Eventos
A Vicaría para la Caridad da Diocese Mondoñedo-Ferrol convoca, un ano máis, a participar na Festa Diocesana da Misericordia 2024, prevista para o sábado 9 de marzo en Mondoñedo, que será presidida polo bispo, Fernando García Cadiñanos.
Haberá unha parte moi destacada dedicada aos máis pequenos, coa participación do grupo Valiván, que é unha empresa familiar dedicada a producir audiovisuais infantís de contido cristián. Tamén dedicarán un espazo para as familias (oración e confesión comunitaria). E para os mozos realizarase unha dinámica especial de oración e de encontro con Jesucristo.
A organización anuncia que “ao igual que noutros encontros diocesanos, desde cada zona facilitarase o desprazamento en autobús. A proposta é que, individualmente ou en grupo, levemos a comida para compartir. Pero as persoas para as...
leer másA Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro (ASPANANE) organiza a terceira edición do mercadillo “Ámate como eres”. Será en Xove este mércores, 14 de febreiro, de 10:00 a 20:00 horas.
A asociación explica que este mercadillo “nesta ocasión estará nun novo emprazamento: Concello de Xove (ao carón do Centro Cívico). Agradecemos enormemente a boísima acollida e a axuda prestada polo Concello de Xove”.
O Concello de Cervo organiza obradoiros infantís (para nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade) os días 14, 16 e 19 de febreiro na Casa da Cultura de 17:00 a 18:30 horas.
O mércores 14 o obradoiro estará dedicado a manualidades de San Valentín, o venres 16 será sobre papiroflexia e o luns 19 o tema son os xogos populares.
As inscricións poden facerse na Casa da Cultura ou a través do teléfono 982.59.51.57.
O Instituto de Educación Secundaria (IES) de Foz celebrará este ano os seus campionatos de baristas do 21 ao 23 de febreiro.
O mércores 21 de febreiro a partir das 16:30 horas terán lugar o XVI Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería e o XI Campionato Internacional de Cata de Cafés de Escolas de Hostalería.
O xoves 22 desde as 09:00 horas continuará o XVI Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería.
E o venres 23 a partir das 09:00 horas celebrarase o X Campionato Internacional de Baristas Profesionais .
Debido á mala previsión do tempo para hoxe e por mor das deficiencias do pavillón polideportivo municipal, a organización decidiu suspender o desfile de Entroido deste domingo, día 11.
O martes, 13 de febreiro, trasládase, xunto coa festa infantil, á Praza de Santa María. Alí todos os nenos contarán con inchables e xogos... e os participantes no desfile, individuais, parellas e grupos así como comparsas e charangas poderán disfrutar da festa d DVicio ata que remate e se entreguen os premios.
E xa o 16 de febreiro a partir das 20:00 horas terá lugar o Enterro da Sardiña e a lectura de coplas e versos na Praza de Santa de María.
O mércores 28 de febreiro o poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta e investigador, Claudio Rodríguez Fer, recibirá a distinción de Cunqueiriano de Honra de 2024. Será no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo ás 12:00h, onde estará acompañado por autoridades locais e autonómicas. Converterase, así, no oitavo homenaxeado dende que se instituíu este galardón.
O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro promoven a distinción de Cunqueiriano de Honra co fin de recoñecer o labor daqueles persoeiros que se teñen significado na visibilización e proxección da figura do escritor mindoniense.
Neste 2024 unha comisión designada ao efecto polo Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro, organizadores do evento, decidiu premiar a longa e vizosa traxectoria dun gran coñecedor da figura de Cunqueiro como é Claudio Rodríguez Fer...
A parroquia de Bravos, no municipio de Ourol, celebrará o Entroido na noite do luns 12 de febreiro con degustación de produtos típicos destas datas e baile.
As actividades empezarán ás 22:00 horas coa degustación de produtos de porco e doces típicos do Entroido. E haberá baile amenizado polo dúo Dilema e premios para os mellores disfraces en tres categorías: individual, parellas e grupos.
A festa celebrarase nunha carpa instalada ao lado do Centro Social de Bravos. Está organizada pola asociación de veciños Irmáns Vilar Ponte de Bravos, que conta coa colaboración do Concello de Ourol.
O Concello de Cervo organiza unha festa infantil de Entroido na carpa instalada na Praza dos Campos, de San Cibrao, para o luns 12 de febreiro a partir das 17:00 horas.
Haberá talleres, inchables, xogos e chocolate con churros.
A organización anima aos participantes a acudir disfrazados.
O desfile de Entroido en Trabada, que organiza a asociación cultural O Picato, celebrarase o sábado 24 de febreiro desde as 18:00 horas e repartirá 5.000 euros en premios, que se entregarán a partir das 00:30 horas.
Haberá verbena nun recinto con carpa amenizada polo grupo Fénix e o DJ The Sound Project e sortearanse cestas.
O Concello de Barreiros organiza actividades de Entroido para os días 11, 12, 14 e 16 de febreiro.
Este domingo, día 11, haberá festa infantil de disfraces con pintacaras, xogos e música. Será ás 17:00 horas no centro sociocultural con entrada libre.
Para o luns 12 e o mércores 14 están programadas actividades de Entroido para a cativada, de 10:00 a 13:00 horas no centro sociocultural. Para participar é Imprescindible inscrición previa no rexistro xeral do Concello de Barreiros.
O venres 16 celebrarase o desfile polas rúas de San Cosme con 1.000 euros en premios. Sairá ás 21:00 horas da Praza do Concello. Na rúa do centro de saúde haberá postos de comida e no exterior do centro sociocultural contaremos con DJ Eventec, que traerá moita festa para despois do desfile.
Colaboran...