Eventos
Estas actividades enmárcanse dentro do programa de xeoturismo do Plan de Sostibilidade Turística, que arrincaba a finais de 2023 e está contando con moi boa acollida.
O 16 de xuño terá lugar a xeoruta do Ollo do Sapo, no Vicedo, que se desenvolverá entre as 10:30 e as 13:30 horas, guiada polo xeólogo Fran Canosa. Son 7 aínda as prazas dispoñibles para gozar deste paseo duns 7 quilómetros e medio a través dunha paisaxe de enorme beleza.
Os asistentes terán a oportunidade de coñecer a costa vicedense, esculpida sobre as rocas denominadas Ollo de Sapo, que foron orixinadas pola transformación metamórfica de magma e as cinzas dunha enorme cadea de volcáns explosivos, que chegaban ao Vicedo desde o centro da península.
E para o 29 de xuño está prevista a xeoruta da Marosa, en Burela, de 10 a...
leer másA parroquia de San Adriano, no concello de Lourenzá, celebrará a súa romaría este domingo, 16 de año.
As actividades empezarán ás 09:00 horas con misa, ás 10:00 horas haberá rogación e actuarán os Gaiteiros de Tovar. Ás 13:30 horas celebrarase outra misa e a continuación terá lugar a sesión vermú amenizada polo grupo M3, que actuará xunto ao dúo Belinda na verbena, que empezará despois da misa das 19:30 horas.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, explica que “nun afán de remarcar o contido cultural do evento, as antevésperas e vésperas aumentan o seu protagonismo. Desta maneira, contaremos con múltiples e diversas actividades que se repartirán durante o mes de xuño e comezos de xullo: visitas guiadas, obradoiros de repostería indiana para hostalería e familias, monicreques, teatro, etc... e algunha sorpresas máis que iremos revelando”.
A edil ribadense contou que “a primeira destas actividades terá lugar o este sábado, 15 de xuño, ás 12 horas. Trátase dun paseo guiado teatralizado a cargo de Suso Martínez, guía-actor mariñán de enorme prestixio, habitual en anteriores edicións cunha gran acollida de público. Este paseo discorrerá dende o parque de San Francisco ata o xardín dos indianos descubrindo as arquitecturas e o legado indeleble de...
leer másA parroquia de Aldurfe, no concello de Riotorto, celebrará as súas festas na honra de San Pedro os días 15, 16 e 29 de maio.
As actividades empezarán este sábado 15 ás 13:00 horas con misa e despois procesión e sesión vermú, coa música do dúo La Hora Bruja, que tamén amenizará a verbena dese día xunto á orquestra Ritmo Joven.
O domingo 16 haberá misa ás 14:00 horas e despois procesión acompañada coa música de gaitas galegas e sesión vermú co grupo Fénix.
E para o 29 de xuño, sábado, está programada misa ás 14:00 horas e despois procesión e sesión vermú amenizada por Javi Show. A continuación haberá unha comida veciñal e despois sesión de tarde coa música de Javi Show.
O campo da festa estará cuberto con carpa.
O Vicedo celebrará as súas festas na honra a Nosa Señora do Carme desde este sábado, día 15, ata o luns 17 de xuño.
As actividades empezarán o sábado ás doce do mediodía con misa solemne na igrexa parroquial e a continuación procesión coa imaxe da Virxe do Carme ata o campo da festa, acompañada pola Banda Naval de Viveiro. A partir das 14:00 horas haberá sesión vermú amenizada pola orquestra Miramar, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Venus, desde as 22:00 horas.
O domingo ás doce do mediodía celebrarase misa solemne no campo da festa e a continuación procesión marítima con ofrenda floral polos náufragos e mariñeiros defuntos. Ás 14:00 horas comezará a sesión vermú a cargo do dúo D´Vicio, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Los Player´s, a partir das 21:30 horas.
E o...
leer másA parroquia de Sante, no concello de Trabada, celebrará as súas festas de Corpus Christi esta fin de semana, o sábado 15 e o domingo 16 de xuño.
As actividades empezarán o sábado ás 21:30 horas cunha comida veciñal e a partir das 22:30 horas haberá verbena amenizada polo grupo Platinum e a discoteca móbil The Sound Project.
E o domingo 16 celebrarase misa solemne ás 13:15 horas e despois haberá procesión e sesión vermú, na que actuará o dúo La Hora Bruja.
O día 23 de xuño, domingo, San Ciprián será o escenario dunha gran festa de San Xoán da man de A Rebolaxe, coa colaboración do Concello de Cervo.
O evento, que terá lugar no aparcadoiro do estanco na Praia do Torno, foi presentado pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o edil de Zona Rural, Adrián Arias, e unha representación do grupo A Rebolaxe, no auditorio da Casa da Cultura, onde realizan os seus ensaios.
A cita arrincará ás 13:00 horas cunha sesión vermú a cargo de Mi Rollo es el Rock, durante a que se servirán hamburguesas á grella.
A partir das 18:00 horas haberá xogos populares e desde as 19:30 horas ofrecerán bocadillos de touciño, chourizo e salchicha acompañados polo son das gaitas.
Ás doce da noite acenderase o tradicional lume de San Xoán.
... leer másO lugar do Valiño, na parroquia mindoniense dos Remedios, celebrará a súa festa na honra a San Antonio de Padua este sábado, 15 de xuño.
As actividades empezarán ás 12 do mediodía con misa e despois haberá procesión e sesión vermú, co dúo Crazy, que tamén amenizará a verbena xunto ao grupo Fusión Latina.
A parroquia de Carballido, no municipio de Alfoz, celebra a súa tradicional Feira do Trece este sábado, 15 de xuño
A organización explica que “este ano a feira de gando estará condicionada polas restricións pola lingua azul, e non poderemos contar con gando vacún, ovino e caprino. En cambio está a subir o número de gandeiros que reservan curro para gando cabalar. Serán premiados os 4 gandeiros que máis número de cabezas aporten á feira, ademais dos 2 mellores cabalos ou bestas de montura e tamén de tiro. Contaremos con aproximadamente medio cento de postos de mercado, nos que poderemos atopar de todo tipo de produtos, incluído o estrela desta feira antigamente: as cereixas.
Tamén anuncia que “haberá proba de andadura puntuable para o campionato da Federación Hípica Galega, na que contaremos con máis dun cento dos...
leer másO CEIP Plurilingüe Álvaro Cunqueiro Mora, de Mondoñedo, organiza a primeira xornada de portas abertas e feira da ciencia para familias. Será este venres, 14 de xuño, de 16:00 a 17:30 horas na biblioteca do centro.
“Únete a nós o venres 14 de xuño na biblioteca do centro para unha tarde emocionante de ciencia, experimentos e diversión para toda a familia. Tamén poderás disfrutar e coñecer os traballos que os nosos alumnos realizaron ao longo do curso na biblioteca escolar Bibliomerliño. Descubre o fascinante mundo da ciencia!”, anuncia a organización deste evento.