Deportes
Seguen os mércores na natureza no Vicedo. Esta semana toca Baixada do Río Sor en Kaiaks.
Desde a organización sinalan que “encaramos a última semana completa de agosto cunha ruta tradicional pero moi divertida: A Baixada do Río Sor en kaiaks. Será o mércores ás 10:30h (punto de encontro no Porto do Barqueiro) e quedan poucas prazas dispoñibles para poder participar. En todo caso, haberá outra baixada do Sor o mércores 1 de setembro, neste caso en horario de tarde”.
Foz acollerá unha milla urbana e unha carreira de relevos o día 11 de setembro, sábado.
Empezarán ás 11:00 e ás 15:00 horas respectivamente. A saída e a chegada será na Avenida do Cantábrico, número 21 da vila focense, no paseo da praia da Rapadoira.
Para a milla urbana haberá seis categorías: pícaros, benxamín, alevín, infantil, cadete e absoluta.
As inscricións xa poden facerse na web www.championchipnorte.com.
Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta ao castro de Fazouro. Será o 28 de agosto. Hai que anotarse.
A Asociación Os Sendeiros de Foz organiza o último andareiro do verán deste ano, que terá lugar o 28 de agosto polo Castro de Fazouro.
A saída será ás 9:00 horas da Casa do Concello.
As persoas interesadas poden anotarse, ata o venres 27, nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son: 3 euros para os socios non federados e 4€ para os socios temporais. A actividade é gratuíta para os socios federados.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta, dunha lonxitude de 15 quilómetros, ten un nivel de dificultade baixo. Ademais cumpriranse os protocolos anticovid con compartindo material e levando mascarilla sempre que non se teña o 1´5 metros de distancia de seguridade.
... leer másO domingo 5 de setembro celebrarase a ruta ciclista Desafío do Ferro, que se desenvolverá nos municipios de A Pontenova e Riotorto en dúas distancias. Este evento deportivo, que sairá da Praza das Rodrigas, en Riotorto, ás 10:00 horas, é para bicicletas BTT e E-BIKE.
As inscricións fanse a través da web championchipnorte.com.
A ruta ciclista Desafío do Ferro esta organizada polo club Pretorianos e patrocinada polos concellos de Riotorto e A Pontenova.
Do 23 ao 27 de agosto celebrarase a oitava edición do Torneo de Pádel San Bartolo, de Xove, que foi presentado cun acto no que estiveron o alcalde, Demetrio Salgueiro; a concelleira de Deportes, Cristina Iglesias; e María Gómez Sanmartín, representante da empresa IG10, que xestiona o evento.
O torneo terá as seguintes categorías: Open masculina, Open feminina e Open mixta. Repartiranse 1500 euros de material deportivo en premios.
A inscrición pódese facer na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Xove ou ben nas instalación de IG10 en Burela. O sorteo será o día 20 ás 14:00 na pista de pádel.
Hoxe venres, ás 13:30 horas, tivo lugar a presentación da II Edición do Xove Costa Trail 2021, na que estivo presente o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro Rapa, a concelleira de Deportes, Cristina Iglesias Guerreiro, e os organizadores do Xove Costa Trail 2021.
Dito evento levarase a cabo os días 21 de Agosto con Andaina e Carreiras para Nen@s e o domingo día 22 de Agosto onde se farán as dúas carreiras Trail, de 25 Km e 15 Km. A maior parte dos circuitos, tanto de Andaina como de Trails, son pola Senda Costeira de Xove. Os caminantes da Andaina sairán da Praia de Esteiro con chegada á Praia de Morás, con un percorrido de 15 Km. As carreiras para os nen@s, serán no entorno do Cabo Morás, con chegada á Meta na Praia de Morás. Os mais maiores correrán uns 1.500 m. e os máis pequenos uns 700 m.
Os corredores de 25K...
leer másDo 14 ao 22 de agosto terá lugar o XXIII Torneo de Tenis Vila de Foz.
Presentaron esta nova edición: Ramón Cajoto e Xosé Veiga, do Foz Club de Tenis, e a concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez.
Xa quedan poucas prazas por cubrir no cadro, posto que este torneo é xa un clásico do verán mariñano. Haberá participantes da casa, da comarca e tamén visitantes, que auguran uns partidos moi atractivos.
Para inscribirse chamar ao 619 60 44 95
Con máis ganas ca nunca. Por fin volve a Escola Laranxa para reunir a ilusión das pequenas Xoias en 7 categorías, entre Biberón e Xuvenil. Xa podes reservar a túa praza para o curso 2021-22 doadamente a través da seguinte ligazón: https://burelafs.org/gl/o-club/inscricion-base/
Categorías
-Biberón mixto (2016/17)
-Prebenxamín mixto(2014/15)
-Benxamín mixto (2012/13)
-Alevín masculino (2010/11)
-Alevín feminino (2010/11)
-Infantil masculino (2008/09)
-Infantil feminino (2008/09)
-Cadete masculino (2006/07)
-Cadete feminino (2006/07)
-Xuvenil masculino (2003/04/05)
Matrícula
O importe de cada categoría dividirase en catro cotas (trimestrais). No caso...
leer másO estadio municipal de A Veiga, de San Ciprián, acollerá este xoves, día 12 de agosto, a cuarta edición do torneo Maruxaina de fútbol. Será un triangular, que disputarán o CD Castro, o CD Foz e o Viveiro CF.
Empezará ás 18:30 horas co enfrontamento entre o Viveiro e o Foz. Ás 19:30 xogarán o Castro e o Viveiro. E o terceiro partido será ás 20:30 horas entre o Foz e o Castro.
Este evento deportivo está organizado polo CD San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo.
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza outro dos andareiros de verán, este sábado, 14 de agosto, pola Ruta dos Nazarenos na localidade focega.
A saída será, ás 9:00 horas, diante do Concello.
As persoas interesadas en participar poden anotarse antes do venres 13 de agosto, nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. Os prezos serán de 3 euros para os socios non federados e 4€ para os socios temporais. A actividade é gratuíta para os socios federados.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade baixo e unha lonxitude de 13´5 quilómetros. Ademais seguiranse os protocolos anticovid non compartindo material e levando mascarilla sempre que non se teña a...
leer más