Eventos

Etiquetas:
05/07/2023

A hostalería local contará con vasos de plástico ríxido reutilizable para o VIII Ribadeo Indiano, que se celebra do 7 ao 9 de xullo. Trátase de 10.000 recipientes serigrafiados. 
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “Acisa coorganiza xunto ao Concello o Ribadeo Indiano, cita na que nos implicamos de xeito especial, xa que se trata dun evento que cada ano se fai máis importante para o comercio e a hostalería ribadense, e que xera unha actividade económica inigualable. Todos os negocios están agardando por esta fin de semana e prepáranse para atender da mellor forma posible aos milleiros de persoas que do 7 ao 9 de xullo se achegarán á nosa vila. Por iso cada ano, desde a organización do Ribadeo Indiano, tentamos ir a máis e poñemos en marcha iniciativas como a que hoxe damos a coñecer”.

O xerente da asociación ribadense...

leer más
05/07/2023

O Concello de Viveiro celebra unha vez máis a tradicional feira renacentista. O evento comezará mañá,  6 de xullo, e rematará este domingo, día 9. 

Esta tradicional cita do verán viveirense, celebrada a continuación do Resurrection Fest, contará con decenas de actividades cada día. O Concello anima á veciñanza a vestir os seus traxes renacentistas para a ocasión. 

Entre as actividades que se celebrarán destaca a representación do gran desembarco de Carlos V, que terá lugar o venres día 7 ás 20:00 na praia de Covas. 

Haberá tamén numerosos postos de comida, obradoiros, e tamén un tío vivo e unha cama elástica ubicados na praza da Igrexa, entre outras moitas citas.

 

Etiquetas:
03/07/2023

O Concello e a asociación O Noso Foz veñen de presentar a programación cultural de xullo e en especial para as Festas do Carme.

“O verán chega a Foz e comeza a programación especial desta tempada na que colaboran a comisión de festas O Noso Foz e o Concello. A comisión de festas O Noso Foz renóvase coa incorporación de xuventude e veteranía, pero sobre todo con moita ilusión e presenta a programación para as Festas do Carme, que se desenvolverán desde o 12 ata o 16 de xullo”, así o anunciaron a nova presidenta do colectivo, Fátima Novo, e os concelleiros Inés López Couto e Ángel Fernández Neira.” 

Ángel Fernández, novo concelleiro en Foz, deixa o testigo da Asociación nas mans de Fátima Novo, que “asume a presidencia con ganas”, confirma o edil. O grupo fórmano Erea Ben, Suso Pérez, Atilano Fernández e Estefanía...

leer más
Etiquetas:
02/07/2023

A AECC de Ribadeo abre, desde o pasado 28 de xuño, todos os mércores do verán o seu rastriño solidario. 

Está situado no nº 28 da rúa Deputación e o horario de atención ao público será de 10:30 a 14:00 horas.

 

Etiquetas:
01/07/2023

Presentado o programa do VIII Ribadeo Indiano, que inclúe charlas, visitas teatralizadas, obradoiros de baile, os haigas, o mercado de produtos de ultramar, o mercado da horta, xincana ou verbenas. Do 7 ao 9 de xullo desenvolverase un amplo abano de actividades para todos os públicos co obxectivo de render homenaxe á emigración.

O alcalde, Daniel Vega, declarou que “comezou a conta atrás do VIII Ribadeo Indiano, que ven quentando motores durante todo este mes de xuño, con varios obradoiros e coa inauguración onte na casa indiana de Don Gonzalo de Bedoya dunha exposición de arte cubano contemporáneo. E hoxe teremos tamén unha charla relacionada con esta mostra”.

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, explicou que “a partires de aquí a vindeira semana engalanaremos, como se merece, a nosa vila para a celebración do 7...

leer más
Etiquetas:
30/06/2023

As actividades de verán organizadas polo Concello de Burela terán lugar do 10 de xullo ao 31 de agosto, segundo deu a coñecer esta mañá o concelleiro de Deportes, Carlos Méndez. Están destinadas a nenas e nenos nados entre os anos 2010 e 2016. 

O edil burelés explicou que “as actividades de verán realizaranse dende o 10 de xullo ata o 31 de agosto. Haberá xogos na praia os luns, rutas en bici os martes, happy dance os mércores, que será impartido por Belinda (Ximnasio Hawk) e rutas de sendeirismo os xoves. O prezo da actividade será de 8 euros ao mes por actividade e para anotarse hai de prazo dende o vindeiro luns, 3 de xullo, e ata o mércores, 5 de xullo, na Casa da Xuventude dende as 08:00 da mañá”. 

Carlos Méndez engadiu que “a adxudicación de prazas farase por rigorosa orde de inscrición.  Poderán participar...

leer más
Etiquetas:
28/06/2023

A parroquia de Santa Isabel de Lieiro, celebrará esta fin de semana, desde o venres 30 de xuño, ata o luns 3 de xullo, as Festas na Honra da Santa Isabel.

A tradicional cita, que abre o calendario festivo de verán en Cervo, foi presentada este mediodía, pola rexedora, Dolores García Caramés, polo concelleiro Alfredo Fernández, e por varios dos membros da organización.

O programa arrincará o venres, 30 de xuño,  ás 22.30 horas, coa celebración da Festa da Xuvente con Conxuro discomóvil, Yo Lataba en EGB e os Dj Frisco e Marcos Peón.

O sábado, 1 de xullo, a xornada comezará ás 10.00 horas cunha ruada a cargo do grupo Mistura de Lieiro. Ás 12.30 horas celebrarase a misa solemne cantada pola Coral Terra Mar e ás 13.30 horas dará comezo a sesión vermú a cargo da orquestra La Favorita.

... leer más
28/06/2023

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, organiza un ano máis a Romaría de Santo Estevo do Ermo, que terá lugar este sábado, 1 de xullo. 

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “a Romaría de Santo Estevo do Ermo é unha tradición de moitos anos que os veciños e veciñas de Barreiros teñen moi presente e por iso desde a asociación Camiñantes e Camiños e Sanbet Agencia organizamos neste 2023 e propoñemos un sábado cheo de actividades”. 

O programa deseñado para o 1 de xullo é o seguinte: “comezaremos cunha ruta de sendeirismo ás dez da mañá. Os participantes recibirán como agasallo un sombreiro. Á unha do mediodía teremos misa cantada polo Coro Airiños do Mar e logo procesión. Despois ás 13:30 horas actuación dos gaiteiros Souto Xímaro á que seguirá a sesión vermú as 14:00 horas con...

leer más
Etiquetas:
27/06/2023

Burela de Ruta Verán 23 é a oferta turística do Concello para este verán, que foi presentada este mediodía no Barco Museo Reina del Carmen. Trátase dun conxunto de visitas guiadas coas que se pretende dar a coñecer e poñer en valor o extenso patrimonio mariñeiro, o singular patrimonio xeolóxico, declarado geosite, e o patrimonio artístico-cultural, fomentando así un turismo de calidade, sostible e slow, para poder coñecer en profundidade o territorio, a súa esencia e idiosincrasia.

O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, contou que “son actividades que se implantaron por primeira vez o ano pasado e funcionaron moi ben, polo que entendemos que temos que seguir nesa liña. Algunha xa leva varios anos funcionando, como as rutas da lonxa, que é unha das actividades con máis éxito e que máis lles gusta á xente e temos moita afluencia a elas...

leer más
Etiquetas:
24/06/2023

En Foz haberá unha Andaina Solidaria Contra o Cancro o 2 de xullo, domingo, na que colaboran a delegación local da Asociación Española Contra el Cáncer, o Concello de Foz e o colectivo Os Sendeiros de Foz. A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello e o prazo para inscribirse remata o 30 de xuño.

Os Sendeiros de Foz explican que “al término de la misma en el puerto habrá una mesa con una hucha para recoger los donativos para ayudar en la lucha contra el cáncer”.