San Ciprián
O alcalde, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e varios membros da asociación A Rebolaxe, presentaron o Magosto que terá lugar este próximo sábado, 9 de novembro, a partir das 19:00 horas, na Casa do Mar de San Ciprián.
A cita está organizada por este colectivo coa colaboración do Concello de Cervo, que anima a veciños e visitantes a participar na actividade na que haberá castañas, bocadillos, touciño, salchichas, música, karaoke e sorteos.
Xa ás 20:00 horas está prevista a actuación de Pakolas co seu espectáculo infantil “As parábolas de Pakolas”, como colaboración especial do Concello de Cervo para este evento.
Este xoves da comezo en San Ciprián unha nova edición de Sanci Tapeando.
Seis establecementos ofrecerán todos os xoves ata o 27 de febreiro as súas tapas ao prezo de 2 euros. Entre todos os asistentes sortearanse tres vales por importe de 250 euros, 150€ e 100€ para gastar nos locais participantes.
Os locais de hostalería que se dan cita este ano en Sanci Tapeando son: Pizzería O Trasgo, Bar Maruxaina, Mesón A Bodega, Terraza O Noso Lar, Bar O Faro e Pizzería Las Titas.
O Concello de Cervo colabora na organización deste evento.
O auditorio da Casa da Cultura acollerá mañá, martes, ás 17:30 horas, unha charla sobre a prevención da gripe que contará coa intervención dos facultativos Raquel Barbosa e José Manuel Suárez, médicos preventivistas dos hospitais Lucus Augusti e Público da Mariña, respectivamente.
A charla está organizada polo Centro de Saúde de San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo e dos Servizos de Medicina Preventiva do HULA e do Hospital Público da Mariña.
A asociación Terra-Mar, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza este xoves, 26 de setembro, a festa na honra a San Ciprián.
Ás 12:30 horas, haberá misa cantada pola coral Terra Mar na capela de San Ciprián. Ás 14:30 horas, celebrarase un xantar no Restaurante Buenavista, e ás 17:30 horas na Casa do Mar terá lugar un baile amenizado polo Dúo EPO-K.
O Concello de Cervo organiza o vindeiro xoves, 8 de agosto, o III Torneo Maruxaina no que se presentará o primeiro equipo do Club Deportivo San Ciprián.
A cita foi presentada no Campo de fútbol da Veiga, polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez, o presidente do Club Deportivo San Ciprián, Manel Gómez, e por Borja Rego, membro da directiva deste ente.
O torneo, organizado polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo, enfrontará ao C.D. San Ciprián (2ª Galicia) e ao Viveiro C.F. (Preferente).
Villares sinalou que “este evento deportivo xa consolidado é un complemento perfecto para a Festa da Maruxaina que ten lugar esa fin de semana, podemos dicir que o deporte marca, neste caso, o punto de partida desta celebración tan...
leer másEste xoves, 8 de agosto, darán comezo os actos da Maruxaina 2019, festa declarada de Interese Turístico Galego, coa presentación do libro María na busca da liña do horizonte, de Esther López Castro. O acto, organizado pola asociación Amigos da Maruxaina, terá lugar no Museo do Mar de San Ciprián ás 20:00 horas.
O venres, 9 de agosto, ás 19:00 horas, celebrarase o gran chupinazo e despois será a concentración de maruxain@s para encher o bandullo cunha degustación, a prezos módicos, de empanadas típicas galegas e bolos preñaos. Ás 21:00 horas procederase ao nomeamento d@ Maruxaino de Honra 2019, a cargo da asociación Amigos da Maruxaina.
O sábado, 10 de agosto, ás 11:00 horas, será o gran chupinazo e despois haberá actuacións de charangas e gaiteiros. De 11:00 a 14:00 horas na praza dos Campos realizaranse talleres...
leer másA axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, ofrece servizo de autobús para desprazarse a San Ciprián (Cervo) este sábado, 10 de agosto, con motivo da celebración da festa da Maruxaina. Os autocares terán saídas desde Ribadeo, Barreiros e Foz.
O primeiro servizo sairá de Ribadeo ás 17:00 horas e o segundo ás 21:00 horas e fará paradas para recoller viaxeiros en Barreiros e Foz. Para regresar tamén haberá dous servizos, un ás 05:00 e o outro ás 07:00 horas. O prezo da viaxe de ida e volta é de 10 euros por persoa.
A reserva de prazas pode facerse na axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, ou a través do teléfono 676.44.54.65.
O Concello de Cervo e a asociación Mariña Patrimonio organizan un acto divulgativo sobre a Sauna do Castro da Atalaia, que se celebrará este martes, 6 de agosto, na Casa da Cultura de San Ciprián, ás 20:00 horas.
Intervirán o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o arqueólogo Emilio Ramil. O rexedor falará sobre as xestións que o Concello leva feito para protexer esta xoia arqueolóxica, así como dos pasos para recuperar este importante ben patrimonial. O arqueólogo Emilio Ramil, que dirixiu a intervención arqueolóxica, informará do que se coñece a día de hoxe sobre esta monumental sauna da Idade do Ferro, redescuberta recentemente no transcurso dunhas obras de mellora nunha rúa da Atalaia.
O Grupo Folklórico Mistura organiza o Festival Folklórico Internacional que se celebrará en San Ciprián o venres, 2 de agosto.
Ás 20:30 horas, na praza dos Campos, actuarán: Gran Ballet Sama de Sri Lanka, Vocal and Dance Ensemble Belgorie de Rusia, Coros y Danzas Virgen del Socorro de Tíjola-Almería e o Grupo Folklórico Mistura de Lieiro.
Ademais o sábado, 3 de agosto, terá lugar o III Festival Folklórico Infantil que dará comezo ás 19:00 horas na praza dos Campos. Actuarán: O Feitizo de Foz, Garrulaxe de Cecebre-A Coruña, Coros y Danzas Virgen del Socorro de Tíjola-Almería e o Grupo Folklórico Mistura de Lieiro.
Colaboran na organización deste evento: Concello de Cervo e Comercio de San Ciprián.
Este sábado, 20 de xullo, no bowl municipal do Parque Reina Sofía, en San Ciprián, terá lugar o Furancho Skate
A actividade está organizada polo Club Limosa Surf, coa colaboración do Concello de Cervo, entre outras entidades patrocinadoras.
A actividade, con inscrición de balde, comezará ás 15:00 horas co quecemento dos skaters freeride, ás 17:00 horas iniciaranse as tandas dos skaters; que se prolongarán durante toda a tarde. A entrega de agasallos está prevista para as 22:30 horas, e a continuación haberá concertos na Praza dos Campos.
Teléfono para información e inscrición: 659 92 54 59












