Eventos
Na cabalgata de Reis de Riotorto, que se celebrará este venres, 5 de xaneiro, desde as 20:30 horas haberá un agasallo para todos os nenos que asistan e actuará o coro e o grupo de gaitas de Riotorto.
Os Reis Magos farán un percorrido polas rúas do concello e está previsto que cheguen ó salón de actos ás 21:00 horas. No Centro Sociocultural servirase un chocolate e roscón de Reis totalmente gratuítos.
Está organizada polo Concello de Riotorto e aquelas persoas que desexen colaborar na cabalgata deben chamar ao teléfono 982.34.62.22.
A programación de Nadal do Concello xovense continúa mañá, 3 de xaneiro, coa que vai ser a primeira actividade cultural do ano 2024.
A partires das 18:00 horas no Pavillón de Deportes de Xove, terá lugar o espectáculo infantil de Nadal con animación musical “Cantabaila” coa Guagua.
Todo está listo en Ribadeo para recibir a Melchor, Gaspar y Baltasar el próximo 5 de enero.
Entre las novedades de este año, la Cabalgata saldrá de las inmediaciones de la iglesia parroquial, donde a las seis de la tarde sus Majestades realizarán una ofrenda.
La salida de la comitiva, que recorrerá las calles de Ribadeo, tendrá lugar a partir de las siete de la tarde. Desde la organización piden a todos los participantes, niñ@s y adultos, que a las seis y cuarto estén en el punto de encuentro y solicitan al público que tenga cuidado para no echarse muy encima durante el recorrido, por seguridad, ya que participan muchas niñas y niños.
La Cabalgata recorrerá las principales calles de Ribadeo hasta la rotonda del Xardín y terminará en el parque de San Francisco, donde habrá una sorpresa...
leer másCervo daralle a benvida ao 2024 cunha festa na Praza dos Campos, en San Ciprián. Na carpa alí instalada haberá animación musical a partir das 01:30 horas a cargo de Alma Latina e DJ Medusa.
O 2 de xaneiro volven celebrarse actividades para nen@s, con idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos, para pasar unha tarde divertida a cargo de Bea, voluntaria do Taller de Manualidades, como aconteceu hai uns días.
O horario será o seguinte:
- Nen@s de 3 a 9 anos, dende as 16 ás 18 horas.
- Nen@s de 10 a 14 anos, dende as 17 ás 19 horas.
O lugar de celebración destas actividades será o Local do Antigo Matadoiro.
Os nen@s ata 6 anos deben estar acompañados dun adulto.
Para presentar a solicitude de participación será preciso poñerse en contacto cos Servizos Xerais ou na Casa da Cultura do Concello de O Valadouro no teléfono
982574000 e 982571516 respectivamente. Informa da ampliación do prazo de inscrición a Concellería Delegada de Asuntos...
A Fundación Expomar celebrou a súa última reunión do ano 2023, na que fixo balance dos últimos meses e traballou xa coa mirada posta nas súas actividades para 2024 e 2025.
“Aprobouse o Plan de Acción do 2024 e analizáronse as actividades realizadas en 2023, como as xornadas técnicas, o encontro empresarial, e a Feira Nautico Pesqueira, ademais doutras accións realizadas, como a presenza en feiras como Sinaval ou Expomar Cabo Verde”, explica o concelleiro de Turismo e Mar, Ramiro Fernández.
“Resaltouse o éxito da celebración do día do Orgullo Mariñeiro celebrado este mes de decembro, e que o Padroado aposta por seguir impulsando, e destacouse a participación no Foro de Turismo de Huelva e na asemblea fundacional da Rede Nacional de Turismo mariñeiro celebrada en Isla Cristina (Huelva)”, sostén pola súa parte a...
leer másA sala de exposición da biblioteca municipal de Viveiro acolle ata o día 6 de xaneiro, sábado, o belén instalado pola asociación Bágoas da Terra. Pode visitarse de 12:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas
É un belén que ten figuras ataviadas co traxe tradicional galego, algunhas delas en movemento, e construcións feitas a man polo artesán Hortensio Gómez. Os murais e o cartel son obras de Esther Raposo.
O Casino de Mondoñedo celebrará un baile de fin de ano, que comezará ás 01:00 horas da madrugada do luns, 1 de xaneiro, e contará con ambientación musical.
Para asistir hai que retirar as tarxetas ata este sábado, 30 de decembro, pola mañá. O prezo, que inclúe consumicións ata fin de existencias, para os socios do colectivo organizador é de 20 euros e os que non o son deberán pagar 25 euros.
A reserva de tarxetas pode facerse a través dos teléfonos 686.39.03.19, 609.28.01.91 ou 657.35.88.69.
O Concello de Riotorto, coa colaboración de asociacións veciñais e culturais do municipio, organiza un baile de fin de ano, que terá lugar no centro sociocultural Avelino Díaz, nas Rodrigas, a partir da unha da madrugada do día 1 de xaneiro de 2024. A entrada é gratuíta.
Haberá verbena amenizada polo dúo Belinda, servizo de bar e ás 05:30 horas servirase chocolate gratis.
O Concello de Barreiros organiza unha viaxe para o vindeiro mércores, 3 de xaneiro, a XuvenLugo dirixida a nenas e nenos de Barreiros.
A excursión inclúe a entrada e a viaxe de balde.
As persoas interesadas en anotar ás súas crianzas na viaxe, teñen para formalizar a inscrición ata o día 2 de xaneiro nas oficinas xerais do concello.
Terán prioridade o alumnado do CEIPS do municipio e a cativada instrita nas escolas deportivas de Barreiros.
XuvenLugo é un espazo de ocio infantil e xuvenil situado dentro do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. É un gran espazo cheo de atraccións, inchables, xogos, animacións e deportes para pasar unha tarde moi divertida.