Deportes
O vindeiro 23 e 24 de xullo celebrarase en A Pontenova o Campionato de España de Carrilanas da Federación de Deportes de Inercia, organizado por MotorEo A Pontenova.
Comeza o sábado 23 ás 10:30 horas coas verificacións técnicas e administrativas dos vehículos, un pincheo as 13:00 horas e os primeiros adestramentos das baixadas a partir das 15:00 horas. Tamén haberá cea, actuacións musicais e unha ruta barítima máxica con Mago Joel, gañador de Got Talent Magic España, Samuel Moreno, semifinalista de Got Talent España, e Roberto Lolo.
O domingo 24 a partir das 10:00 horas terá lugar o descenso das carrilanas seguido da entrega dos premios e a sesión vermú. As 20:00 horas realizarase unha gala de maxia na Casa da Cultura.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse no seguinte...
leer másEste mediodía presentouse na área recreativa da Veiga, en Muras, a quinta edición do Trail das Bestas, que se celebra o vindeiro domingo 17 de xullo e que conta a escasas horas de pecharse o prazo de inscrición -ao rematar o día de hoxe- conta con 350 persoas anotadas.
A proba ofrece catro modalidades de participación: 43 Kms, 27Km, 14 km e andaina, para facer camiñando e cun percorrido tamén de 14 km. A organización destacou que nesta quinta edición a Serra do Xistral ten maior protagonismo en todos os itinerarios, reforzando a visibilidade deste espazo natural emblemático. Así mesmo, atendendo ás previsións meteorolóxicas, prevese un reforzo dos puntos de avituallamento e a presenza dun equipo sanitario que desenvolverá unha labor preventiva.
Como en anteriores edicións, ponse especial atención na...
leer másDa man do xeólogo Francisco Canosa os asistentes realizarán de maneira didáctica, un paseo polo litoral entre furnas, pregues, intrusións de rochas magmáticas e mesmo restos fósiles que non os deixarán indiferentes.
O percorrido dará comezo na praia de Arealonga e rematerá na de Fontela-Valea, a duración será de 3,5 horas e a distancia lineal de 3,5 quilómetros (NON inclúe regreso ao punto de partida). A dificultade é moderada.
Desde a organización recomendan levar roupa e calzado cómodos (calzado deportivo ou de trekking) e adaptados ás condicións meteorolóxicas, protección solar, auga, algo para picar (froita, froitos secos, etc), mascarilla, xel hidroalcohólico.
Nota: camiñarase sobre area e zonas rochosas.
As persoas interesadas poden atopar máis...
leer másO Presidente do C.D. Foz, José María García Rivera, e a concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez Leivas, presentaron o XXXIII Trofeo Vila de Foz, que disputarán a S.D. Ponferradina e o C.D. Lugo.
O vindeiro sábado, 16 de xullo, Día do Carme, haberá tamén unha gran festa no estadio Martínez Otero, co encontro entre a S.D. Ponferradina e o C.D. Lugo.
A partir das 19:00h estes dous excelentes equipos xogaranse o XXXIII Trofeo Vila de Foz.
O presidente do C.D. Foz agradeceu a disposición dos clubs para participar deste día grande en Foz e continuar a historia deste trofeo que xa vai pola trixésima terceira edición. Así tamén, explicou que as persoas que desexen adquirir as entradas anticipadamente poderán facelo no Martínez Otero, o venres 15, de 18h a 20h, o sábado 16, de 11h a 13h e...
leer másCervo acollerá o II Trail de Sargadelos o 24 de xullo. Tamén haberá unha andaina que partirá ás 9:30 horas do Conxunto Histórico Artístico
A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares e polos concelleiros David Rodríguez e Dolores García Caramés, en representación da asociación Amigos da Trula, que organiza o evento en colaboración coa administración local
O percorrido previsto será de 11 quilómetros e circular "e permitirá aos/ás participantes desfrutar das paraxes e sendeiros da contorna de Sargadelos", tal e como apuntaron desde a organización.
A recollida de dorsais farase o sábado 23 en horario de 17h a 20h e o mesmo día da carreira de 08:00h a 09:00h.
A saída do trail está prevista para as 09:00 horas e a andaina ás 9:30 horas.
... leer másDo 14 ao 17 de xullo celebrarase na Pontenova o I Torneo de Pádel de Verán, que organiza o Concello.
O Concello de Pontenova organiza o I Torneo de verán de pádel os días 14, 15, 16 e 17 de xullo.
Este torneo realizarase na pista de pádel e contará con tres categorías, 1ª Masculina, 2ª Masculina (iniciación) e 1ª Feminina. As parellas finalistas de cada categoría obterán un premio en material deportivo.
As inscricións teñen un custe de 12€ e deberán realizarse antes do 10 de xullo a través do instagram @apontenovaloungebar ou chamando ao teléfono 603 721 785 ou 648 200 888.
A asociación Os Sendeiros de Foz participa na terceira ruta da Liga de Sendeirismo de Galicia que discorrerá pola zona da Cañiza os días 9 e 10 de xullo.
A saída será o sábado, 9 de xullo, ás 16:00 horas, de Foz e, ás 16:15 h., de Ferreira.
Os prezos son: 130 euros para os socios federados, 135€ para os socios non federados e 140 euros para o socio temporal. Inclúe hotel con pensión completa en habitación dobre.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.
A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, realizará unha ruta o vindeiro 9 de xullo polo Monumento Natural Foces del Pino, un estreito desfiladeiro situado en Felechosa, un pobo do Concello asturiano de Aller . A ruta terá unha duración de 8 quilómetros cunha dificultade baixa.
O prezo para asistir será 25€ para socios e 30€ para non socios. Inclúese comida, seguro e autobús, que sairá as 7:30 da mañá dende a Estación de Autobuses de Burela.
As inscricións débense facer antes do 7 de xullo en Gráficas Arfe ou nos teléfonos 982 580 504 ou 657 821 194.
A proba disputarase o sábado e o domingo na Piscina Municipal Olímpica. Competirán 233 nadadores de 27 clubs de toda Galicia
O rexedor, Alfonso Villares, recordou que é a segunda proba desta magnitude que acolle a piscina en menos dun mes, logo do Galego Alevín que tivo lugar en xuño, “grazas ás privilexiadas instalacións que temos no Concello e á estreita colaboración que mantemos co CN Xove, que atraen este tipo de campionatos cun gran impacto para a nosa zona xa que se estima que se despracen a Cervo unhas mil persoas na fin de semana”.












