Eventos
Festivais, cine, teatro, exposicións, Letras no Campo ou actividades para o público familiar son algunhas das propostas da axenda cultural de Ribadeo para este verán, que hoxe foron presentadas pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.
A edil ribadense dixo que “a programación de verán do noso concello comezou co Ribadeo Indiano, un fin de semana cheo de cultura e historia que vimos de pasar. Moitas das actividades que vamos presentarvos están organizadas por diferentes asociacións ribadenses, a maioría de xente moza, ás que quero agradecer as súas ideas e o seu traballo, e coas que desde o Concello colaboramos gustosamente. Por exemplo, o Vendaval Fest que terá lugar xa o 22 de xullo, organizado pola asociación Catro Caños, e o Xara Fest que será o 2 de setembro, en plenas festas patronais, ten como motor outro grupo de mozos...
leer máspresentouse na área recreativa da Veiga, en Muras, a sexta edición do Trail das Bestas, que se celebrará o vindeiro sábado 15 de xullo e que conta coa colaboración do Concello de Muras a través do Plan Único da Deputación de Lugo.
265 persoas anotáronse para facer a proba, que ofrece catro modalidades de participación: unha maratón de 43 quilómetros, un percorrido de 27 quilómetros, outro de 14 quilómetros e unha andaina, cunha distancia tamén de 14 quilómetros.
O escenario -a Serra do Xistral- é o elemento diferenciador desta carreira de montaña, que é unha referencia no calendario galego. Nesta edición, os percorridos das probas de distancias menores deseñáronse co obxectivo de poñer en valor ese espazo natural emblemático.
A loxística da proba concentrarase na contorna da área...
leer másA concelleira de Turismo, Marta Saiz, subliñou que o tren turístico-cultural enxalza o enorme potencial que ten Ribadeo. A nova tempada, que comezou hai unhas semanas, prolongarase ata o 10 de setembro.
A edil ribadense declarou: “un ano máis presentamos o tren turístico que desde hai varias semanas percorre o ámbito urbano da nosa vila. Ribadeo segue a ter un gran tirón turístico, son moitos os turistas e as persoas que recibimos cada ano, non só en verán, senón que se estende a outras épocas do ano e realmente esta actividade é un servizo moi demandado”.
Saiz dixo que “quen se anime a subir a este tren turístico-cultural, podemos chamalo así, porque visita o Ribadeo cultural, natural, o casco histórico, a nosa arquitectura, o centro da vila, … polo que tamén percorre o sector servizos e en consecuencia o noso...
leer másO Concello de Cervo convida a gozar do Festival Folklórico internacional e Infantil que se celebrará en San Ciprián, na Praza dos Campos, a primeira fin de semana de agosto da man do Grupo Folklórico Mistura, coa colaboración da Administración local.
A rexedora, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Emprego e Formación, Alfredo Fernández, presentaron a cita acompañados do Presidente e profesor do Grupo organizador, Claudio López, e doutros compañeiros de Mistura.
Así, o venres 4 terá lugar o Festival internacional que arrincará ás 19:30 horas coa participación dos grupos African Tumbas (Kenia), Otrora (Colombia), Ibarra Kaldu (Portugalete/Biscaia) e o grupo anfitrión Mistura será o encargado de poñer o broche de ouro.
Xa o domingo 6 será a quenda dos máis pequenos/as; a partir das 19...
leer másO Concello de Lourenzá deu a coñecer a programación para o Día de Galicia, 25 de xullo, na honra de Francisco Fernández del Riego. Esa xornada terán lugar diferentes actos culturais organizados polo Concello de Lourenzá e a Mesa Coordinadora Don Paco.
En primeiro lugar, ás 13.30 horas na Praza de Conde Santo celebrarase a escenificación do manifesto que o propio escritor leu o 25 de xullo de 1931, a cargo do grupo Avelaíña Teatro. Simultaneamente estará acompañado con música da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez.
E ás 20.30 horas no Multiusos “Ponte das Cuñas” haberá unha representación da obra de teatro Almas na Gloria, que foi escrita como homenaxe á Don Paco. Tamén nesta ocasión, representado polo grupo Avelaíña Teatro, de Pontevedra.
San Ciprián celebrará as Festas na Honra da Virxe do Carme a fin de semana do 14 de xullo.
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada, e por representantes das diferentes asociacións e colectivos do municipio que participan: Mar de San Ciprián, Mulleres de San Ciprián, Amigos da Maruxaina, A Rebolaxe e a Coral Terramar.
O programa arrinca o venres 14 de xullo, coa festa do Mexillón que organiza a asociación Amigos da Maruxaina. Será a partir das 20:00 horas na Praza dos Campos. A continuación, Disco Móbil Chocolate e Disco Móbil Conxuro, encargaranse de amenizar a Festa da Xuventude.
O sábado 15, a sesión vermú correrá a cargo da orquestra La Dimensión, a partir das 14:00 horas. Á noitiña, ás 21:00 está prevista unha...
leer másO Concello de Ourol organiza un percorrido con dezasete puntos de visita pola arquitectura indiana do municipio os días 5 e 6 de agosto. Comezando na Casa de Puentes e rematando co Cemiterio Indiano de Xerdiz. A ruta realizarase nun autobús propio da arquitectura da época.
Precísase de previa inscrición, que se abrirá a mediados do mes de xullo. Ademais pode recibirse máis información no teléfono 982.55.90.19. Tamén existe un mapa interactivo no que se poden ver imaxes dos edificios e paradas que se farán durante a visita. Cada un dos dezasete recursos conta con información específica accesible dende a web de Turismo de A Mariña Lucense.
O proxecto está organizado polo Concello de Ourol pero conta co apoio da Mancomunidade de A Mariña Lucense, con cargo ao Plan de Sostebilidade Turística da Mariña Lucense,...
leer másA cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por membros da Asociación Cultural e Recreativa O Raxal, como entidade organizadora
A programación para o sábado, 8 de xullo, será a seguinte:
Misa na honra de San Pedro e a Virxe do Carme ás 13:00 horas, seguida de procesión con Fol do Raxal e Cordenaia de Airiños do Xunco.
A continuación, sesión vermú co Grupo Mar D'AROUSA
Á noite, Gran Verbena amenizada polo Grupo Mar D'AROUSA e a Dismo Móbil Chocolate, a partir das 22:30 horas.
Durante a noite do venres 14 e toda a xornada do sábado 15 de xullo celebrarase unha nova entrega do Mercado Medieval de Alfoz. Un ano mais este concello transporta aos seus visitantes e á veciñanza séculos atrás. Todos eles poderán gozar de variadas actividades lúdicas para a ocasión baixo o lema “Entorno e Lenda”.
Instalaranse distintos postos da época entorno á artesanía, alimentación así como obradoiros, espectáculos, actividades teatrais e xogos na rúa. E deixaranse ver persoas caracterizadas como guerreiros, membros eclesiásticos ou das familias máis memorables.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse aos teléfonos 982-558-581 e 600-377-152, ao correo electrónico turismoalfoz@gmail.com ou á páxina de Facebook Mercado Medieval de Alfoz...
leer másA hostalería local contará con vasos de plástico ríxido reutilizable para o VIII Ribadeo Indiano, que se celebra do 7 ao 9 de xullo. Trátase de 10.000 recipientes serigrafiados.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “Acisa coorganiza xunto ao Concello o Ribadeo Indiano, cita na que nos implicamos de xeito especial, xa que se trata dun evento que cada ano se fai máis importante para o comercio e a hostalería ribadense, e que xera unha actividade económica inigualable. Todos os negocios están agardando por esta fin de semana e prepáranse para atender da mellor forma posible aos milleiros de persoas que do 7 ao 9 de xullo se achegarán á nosa vila. Por iso cada ano, desde a organización do Ribadeo Indiano, tentamos ir a máis e poñemos en marcha iniciativas como a que hoxe damos a coñecer”.
O xerente da asociación ribadense...
leer más