San Ciprián

Etiquetas:
06/03/2019

A XXVIII edición da Festa do Ourizo terá lugar o sábado 16 de marzo, en San Ciprián. A cita foi presentada hoxe polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Turismo, Mali Méndez, e por representantes da hostalería local. 

A Festa volve contar cun programa cheo de actos e actividades que terán como gran protagonista ao ourizo.

Deste xeito, avanzaron que “un ano máis organizamos un show cooking, que terá lugar na carpa instalada na Praza dos Campos, a partir das 12:00 horas do mediodía, no que gozaremos vendo as habilidades culinarias en vivo de castro prestixiosos/as chefs que cociñarán ante as persoas asistentes sorprendentes e innovadoras receitas elaboradas coa base do ourizo: Manicha do restaurante Rotilio (Sanxenxo), Jorge Gago do restaurante A Maceta (Santiago), Miguel Roquiño do restaurante A do Borlo...

leer más
Etiquetas:
28/02/2019

O Concello de Cervo organiza unha festa infantil de Entroido que terá lugar o luns, 4 de marzo ás 17:30 horas na praza dos Campos en San Ciprián.

Haberá pasarrúas a cargo da asociación Rebolaxe, inchables, talleres, música e servirase chocolate aos asistentes. Tamén terá lugar o espectáculo-show infantil Mundo Disney. 

 

21/02/2019

O Concello de Cervo programa o tradicional desfile de Entroido, para o martes, 5 de marzo.

Así o anunciaron o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, durante a presentación do evento, na que tamén estiveron presentes representantes do Centro de Iniciativas Turísticas (C.I.T.), que se encarga de organizar a Comida de Entroido; de A Rebolaxe, que venderá os bolos preñados, e da Protectora de Animais Coletiñas, que tamén anunciaron o seu Carnaval Coletudo, que terá lugar o venres, 1 de marzo, na Casa do Mar de San Ciprián.

O desfile  de San Ciprián partirá ás 18:00 horas da carpa instalada na Praza dos Campos, e os disfraces percorrerán a Avenida da Mariña, chegarán ata a Ría e ata o Pedregal, para rematar no punto inicial.

A Charanga Os Macanudos amenizará a...

leer más
21/02/2019

O sábado, 23 de febreiro, terá lugar a XXVI Festa do Mexillón, con tapas protagonizadas por este molusco que se servirán nos locais hostaleiros de San Ciprián, durante toda a xornada.

Tradicionalmente esta festa celebrábase na Semana Santa, pero decidiuse cambiala de datas porque agora o produto é de moi boa calidade.

Xa pola tarde-noite o grupo local A Rebolaxe amenizará a festa polos diferentes establecementos.

 

17/02/2019

San Ciprián acollerá o 13 de abril a VI Foliada Nordestía cun programa completo e variado pensado para todos os públicos.

A cita, organizada por A Rebolaxe e que conta coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada pola edil de Cultura, Dolores García Caramés, e por varios membros deste grupo.

O programa comezará ás 12:30 horas con Cantos de Taberna, ás 15:15 horas está previsto un xantar popular e xa pola tarde haberá xogos infantís e un obradoiro de baile.

Como broche de ouro da xornada, ás 21:30 dará comezo o Festival que contará coa actuación dos grupos A Rebolaxe, Son do Xabre, Os Carecos e A Compañía o Ruído; non faltarán os callos e a queimada.

O Concello de Cervo convida á veciñanza e ás persoas visitantes a gozar dunha xornada única na que a...

leer más
14/02/2019

A delegación de Cultura do Concello de Cervo programa para este sábado, 16 de febreiro, a actuación do grupo de teatro A Adala Infantil, que poñerá en escena a obra titulada Que cousas pasan no Camiño. 

A representación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao, ás 19:30 horas.
A función está dirixida a todos os públicos.

02/02/2019

A edila de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, Pilar Armada, informa de que xa está aberto o prazo para participar no XVI Encontro de Palilleiras que se celebrará o 6 de abril, no Pavillón da Veiga, en San Ciprián.

As persoas interesadas en formar parte do evento, con prazas limitadas, poden anotarse na Casa da Cultura (982.59.51.57).

O programa completo farase público proximamente, pero Armada xa avanzou que este ano, ademais da tradicional demostración das artesás, “quixemos recuperar o desfile de traxes de liño con encaixe, que lle dá un valor engadido a este evento consolidado que reúne, ano tras ano, a máis de medio milleiro de palilleiras procedentes de todos os recunchos de Galicia”.

 

23/01/2019

Ata o 20 de febreiro pódese visitar na Casa da Cultura, de San Ciprián, a exposición de gravado e debuxo de Comeluz, artista polifacético natural das Pontes.

A mostra está composta por unha serie de estampas (gravados, litografías, linóleos, serigrafías e xilografías), debuxos e pinturas que o artista puido desenvolver durante os seus anos de estudo das Artes en Lugo e Salamanca, así como de varias pezas realizadas nos últimos anos.

No acto de inauguración participaron o alcalde, Alfonso Villares, e outros membros do equipo de goberno. 

 

21/01/2019

A tradicional Festa do Mexillón, de San Ciprián, no concello de Cervo, celebrarase este ano o día 23 de febreiro, sábado. Durante esa xornada os establecementos hostaleiros participantes neste festexo gastronómico ofrecerán tapas e racións de mexillóns en diferentes preparacións.

O evento foi presentado cun acto no que estiveron o alcalde cervense, Alfonso Villares; a concelleira de Turismo, Mali Méndez, e representantes do sector hostaleiro de San Ciprián.

 

Etiquetas:
07/01/2019

A asociación Arama e a Escola de Baile Hover Cross, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza un novo curso de bailes de salón que dará comezo este xoves, 10 de xaneiro, ás 21:00 horas, no pavillón do CEIP Península da Paz, en San Ciprián.

As clases terán lugar cada xoves, en horario de 21:00 a 22:30 horas, no pavillón do CEIP Península da Paz.

As persoas interesadas poden inscribirse ou recibir información nos números de teléfono 648 033 250 ou 620 817 300.

Esta actividade botou a andar no pasado mes de setembro, con 14 parellas inscritas. Son impartidas por profesionais titulados en vals, pasodobre, tango, foxtrot, merengue, cumbia, bachata, salsa e cha-cha-chá.