Eventos
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, mantivo no Pazo de San Marcos un encontro coa Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, con motivo da Semana Santa da localidade, declarada de Interese Turístico Internacional dende o ano 2013. José Tomé destacou o compromiso da institución provincial co Concello na celebración desta cita relixiosa, á que achega 25.000 euros a través dun convenio de colaboración, pois “supón un revulsivo económico na provincia congregando a milleiros de visitantes nesta datas festivas”.
Grazas á colaboración da institución, a Xunta de Confrarías volverá a contar coa carpa Antesala dun Museo, onde se exporán algúns dos pasos e as pezas de ourivería que sairán nas procesións polas rúas da cidade do Landro. A carpa, que abrirá as súas portas a vindeira semana, estará instalada como en anos anteriores na Praza...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense inicia o proceso de ampliación e seguimento do Sistema Integral de Calidade Turística na Mariña en 2024 abrindo un novo período de solicitudes de adhesión. O prazo de inscrición está aberto ata o 17 de marzo.
Tras contar na pasada anualidade con 29 servizos turísticos adheridos dos sectores do aloxamento, restauración, guías, oficinas de turismo e museos, a Mancomunidade amplía este ano o acceso a novos sectores, convidando a artesáns, taxis turísticos e empresas de alugueiro de vehículos da Mariña a formar parte deste sistema, que tamén continuará sumando a interesados das categorías xa presentes.
Trátase dun proxecto abordado ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística, cofinanciado pola propia Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de...
leer másA asociación veciñal O Torques de Marzán, en Foz, organiza a XXIV edición da súa cea baile de irmandade. Será o sábado 16 de marzo a partir das 21:00 horas no restaurante O Rincón do Mis. Estará amenizada polo dúo Epo-k e haberá sorteo de agasallos.
As prazas limitadas son limitadas e o último día de venda das tarxetas é o venres 8 de marzo.
Viveiro acogerá un concierto este viernes, 8 de marzo, y un espectáculo de marionetas el sábado 9 dentro del programa de difusión cultural Adral.
La organización de Adral, que es la Junta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro, anuncia que “el Viernes día 8 a las 20:30 horas en la Iglesia de San Francisco tendremos el concierto Sar Ensemble de Santiago de Compostela. Estará interpretado por el organista de la Catedral de Santiago Adrián Regueiro, acompañado por Ana Pazos como cornetto y Mariola Gongar como Mezzosoprano. Estará dividido en dos partes: la primera será interpretada en el órgano de la Iglesia de San Francisco de Viveiro, con lo que tratamos de que se conozca una pieza de nuestro patrimonio en Viveiro y que para muchos es desconocido su sonido; para esta parte se instalará una gran pantalla en el altar mayor y así los...
leer másOs cabaleiros da Asociación Equina A Medela están organizando o XXV Aniversario da fundación da Asociación, celebración centrada na XXV RUTA CABALAR que se vai desenvolver o domingo 17 de marzo e que foi presentada no Concello. O programa que van desenvolver é o seguinte:
-10:00 h. RUTA A CABALO. Saída do Campo da Igrexa de Sumoas (Xove), pasando pola Lagüela (Xove), erntorno da Praia de Lago, entorno dos Cantís de Papel de Morás e retorno ao lugar de saída.
A metade da Rutas vanse servir uns pinchos para os participantes. Rematada a Ruta vai haber un xantar na carpa ubicada no Campo da Igrexa de Sumoas (Xove) servido pola Pulpería Mario.
Rematado o xantar, todos os/as asistentes van disfrutar dunha sobremesa musical amenizada por un grupo, e tamén participarán nun sorteo de agasallos....
leer másA programación organizada polo Concello de Foz para conmemorar o Día Internacional da Muller inclúe unha concentración, dúas representacións teatrais, unha sesión de contacontos, un obradoiro e unha exposición.
A concelleira de Muller e Igualdade, Elena Martínez Pena, anuncia que “como cada ano, con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Foz súmase a esta xornada de reivindicación e loita, pois é un día no que se celebran os dereitos conquistados polas mulleres en todos os ámbitos e conmemora a longa historia de loitas e sacrificios que tiveron que levar a cabo para acadalos. A nosa programación de actividades prevista para este 8M está chea de reivindicación, cultura e moita forza”.
A programación dará comezo o venres ás 19:00 horas coa concentración diante do Concello...
leer másA Concellería de igualdade do Concello de Barreiros pon en marcha un novo programa de axuda á conciliación en época de vacacións escolares financiado a través da subvención de igualdade da Xunta de Galicia na liña de conciliación.
Así, preséntase o programa +CONCILIA MARZO que favorece a conciliación familiar para esta Semana Santa con actividades para os días 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril de 2024 en horario de 9:30 a 13:30 horas.
Esta actividade está destinada a crianzas nadas do 01/01/2012 ao 31/12/2020 e será totalmente GRATUÍTA para as familias.
Desenvolverase no CEIP de San Cosme de Barreiros, aínda que de forma puntual e atendendo ao requirimento das actividades programadas farase uso doutros espazos ou instalacións próximas no termo municipal.
As...
leer másO desfile de Entroido de Lourenzá, que se celebra tradicionalmente o Domingo de Piñata, trasládase ao día 17 de marzo a partir das 16:30 horas. Foi aprazado o 18 de febreiro polas eleccións autonómicas e o 25 do mesmo mes debido ás adversas condicións meteorolóxicas.
A inscrición deberá facerse unicamente a través do correo electrónico entroidolourenza@gmail.com ata o venres 15 de marzo de 2024 ás 21:00 horas. A organización confirmará a inscrición, sendo preciso que faciliten un teléfono de contacto.
Os participantes que xa estaban apuntados para o desfile previsto para o 25 de febreiro non teñen que volver enviar a folla de inscrición, pero si deben confirmar a participación nesta nova data.
A recollida de dorsais para participar no...
leer másVIA Alfoz organiza a décima edición da tradicional ofrenda floral na conmemoración do Día Internacional da Muller. O eventolevarase a cabo mañá sábado 9 de marzo ás 12:00 horas nas inmediacións do Castelo do Castrodouro. “Un ano mais, e xa van dez, convidamos a toda a veciñanza que libremente queira participar nesta ofrenda foral” indican desde VIA Alfoz, recordando que, coma cada ano, se depositarán doce caraveis brancos no cruceiro do Castelo do Castrodouro, “a cor branca simboliza a paz e os doce os meses do ano, pois debemos honrar ás nosas mulleres tódolos días”.
Antes de depositar as flores, lerase un escrito “en homenaxe ao enorme traballo das nosas mulleres, e en especial para as mulleres de Alfoz, que loitan cada día polo futuro do noso pobo”, Indican desde VIA Alfoz.
O acto contará, entre outros, coa...
leer másA parroquia de Vilaouruz, no concello de A Pontenova, celebrará a Festa da Pascua o sábado 30 de marzo.
A partir das 14:00 horas haberá sesión vermú e ás 20:00 horas empezará una sesión de tarde noite amenizada pola orquestra Stereo Music Show.