Eventos
A Mariña en Ruta seguirá os días 28 e 29 de outubro por Cervo e pola Pontenova. A viaxe ao pasado pola fraga da Becerreira en Trabada, prevista para o 21 de outubro, queda posposta para o 5 de novembro por mor dos lumes acontecidos a pasada ponte festiva.
A Mariña en Ruta é un proxecto que está promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. Ata finais de novembro están programadas 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca ten un papel destacado.
O pasado xoves, 12 de outubro, Sofía López guiou un percorrido por San Miguel de Reinante: comercio, indianos e fidalgos (Barreiros). O 14 de outubro con Boris Vilar os asistentes coñeceron de preto Riotorto, a terra dos ferreiros. E o 15 de outubro Carmen Delia...
leer másLa Organización de Productores Pesqueros del Puerto de Burela organiza los días 26 y 27 de octubre el Congreso “Los Grandes Migradores: gestión sostenible y nutrición”, en el que se analizarán las principales cuestiones que afectan al palangre de superficie, como la introducción de la tintorera en CITES a partir del 25 noviembre y otros asuntos de máximo interés.
En el evento participarán representantes del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA); del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO); del Instituto Español de Oceanografía (IEO) y Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC); y otras entidades públicas y privadas, como Europeche, Fip Blues, BridLife, ETF, AECOC, o las Universidades de Vigo y Santiago de Compostela.
Durante la tarde del jueves y la...
leer másO pavillón de San Román, no municipio de Cervo, acollerá un magosto este sábado, 21 de outubro, a partir das 18:00 horas. Haberá actuación dos Acordeonistas da Mariña e degustación gratuíta de castañas.
Está organizado pola Comunidade de Montes de San Román, que conta coa colaboración do Concello de Cervo.
Mariña Patrimonio organiza unha visita a Castroverde o 28 de outubro. Inscrición aberta ata o día 24
Mariña Patrimonio está a organizar unha visita polo patrimonio do concello de Castroverde para o vindeiro 28 de outubro. Nesta saída está previsto visitar, en xornada de mañá, os restos da fortaleza da vila, a igrexa e pazo de Vilabade e maila ermida do Carme. “Se queda tempo antes do xantar, achegariámonos ata Tórdea para visitar a igrexa prerrómanica. Tralo xantar, en xornada de tarde, faremos un curto paseo para visitar Soutomerille antes do regreso”, explican desde a organización.
A data límite para apuntarse remata o martes 24. O itinerario do autobús vai ser, probablemente, desde Viveiro, pasando por Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Castroverde debido á imposibilidade de cubrir toda a Mariña. Porén, este itinerario podería verse modificado en función da procedencia das persoas participantes.
As persoas...
leer másO evento para elixir a raíña ou rei do Entroido de Foz 2024, que fora aprazado polos incendios forestais da pasada semana, será este sábado, 21 de outubro, na Sala Bahía, a partir das 19:30 horas.
A asociación O Noso Foz anuncia que “o prezo da entrada, recurso indispensable para poder votar, é de 2 euros. Os menores de 14 anos entran gratis. Haberá servizo de barra. A noite estará amenizada por DJ Alejandro Martínez. A cea quedará en mans de Espacio Machete e haberá moitas sorpresas. Non te esquezas do teu disfrace. Non volo podedes perder! Esperámosvos! Desexámoslles a maior das sortes a todos os candidatos/as! Estamos seguros de que todos serán dignos representantes do noso queridísimo Entroido”.
Máis de 170 persoas de 8 entidades participan esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Son veciños e veciñas dos concellos de Lugo, Outeiro de Rei, Láncara e Xermade os que viaxarán pola provincia ao longo da semana grazas a esta iniciativa de rutas gratuítas que impulsa a institución provincial para colectivos sen ánimo de lucro. Unha proposta que naceu co obxectivo de fomentar o coñecemento da provincia e favorecer o turismo de proximidade.
Este martes comezaron as viaxes coa Asociación de Veciños Deportiva e Cultural Ríos Miño e Ladra de Martul, de Outeiro de Rei, e a Asociación de Mulleres Rurais O Noso Lar, de Láncara. A entidade de Outeiro de Rei visitou o Mazo de Santa Comba e, posteriormente, puxo rumbo a Sober para coñecer unha adega de Amandi, visitar a Rectoral de Gundivós e descubrir o traballo da...
leer másA cita será o próximo xoves, 19 de outubro, ás 17:30 horas, e o punto de encontro será o Peirao de San Ciprián.
Os diferentes edificios municipais tamén se iluminarán de cor rosa, para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
A asociación de desenvolvemento das Terras da Faladora Nordés organiza unha viaxe micolóxica a Monforte de Lemos o 21 de outubro. As persoas interesadas deben anotarse antes do 18 no 653 756 454 (Ricardo).
Haberá recolleita de setas, comida temática e visita guiada con J.L.Cuba.
A saída en bus desde O Barqueiro será ás sete da mañá e ás sete e cinco desde O Vicedo. Para aas 9:30 horas está programada a recolleita e identificación de setas. Desde a organización recomendan levar botas, cesto, navalla e auga.
Ás 14:30 horas será o xantar no restaurante Trespés. O menú consistirá en ensalada de porros e setas e xamón; croquetas de boletus; cachelo á brasa e zarrotada; guiso de patacas, níscalos e mexillóns; lomo de porco, pataca trufada, gulas de monte e castañas; flan de queixo e...
leer másEl Club Clásicos O Vicedo organiza la tercera edición de su concentración de coches clásicos para el 11 de noviembre, sábado.
Las actividades comenzarán a las 10 de la mañana con la recepción de los vehículos en la calle Ciudad de Mondoñedo. A las doce del mediodía comenzarán una ruta turística y para las 14:00 horas está programada la comida, con plazas limitadas. Los interesados pueden reservar para participar a través de los teléfonos 626.83.69.46, 679.76.31.91 y 680.47.93.37.
Quedan suspendidas todas as actividades de carácter público previstas entre hoxe e o vindeiro domingo, 15 de outubro, por mor do importante incendio que lle está a afectar a Ribadeo. Así o ven de comunicar o alcalde, Dani Vega, a través dun Bando.
O texto di que “con ocasión do importante incendio forestal que se produciu na tarde de onte e que afecta de xeito moi importante á zona rural en diferentes parroquias no termo municipal, de acordo con canto se dispón no artigo 21.1 m) da vixente Lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local quedan suspendidas todas aquelas actividades de carácter público previstas durante o día de hoxe venres 13 así como as previstas para o sábado 14 e domingo día 15 de outubro de 2023 sinalándose entre outras: Festas do Santo Cristo que se ían celebrar na parroquia de Piñeira, as competicións...
leer más












