Deportes
Desde a organización animan á participación: “non dubides en apuntarte e crear un equipo cos teus amigos para pasalo ben co mellor deporte. Haberá premios en metálico para os gañadores”. E haberá trofeos para os máximos goleadores, para os mellores porteiros e para o xogador máis veterán.
Os partidos serán no Campo Boavista Folgueiro.
Os eventos están organizados pola Unión Deportiva Folgueira e colaboran o Concello do Vicedo e a Deputación de Lugo.
O Concello de Cervo volverá acoller o campus de baloncesto EntreNos, entre o 26 de xuño e o 2 de xullo.
O pavillón da Veiga, que é o escenario no que se desenvolverá a actividade deportiva, acolleu a presentación da IV edición, da man do rexedor, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez, e o director e o responsable de comunicación do campus, Nacho Mota e Pablo Ojea, respectivamente.
O Campus, en réxime interno, está dirixido ás crianzas nadas entre o ano 2005 e o 2010 (ambos incluídos).
O equipo técnico estará formado por Cristino Menor, Nacho Mota, Zaida Iglesias , Juanma López , Merche, Javier Cal, Gonzalo Faya e Juan Carlos Paz.
Os integrantes do Campus EntreNos recibirán cada día unha masterclass a cargo de recoñecidos profesionais do basket,...
leer másO Concello de Cervo acollerá esta fin de semana o Campionato Galego Alevín de Natación que se celebrará na Piscina Municipal Olímpica de Lieiro.
Na presentación da proba participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de deportes, David Rodríguez, o secretario da Federación Galega de Natación, Ramón Mosquera, e o presidente do Club Natación Xove, Alberto Pigueiras.
No campionato, que organizan o CN Xove e a Federación Galega de Natación, coa colaboración do Concello de Cervo, participarán uns 200 nadadores, pertencentes a 24 clubs galegos.
O alcalde, Alfonso Villares, significou a importancia que ten para Cervo “acoller unha competición deste nivel, que supón un escaparate de primeira orde, xa que prevemos que preto de 1000 persoas visitarán o noso municipio ao longo de toda a...
leer másLos días 23 y 24 de julio, en A Pontenova, se celebrará una prueba del Campeonato de España de Carrilanas F.D.I.
El 23 de julio, en el parque cerrado, tendrán lugar las verificaciones y dará comienzo la prueba. Además se celebrará una ruta barítima mágica, la cena y actuaciones musicales.
El 24 de julio tendrá lugar la prueba, y posteriormente se procederá a la entrega de premios y habrá una sesión vermú. A las 20:00 horas, en la Casa de la Cultura, se celebrará una gala de magia con las actuaciones de Mago Joel (ganador de Got Talent Magic España, Samuel Moreno (semifinalista de Got Talent España) y Roberto Lolo.
Organiza este evento Motoreo de A Pontenova con la colaboración de la Federación Española de Deportes de Inercia, Concello de A Pontenova y Diputación de Lugo.
No Concello de Burela tivo lugar a presentación do Memorial “Heroes do Orzán” Rodrigo Maseda Lozano. O torneo de Fútbol Sala Base organizado pola Fundación Imdecum en recordo do policía burelao Rodrigo Maseda Lozano e dos seus compañeiros Javier López López e José Antonio Villamor Vázquez finados en 2012 na praia coruñesa do Orzán tentando rescatar a Tomas Velicky que tamén faleceu no mar coruñés.
Na presentación, xunto ao presidente da Fundación Imdecum, Marcelino Luna Almarza e o director técnico do Memorial, Alfonso Mera Río, participaron o alcalde de Burela, Alfredo Llano García, o concelleiro de Deportes de Burela, Ramiro Fernández Rey, o Inspector Xefe Accidental da Comisaría Local do Corpo Nacional de Policía de Viveiro, o concelleiro de Deportes de Cervo, David Rodríguez Pernas, en representación da Cruz Vermella Sonia Fraga...
leer másO Concello de Viveiro acolleu a presentación dunha nova edición do Déporcampus, que se celebrará do 4 ao 8 de xullo.
Na presentación participaron María Loureiro, alcaldesa de Viveiro; César Iglesias, concelleiro de Deportes; Francisco Vizoso Rojo, presidente do Viveiro SD, e Pablo Barros, do RC Deportivo, coordinador dos Déporcampus.
Está organizado polo RC Deportivo e o Viveiro SD, coa colaboración do Concello de Viveiro. O campus é para nenos de 6 a 14 anos e o prazo para inscribirse remata o 30 de xuño ás 12:00 horas.
“Debemos impulsar e colaborar con este tipo de iniciativas, que fomentan o deporte e impulsan a conciliación da vida familiar e laboral durante os meses de verán”, asegurou María Loureiro.
A inscrición realízase a través da página web oficial do...
leer másA área de Deportes do Concello de Burela vén de anunciar as actividades para este verán, do 6 de xullo ao 26 de agosto. Haberá distintas opcións como xogos na praia, rutas de sendeirismo, happy dance e rutas en bicicleta.
O prazo de inscrición será do 27 ao 29 de xuño, debendo cubrir a ficha de inscrición que se facilitará na Casa da Xuventude, no Concello ou descargándoa da web municipal, e entregándoa na Casa da Xuventude xunto coa fotocopia do DNI do pai/nai e fotocopia do libro de familia. Poderán participar nas actividades todas as nenas e nenos nados entre os anos 2025 e 2009.
As cotas de inscrición teñen un custo de 8 euros por mes e actividade, é dicir, abonaranse 16 euros por actividade. En todas haberá un número máximo de prazas para asegurar o correcto funcionamento dos grupos, así como un número mínimo...
leer másA cuarta edición da carreira nocturna Rinlo-Ribadeo celebrarase o día 20 de agosto. A proba está organizada polo Club Atletismo Ribadeo, conta coa colaboración do Concello e da Xunta de Galicia e foi presentada no salón de sesións do Pazo de Ibáñez.
O alcalde, Fernando Suarez, subliñou: “queremos transmitir a nosa ledicia porque estas cousas se volvan ir introducindo despois da pandemia, despois de dous anos de non ter practicamente actividades de todo tipo. Agora todo o mundo quere cultura, todo o mundo quere deporte, todo o mundo quere saír e estamos moi orgullosos. Nós como Concello estamos encantados de colaborar como sempre cunha entidade deportiva como este club sen ánimo de lucro e que está dando o mellor cun montón de xente nova axudando, correndo e agora tamén organizando, outra vez por cuarto ano, esta carreira nocturna entre...
leer másO VI Torneo Marosa Cup volve a Burela do 24 ao 26 de xuño, reunindo a 60 equipos de fútbol e ao redor de mil xogadores nos equipos de competición. Distribuiranse por días nun total de seis categorías, de xeito que o venres 24 de xuño competirán os equipos de infantil e cadete; o sábado 25, será a quenda dos benxamíns e alevíns; e o domingo 26 de xuño sairán ao campo os prebenxamíns e biberóns.
Ao longo desta fin de semana poderanse ver partidos nos que competirán o CD Lugo, o Deportivo da Coruña, así como os equipos do Ourense, O Coruxo, Bergantiños, Caldas de Reis e mesmo equipos de Asturias, entre outros.
Desde a organización da SD Burela, confirmaron na presentación que participarán sobre o terreo preto dun milleiro de xogadores, superando a cifra con respecto a edicións anteriores.
O...
leer másEsta mañá realizouse no Concello de Burela a presentación oficial da IV edición da 15K A Mariña BANCO MEDIOLANUM, coa presenza do alcalde de Burela, Alfredo Llano, o edil de Deportes, Ramiro Fernández, o rexedor de Foz, Fran Cajoto, así como David Mayo, Family Banker de Banco Mediolanum, patrocinador principal da proba, entre outros.
Tras o parón por mor da COVID-19, esta proba de 15 quilómetros entre os Concellos de Foz e Burela volve este domingo 19 de xuño ás 11 horas. Ademais, previo á proba, levarase a cabo unha andaina polo mesmo percorrido, que dará comezo ás 10 horas.
As dúas probas terán como punto de saída o centro comercial Activity Center en Burela, e cruzarán meta nos aledaños da praia da Rapadoira tras desfrutar dun percorrido espectacular pola Mariña Lucense.
Esta IV...
leer más












