Eventos
Xa está dispoñible a información sobre o préstamo de mesas e cadeiras, solicitudes de postos de artesanía e colocación de mesas na rúa
O Concello de Viveiro presentará nos próximos días a programación da Feira Renacentista, que terá lugar do 6 ao 9 de xullo de 2023. Trátase dunha programación que ten como obxectivo ambientar a vila con actividades culturais e musicais.
O Concello de Viveiro adianta certos trámites relacionados coa feira, como o préstamo de mesas e cadeiras, solicitudes de postos de artesanía e de colocación de mesas para ceas e comidas na rúa.
Con respecto á celebración de comidas e ceas na rúa durante a xornada do sábado, todas as previsións apuntan ao incremento das comidas e ceas servidas polos locais de hostalería, ao que se suma que o material de titularidade...
leer másUn ano máis os máis pequenos de Alfoz teñen o programa de actividades Ludiverán-Xogando en igualdade, que organiza o Concello. É desde o 3 de xullo ata o 25 de agosto de luns a venres laborables para nenos e nenas nados entre 2011 e 2020.
As prazas son limitadas e o prazo de inscrición está aberto ata o 27 de xuño na Oficina de Rexistro do Concello ou a través da Sede Electrónica.
Do 25 de xuño ao 15 de outubro terá lugar unha nova edición do Mercado dos Domingos nas inmediacións da Praza de Abastos de Ribadeo. Será en horario de 9 a 14 horas.
O alcalde, Dani Vega, manifestou que “o inicio do verán en Ribadeo é sinónimo de sostibilidade, alimentación de proximidade e consumo local. Esta fin de semana volve o Mercado dos Domingos, que organizamos desde o Concello en colaboración coa asociación de produtores da horta A Sucadoira”.
O rexedor indicou que “o que pretendemos é pór en valor a economía de proximidade, potenciando o consumo de temporada e saudable, coidando do medio, beneficiando a nosa economía local e dinamizando a vila”.
No Mercado dos Domingos participarán 15 produtores e produtoras da zona, que porán á venda froitas, hortalizas, queixos, pan, doces,...
leer másUn ano máis o Festival Internacional de Narración Oral Atlántica estará en Alfoz. No Castelo de Castrodouro como é habitual. As actuacións previstas son:
O sábado día 1 ás 21:00h no Castelo de Castrodouro volve o Festival Atlántica a Alfoz. Pedro Mario López de Cuba presentará "Urdimbres", dirixida a público aduto, de balde, en castelán. Espectáculo que enlaza con humor, ironía e dor historias de profundas resonancias humanas. Contos que narran a vida desde a perspectiva do narrador, conectado coas historias de moitos e moitas que emerxen poeticamente para confrontar a súas voces coa ecoloxía da incerteza; tupidos urdidos entre os que despregan o seus tránsitos o amor, o desarraigamento, a esperanza, o esquecemento ou, dito doutra maneira, a vida en permanente pulso coa morte.
O domingo 2 de xullo, ás 19:00h no...
leer másBurela celebrará este venres por segundo ano consecutivo a noite do San Xoan Castrexo con unha festa organizada pola Asociación Burela Castrexa, que tamén se encarga dos actos conmemorativos da “X Festa Castrexa”.
A noite de San Xoan celebrarase con unha parrillada popular a carón da praza do Concello, con sardiñada e churrascada ao prezo de 10 euros cada ración. A venda anticipada dos tickets remata este mércores 21 de xuño ao prezo reducido de 8 euros cada ración, e pódense adquirir en Gráficas Arfe, Perruquería Campón, Suministros Rol e Óptica Afflelou Burela.
A programación do venres de San Xoán comeza ás 20:30h co concerto gratuíto de “A Banda da Loba” na praza do Concello, e rematará de madrugada coa actuación da Orquesta Origen e de Dj Litainer.
Para amenizar a cea celebrarase unha...
leer másArredor de 115 veciños e veciñas pertencentes a cinco entidades da provincia de Lugo participan esta semana nas viaxes gratuítas do programa Coñece a túa provincia. Trátase da terceira edición desta iniciativa impulsada pola Deputación de Lugo, a través da que colectivos de Monterroso, Taboada, Lugo, Viveiro e Ribas de Sil viaxan entre hoxe e o xoves á Mariña e á Ribeira Sacra para coñecer o seu patrimonio natural e cultural.
As primeiras entidades desta semana son a Asociación Terceira Idade de Monterroso e a Asociación de Veciños de Santa María de Piñeira, de Taboada. Os monterrosinos achegáronse ós concellos de Xove e Viveiro, percorrendo lugares como Punta Roncadoira ou o Souto da Retorta. Antes de poñer rumbo á Mariña fixeron unha parada na Produtora de Audiovisuais da institución provincial. Por outra banda, os taboadenses...
leer másA Pontenova celebrará o San Xoán con fogueira e festa no Forno de Boulloso este venres, 23 de xuño.
As actividades empezarán de 19:00 a 21:00 horas cunha xornada de portas abertas para @s máis pequen@s no bosque infantil do Boulloso. Ás 21:30 horas haberá un concurso de tortillas e entre todas as que se presenten un xurado popular elixirá as dúas mellores, que serán premiadas cunha cea para dúas persoas, no Lar de Balbina e no San Briz. E ás 22:00 horas degustaranse as tortillas presentadas ao concurso ademais de chourizos á grella, torrezos e pan.
Haberá servizo de bar e música e actuación musical a cargo de A Chocolateira.
Este evento está organizado polo Centro de Iniciativas Turísticas e polo Concello da Pontenova.
O Ribadeo Indiano contará co seu propio cóctel. A súa elaboración saíu do obradoiro celebrado o pasado 5 de xuño. Concello e Acisa animan á hostalería local a involucrarse activamente no evento.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou: “xa estamos na conta atrás para o Ribadeo Indiano 2023 e queremos dirixirnos ás compañeiras e compañeiros dos bares, cafeterías, restaurantes e hoteis, da nosa vila para animalos a participar de forma activa neste importante evento. Gustaríanos que durante o Ribadeo Indiano e nos días previos ofrecesen pinchos, tapas ou racións (de balde ou de pago) así como menús especiais típicos da gastronomía de ultramar. E tamén os queremos animar e motivar para que amplíen a súa oferta de cócteles. Todo co obxectivo de que durante uns días nos traslademos ás Américas a través da decoración das rúas, da vila,...
leer másDo 3 de xullo ao 23 de agosto terá lugar unha nova edición da ocioteca de verán, que organiza o Concello de Burela. Hoxe foi presentada polo alcalde, Alfredo Llano, e polas monitoras da Aula Medio Ambiental Gaia.
O rexedor explicou que “o obxectivo é facilitarlle aos nenos e ás nenas de Burela un tempo de lecer de calidade, desenvolvendo valores como a cooperación, o respecto e a tolerancia”.
O horario da ocioteca será de 9 a 13:30 horas. As actividades levaranse a cabo nas instalacións do Ceip Virxe do Carme.
O número de prazas ofertadas é de 50 para o grupo de infantil e 1º de Primaria e de 25 prazas para a rapazada de 2º e 3º ciclo de Primaria. O prazo de inscrición será do 19 ao 21 de xuño na Oficina de Gaia, situada na praza de abastos. A listaxe de admitidos darase a coñecer o...
leer más