVIDADE DE SANTA CILLA CON TRES CONCERTOS.

A Delegación de Cultura do Concello de Foz celebra o mes da música para conmemorar a festividade de Santa Cilla con tres concertos.

A primeira desas actuacións será este venres, día 14, ás 20 horas na Casa da Cultura e correrá a cargo da Big Band de Foz.  A segunda será o sábado 22 ás 20 horas na Sala Bahía e actuará a Banda de Música de Foz e a terceira terá lugar na Casa da Cultura o venres 28 ás 20 horas a cargo da banda infantil de jazz For Fun, do Conservatorio de Fingoi (Lugo...

leer más
Etiquetas:
06/11/2014

O mercado de outono organizado polo Concello de Riotorto, que se celebrará este domingo no pavillón polideportivo contará con máis de 20 expositores. A principal novidade será un obradoiro de elaboración de sidra. O alcalde, Federico Gutiérrez Estoa, explicou que “este domingo vamos celebrar o mercado de outono, que é un dos que facemos cada tres meses, en cada unha das estacións do ano. Levamos xa seis anos con estes mercados que naceron para darlle saída aos excedentes dos pequenos produtores locais e que supoña un complemento para as economías dos agricultores do municipio. Pensamos que xa está consolidado e hai máis de 20 inscritos para expoñer e vender os seus produtos”.

cartelmercadooutonoriotorto

 

... leer más
06/11/2014
A concellería de Muller e Igualdade de Burela convoca o IV Concurso de Lemas e o VIII de Microrrelatos

 A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade convoca o IV Concurso de Lemas e o VIII Concurso de Microrrelatos con motivo da celebración o vindeiro 25 de novembro do día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. A recepción de traballos remata o 19 deste mes.

O obxectivo do IV Concurso de Lemas é “transmitir a través de mensaxes curtas a importancia da educación en igualdade e da necesidade da eliminación da violencia contra as mulleres”, segundo explica Diana Durán. Nesta cita poderán participar todas as persoas empadroadas en Burela e cada unha pode enviar ata un máximo de 5 lemas, que deberá remitir á seguinte dirección de correo electrónico: cim@burela.org, indicando que é para o IV Concurso de Lemas e incluíndo o seu nome completo,...

leer más