Visitas

Etiquetas:
27/04/2023

Mañá, 28 de abril, abrirá ao público o Castelo de Castrodouro e a Oficina de Información Turística de Alfoz. Os horarios serán: venres, sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas polas mañás e de 16:00 a 20:00 horas polas tardes. O día 1 de maio, así coma o 17 Día das Letras Galegas permanecerá aberto nos horarios sinalados.

Poderase visitar o Castelo e desfrutar das impoñentes vistas desde o alto da torre, tamén ver as distintas exposicións: Antigas Escolas, Pinturas de Hipólito Xeada ou fotografías de Alfoz en primavera.

Tamén dispón de audioguías ficcionadas para realizar o percorrido polo Castelo da man do grupo de teatro Chévere e coñecer a historia e Lenda do Mariscal Pardo de Cela.

 

Etiquetas:
27/03/2023

Este ano volven as visitas guiadas polo Casco Histórico de Viveiro da man do historiador Xesús Martínez, tamén en colaboración ca Xunta de Cofradías de Viveiro. 

Esta é xa a undécima edición, e desde o CCH resaltan o éxito obtido nas pasadas edicións que fai que se repitan un ano mais. 

“Durante estas datas de afluencia de visitantes a Viveiro parécenos moi interesante ofrecerlles a posibilidade de coñecer a cidade por medio destas visitas guiadas e de xeito gratuíto”, indican desde o CCH. 

“O obxectivo é dar a coñecer o noso patrimonio cultural e artístico, non só a visitantes, senón tamén ós lugareños, para os que a maioría das veces o mais cercano é o mais descoñecido. Con esta actividade poténciase o patrimonio material e inmaterial, a historia da nosa vila e como redundou no resto de...

leer más
Etiquetas:
17/03/2023

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense colabora co Concello de Lourenzá e coa Mesa Coordinadora Don Paco no programa cultural que organizan polo Día das Letras Galegas, dedicado neste 2023 a Francisco Fernández del Riego.

A Mancomunidade adaptou para este programa cultural a audioguía ficcionada do concello laurentino Vilanova de Lourenzá. Paisaxes da memoria. Fernández del Riego descóbrenos os recunchos dunha nenez feliz, a cargo do Plan de Sostibilidade Turística da Mariña Lucense, cofinanciado pola Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo coa colaboración da Deputación de Lugo.

Xa que a Real Academia Galega decidiu dedicarlle as Letras Galegas 2023 ao escritor e intelectual laurentino Francisco Fernández del Riego, o Concello de Lourenzá e a Mesa Coordinadora Don Paco -que...

leer más
Etiquetas:
06/12/2022

Na cidade do Landro xa se pode visitar o belén ‘Viveiro ante o berce’, no atrio da igrexa de Santa María. Este belén está considerado como un dos máis importantes de Galicia, tanto pola súa beleza e pola dimensión das pezas que o compoñen, como pola extensión do conxunto do propio belén e por estar instalado nun enclave histórico-monumental único.

O acto de inauguración tivo lugar na xornada de onte, 5 de decembro, ao igual que o acendido da iluminación de Nadal. 

Etiquetas:
07/09/2022

A delegación de Turismo do Concello de Burela informa de que continúan as visitas guiadas arredor do patrimonio mariñeiro da vila durante este mes de setembro e fai unha valoración moi positiva dos datos que deixaron os meses de xullo e agosto.

A aposta pola promoción turística nun dos portos máis importantes do Cantábrico e do país responde á necesidade de dar a coñecer e poñer en valor os oficios tradicionais e artesanais ligados ao porto. A través destas visitas que tiveron un gran éxito ao longo de todo o verán ofrécese a posibilidade a moitos dos visitantes que chegan a Burela de mergullarse nas entrañas da zona portuaria e no seu funcionamento e actividade.

Tanto é así que nos meses de xullo e agosto a Oficina de Turismo ofreceu información a un total de 6.197 visitantes, incrementándose respecto ao ano...

leer más
Etiquetas:
18/08/2022

A partir do 20 de agosto o Concello do Valadouro realizará varias rutas guiadas interpretativas para coñecer a contorna da Serra do Xistral, facendo sendeirismo e combinando o coñecemento da natureza co aspecto cultural e histórico.

O 20 de agosto será a Ruta dos Pozos, de dificultade baixa. O 26 será a Ruta Fraga da Furna, tamén de dificultade baixa. O 1 de setembro terá lugar a Ruta Dolmen e Prado das Chantas, de dificultade alta, e por último o 6 será a Ruta Formación Rochosas Picos do Valadouro, tamén de dificultade alta. Todas as rutas comezarán as 9:30 horas e durarán entre dúas e tres horas e media aproximadamente.

As prazas son gratuítas e limitadas a 20 persoas. As persoas interesadas en acudir encontrarán máis información e poderán inscribirse na páxina https://bit.ly/...

leer más
Etiquetas:
01/08/2022

En agosto seguen as visitas guiadas ao Mosteiro de San Salvador, en Lourenzá. Teñen lugar de luns a sábado ás 12 da mañá. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono:  982121006, por correo electrónico a lourenzaturismo@outlook.es ou por whatsapp ao 646384124 

O Mosteiro de San Salvador é sen dúbida, o monumento máis importante do concello, un referente do barroco galego. Foi declarado monumento histórico-artístico no 1974.

Os primeiros datos da súa existencia son do 947. A partir do século XII, pasou de mosteiro familiar a mosteiro beneditino. A partir do 1505, intégrase na congregación de San Benito de Valladolid. No 1642, o prestixio da abadía chegou a tal que o rei Felipe IV outorgoulle o título de Marqués de Lorenzana a Don...

leer más
Etiquetas:
28/07/2022

O castelo de Castro de Ouro, o emblema do Concello de Alfoz, está aberto de martes a domingo en horario de 11:00 a 14:00 horas polas mañás e de 17:00 a 20:00 horas polas tardes.

A entrada é de balde tanto para visitar as diferentes exposicións coma para ver o val dende a perspectiva que nos ofrece o alto da fortaleza. Ademais, a Oficina de Información Turística encontrase situada neste castelo, polo que o persoal pode informar sobre os distintos recursos de Alfoz e da comarca da Mariña. Contan tamén con audioguías, sen custo, para facer máis amena e interesante a visita e coñecer a historia do Mariscal Pardo de Cela.

Para calquera consulta, chamar ao teléfono 982 558 578.

Etiquetas:
21/07/2022

A Concellaría de Turismo organiza 11 percorridos guiados a través do patrimonio natural e cultural durante este verán. A programación foi presentada polo edil Pablo Vizoso. 

O concelleiro ribadense explicou que “desde Área de Turismo do Concello de Ribadeo organízanse 11 percorridos guiados a través dos que se poderá descubrir o seu importante patrimonio natural e cultural. Trátase dunha serie de rutas accesibles, para todos os públicos, nas que se mostrarán aspectos moi diversos tanto dende o punto de vista natural como cultural”.

Vizoso Galdo subliñou que “este ano temos unha novidade, xa que se incorpora unha nova visita teatralizada polo legado indiano, coa que daremos a coñecer a historia viva da pegada da emigración a ultramar.Continúan as outras 2 visitas teatralizadas que o ano pasado tiveron tanto éxito:...

leer más
Etiquetas:
18/06/2022

O Concello de Viveiro anuncia o comezo do programa estival de visitas guiadas, que terá lugar desde este luns, 20 de xuño, ata o 18 de setembro. 

As actividades terán carácter gratuíto e se levarán a cabo todos os días da semana. Un dos seus alicientes será a ampla variedade da proposta, que vai desde visitas culturais a roteiros de sendeirismo, pasando por itinerarios panorámicos en múltiples lugares de interese do concello. 

En concreto, haberá dous percorridos no Vivertren (Souto da Retorta os luns e a Área Etnográfica da Insua os domingos); dúas rutas de sendeirismo (Muíños de Balea os mércores; Monte San Roque os venres), e tres visitas polo casco histórico, nas que se propoñen distintas temáticas (o antigo recinto amurallado os martes, os barrios gremiais os xoves, e os séculos XIX e XX os sábados).

... leer más